Ver a versión en liña

Próximas actividades formativas da Axencia Galega de Innovación

A Axencia Galega de innovación está a organizar en colaboración con outras entidades unha ampla oferta de actividades de formación en liña en diversos ámbitos: capacitación de pemes en competencias comerciais de produtos e servizos innovadores, materiais innovadores e transferencia de tecnoloxía. Achegamos a continuación unha pequena descrición de cada unha delas e agardamos que sexan do voso interese.

Connect-19: Marketing e posicionamento de empresas ou productos disruptivos

No marco do programa de aceleración Connect-19, creado para en impulsar o acceso ao mercado de solucións innovadoras do tecido empresarial galego que poidan contribuír a reducir o impacto provocado pola covid-19, Gain e o Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. (Tecnópole) ofrecen en aberto actividades formativas destinadas a capacitar as pemes nas temáticas relacionadas con competencias comerciais de produtos e servizos innovadores.  

Calendario     - Venres 30/10 de 10:00 a 11:30 h

                          - Luns 2/11 de 9:30 h a 13:30 h 

                          - Xoves 5/11 de 9:30 h a 13:30 h 

Máis información e inscrición: https://www.tecnopole.es/es/connect-19-actividades-formativas

 

Workshop: Materiais para o Contract

Dentro do ciclo online "Materiais para o futuro" do Programa de Deseño para a Innovación 2020, Gain convida aos asistentes de ecosistema do deseño galego ao segundo workshop "Materiais para o Contract" que terá lugar o vindeiro 22 de outubro. Esta xornada permitirá coñecer as características e aplicacións de varios materiais innovadores deseñados en Galicia para o contract, é dicir, aqueles que polas súas propiedades son especialmente axeitados para o seu uso en arquitectura, mobiliario e decoración. 

Durante o workshop, presentarase ademais o Certame de Materiais Innovadores de Galicia, que celebra este ano a súa primeira edición co obxectivo de identificar e promocionar os materiais máis novidosos desenvolvidos por empresas e centros de coñecemento galego

Mais información e inscrición:  http://gain.xunta.gal/eventos/334/workshop

 

Curso para xestores de transferencia: “Transferencia de Tecnoloxía: Valoración e Negociación”

Gain, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza unha nova edición do curso “Transferencia de Tecnoloxía: Valoración e Negociación” no marco do Programa de Acreditación RTTP 2019-2021 para Xestores de Transferencia de Galicia, que terá lugar do 13 ao 16 de outubro.

O programa de Capacitación para Xestores de Transferencia  forma parte das iniciativas desenvolvidas polo Programa Ignicia de Transferencia de Galicia de Coñecemento, iniciativa que integra diversas actuacións de fortalecemento das capacidades do Sistema de Innovación para mellorar a abordaxe dos procesos de identificación, valorización e comercialización dos resultados da I+D.

Máis información e inscricións: http://gain.xunta.gal/eventos/332/curso

Curso: “Construíndo relacións universidade-empresa”

A planificación das accións formativas previstas inclúe, asemade, a celebración de 3 edicións do curso online “Construíndo relacións universidade-empresa”  para investigadores.

Calendario  - 1ª  edición: do 19 ao 23 de outubro (ás 10.00 h)

                        - 2ª edición: do 19 ao 23 de outubro (ás 14.30 h)

                        - 3ª edición: do 23 ao 27 de novembro (ás 10.00 h)

A inscrición abrirase proximamente.

Novas

Ver todas

08 de Outubro de 2020

Gain colabora co CTAG na edición virtual do maior congreso internacional de wearable robotics

El V International Symposium on Wearable Robotics and WearRAcon Europe se celebrará entre los días 13 y 16 de octubre de 2020 a través de una revolucionaria plataforma virtual.

En ella, investigadores, expertos, fabricantes y usuarios finales de todo el mundo podrán reunirse un año más para compartir sus últimas novedades y participar en talleres, demostraciones y exposiciones de una forma diferente.

Ler máis

06 de Outubro de 2020

A Xunta e o Inta reforzan a súa colaboración para impulsar novos proxectos de innovación e industrialización no polo aeroespacial de Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe xunto co director xeral do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (Inta), José María Salom, o aeródromo de Rozas (Castro de Rei), onde puxo de relevo que a Xunta e o Inta están a reforzar a súa colaboración para seguir impulsando novos proxectos de innovación e industrialización no polo aeroespacial de Galicia.

Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.