Ver a versión en liña

Convocatorias abertas dos programas de I+D+i da Unión Europea

A Axencia Galega de Innovación (Gain) e a Comissâo de Coordenaçâo e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N) elaboramos unha guía de todos os programas europeos vixentes, no marco da RIS3T Transfronteiriza, a través do proxecto Impact RIS3T, financiado polo programa Interreg POCTEP 2014-2020.

Consulta a guia
Convocatorias abertas de programas europeos de I+D+i

Os programas europeos de I+D+i, como Horizon2020, ofrecen unha oportunidade única para impulsar proxectos de cooperación interterritorial entre rexións como Galicia e o Norte de Portugal. De feito, a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal conta coa primeira Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza de Europa, a RIS3T, na que se identifican as áreas prioritarias de investimento en I+D+i para o periodo 2015-2020.

Neste contexto, Galicia e a rexión Norte de Portugal participan no proxecto Impact RIS3T, que ten como obxectivo implementar as accións previstas nesta estratexia e potenciar as capacidades dos axentes incluídos nos sistemas rexionais de innovación de ambas rexións. Para elo, véñense desenvolvendo accións de cooperación na xeración de coñecemento e reforzo da excelencia e da competitividade da Eurorrexión.

Con este obxectivo, elaboramos unha guía de todos os programas europeos de apoio á I+D+i vixentes, clasificados segundo as seis áreas estratéxicas de especialización intelixente da Estratexia Transfronteiriza RIS3T. Esta guía inclúe máis dun cento de convocatorias abertas e as datas de peche van dende este próximo agosto ata o ano que vén.

imaxe_areas_RIS3T

Para máis información, podes escribirnos a programas.gain@xunta.gal

Descarga a guía

Novas

Ver todas

21 de Xullo de 2020

A Xunta promove unha reflexión colectiva co fin de aproveitar os fundamentos do deseño para a transformación cara a unha Galicia máis innovadora

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá en Vedra (A Coruña) no primeiro obradoiro do ciclo Deseño para a transformación, enmarcado no Programa de Deseño para a Innovación da Xunta, onde destacou que Galicia conta co talento, a traxectoria, a sensibilidade e a creatividade necesarios para converterse nun territorio de referencia no posicionamento do deseño como actor destacado no novo contexto económico.
Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal