Ver a versión en liña

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración con Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) lanzan o Programa de Aceleración da comercialización de solucións innovadoras para a loita contra o impacto da covid-19: Programa Connect-19.

O Programa Connect-19 ten como obxectivo impulsar e fortalecer o acceso ao mercado de solucións innovadoras do tecido empresarial galego que poidan contribuír a reducir o impacto social e económico provocado pola covid-19.
Mañá celebrarase un webinar sobre este Programa CONNECT-19. Podes apuntarte no seguinte enlace.
QUEN PODE SER BENEFICIARIO DO PROGRAMA CONNECT-19?

As pemes innovadoras galegas e/ou de base tecnolóxica pertencentes a calquera sector que conten cun produto ou servizo innovador, que poida contribuir á loita contra o impacto producido pola covid-19 e que sexa susceptible de incorporar de chegada inmediata ao mercado ou que se encontre xa no mercado pero necesite impulso para o seu posicionamento.

Connect-19 é:

Unha aceleradora ESPECIALIZADA en solucións fronte ao novo contexto xerado pola covid-19. Co obxectivo de aproveitar a oportunidade de mercado e dar resposta a demanda social e industrial asociada, posicionando ao tecido empresarial galego como referente a nivel global.
 
Unha aceleradora de COMERCIALIZACIÓN. Estas solucións teñen que ter un carácter de implantación inmediata no mercado, posto que o se pretende conseguir é o fortalecemento da comercialización no mercado no menor tempo posible.

Todo isto aplicando unha metodoloxía de aceleración previamente contrastada e totalmente adaptada ás necesidades individuais das empresas participantes.

METODOLOXÍA
  • Itinerarios de aceleración personalizados. Deseño de accións a medida e acompañamento no proceso de implementación.
  • Mentorización. Acceso a mentores de prestixio expertos en diferentes materias para recibir asesoramento específico.
  • Formación transversal e capacitación. Actividades formativas virtuais en temáticas relacionadas con competencias comerciais de produtos e servizos innovadores.

Coa participación no Programa, aspírase a que as empresas beneficiarias consigan os instrumentos necesarios para:

Validar a viabilidade da saída ao mercado das súas solucións innovadoras que poidan contribuír á loita contra a covid-19.

Impulsar a comercialización destas solucións reducindo os tempos da súa dispoñibilidade no mercado en condicións idóneas.

Reforzar a consolidación destas solucións no mercado, e cunha visión de crecemento escalable e sostible a medio prazo.

Fortalecer o seu modelo de negocio, e incrementar de maneira xeral a súa capacidade de adaptación aos cambios baseando o seu modelo de negocio no desenvolvemento e na innovación

Incrementar a atracción de financiamento externo, maximizando a captación de fondos públicos ou privados.

Prazo de solicitude: 22/06/20 ata 10/07/20 ás 0:00h
Consulta as bases da convocatoria e accede ao formulario de inscrición en http://connect19.gal 

connect19.gal

Novas

Ver todas

22 de Xuño de 2020

A Xunta forma persoal investigador para concorrer con éxito ás axudas do Consello Europeo de Investigación

A Axencia Galega de Innovación (Gain), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, celebrou esta mañá un taller práctico online de preparación de propostas ás convocatorias 2020 do Consello Europeo de Investigación (ERC nas súas siglas en inglés), nomeadamente ás Advanced Grant, no que participaron máis de 30 investigadores procedentes das 3 universidades galegas e dos centros do CSIC en Galicia, entre outros centros de investigación.
Ler máis

21 de Xuño de 2020

O III Encontro do deseño galego abordará o futuro do sector ao servizo da competitividade empresarial

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de innovación (Gain), reinventa este ano o Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial para adaptar tanto o seu formato como a súa temática á situación provocada polo coronavirus.
Ler máis

Eventos

Ver todos
27
Xuño
HackatHome

29
Xuño
III Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial:

30
Xuño
II Foro Técnico Civil UAVs Initiative:

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.