Ver a versión en liña

III Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial
A era pos-COVID: redeseñar o mundo

29 de xuño
10:00 horas

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) invita a todos os axentes do ecosistema do deseño galego ao III Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial, que se celebra en formato virtual o vindeiro 29 de xuño, con motivo do Día Mundial do Deseño Industrial.
CICLO DESEÑO E ERA POS-COVID
Con este evento, que se desenvolverá en horario de mañá ao longo de 90 minutos, inaugurase un ciclo de catro encontros virtuais con profesionais do sector para analizar o papel do deseño no escenario de futuro condicionado pola crise do coronavirus. Baixo o título “A era pos-COVID: redeseñar o mundo”, o ciclo contará con recoñecidos profesionais galegos que desenvolven a súa actividade en Galicia e fóra de Galicia.
Este primeiro encontro, titulado “Deseño, empresa e sociedade: futuros posibles”, centrarase na reflexión e o debate sobre os retos e oportunidades que a actual situación abre na relación entre o deseño e a innovación empresarial.
Os profesionais de recoñecido prestixio que compartirán a súa visión cos participantes son Alberto Barreiro, con 20 anos de experiencia na exploración da relación das persoas cos medios dixitais e coas marcas a través da tecnoloxía; Manuel Vázquez, especializado na integración dos procesos creativos da arte, o deseño e o negocio; e Nuria Carballo, directora creativa, economista e analista de tendencias.
Estes expertos construirán a súa visión sobre o futuro do deseño a partir da experiencia acumulada traballando para clientes como Chanel, Evian, Timberland, Heineken, Yahoo, Samsung, BBVA, Roche, Nationale Netherlanden, Orange ou MediaMarkt.
NOVA PUBLICACIÓN DA COLECCIÓN DE DESEÑO GALEGO
O encontro abrirase coa intervención do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. A continuación, David Barro será o encargado de presentar a publicación “Futuros posibles: Deseño para a innovación na era pos-COVID”, que se sumará á colección editada por GAIN no marco do Programa de Deseño para a Innovación 2020.

Podes consultar o programa e inscribirte nesta ligazón.

Programa e formulario

Novas

Ver todas

09 de Xuño de 2020

A Xunta destaca que a decisión de Boeing de instalar un laboratorio de simulación de continxencias en voo contribúe a facer do Polo Aeroespacial de Galicia un referente internacional

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá no Foro Aero. As últimas tendencias en aviación desde a perspectiva de Boeing, no que destacou a decisión desta empresa de instalar un laboratorio de simulación de continxencias en voo que vai contribuír a facer do Polo Aeroespacial de Galicia un referente internacional.
Ler máis

08 de Xuño de 2020

A Xunta continúa co seu programa de capacitación de xestores de transferencia de coñecemento para mellorar os procesos de valorización e comercialización dos resultados da I+D

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, destacou na apertura do curso online Transferencia de Tecnoloxía: Valoración e Negociación, ao que están a asistir 60 profesionais da transferencia da tecnoloxía e do coñecemento en Galicia, que un dos efectos da pandemia é que contribuíu a mellorar a percepción social sobre a investigación como resposta aos retos globais.
Ler máis

Eventos

Ver todos
22
Xuño
Oportunius: taller online de preparación de propostas ás axudas do European Research Council (ERC)

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.