Ver a versión en liña

Primeira edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño

Con estes galardóns querermos premiar todas aquelas traxectorias e practicas innovadoras que temos na región tanto a nivel persoal como empresarial. O prazo está aberto ata o próximo 9 de decembro.

PARA QUEN?
Persoas e empresas coas traxectorias e prácticas de innovación máis destacadas.
PARA QUE?
Con este premio búscase destacar as mellores prácticas para que sirvan de inspiración a todo o tecido empresarial, poñendo de relevo como a innovación e o deseño son esenciais para mellorar a competitividade das empresas e, en definitiva, a calidade de vida das persoas.
COMO?

A sección específica destes galardóns que recoñecerá as persoas e empresas coas traxectorias e prácticas de innovación máis destacadas conta con tres categorías:
* Traxectoria innnovadora: Empresarios e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose unha das súas características relevantes. Con un premio de 15.000 €.

* Pequena e mediana empresa: Pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos os últimos cinco anos. Con un premio de 15.000 €.

* Gran empresa: Grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década. Con carácter honorífico.


Accede ás bases e a toda a información clicando aquí

Novas

Ver Todas

15 de Outubro de 2020

GANADORES.GAL: A innovación galega fai equipo para ofrecer solucións fronte á pandemia

Por se quedaba algunha dúbida da súa importancia para a sociedade, o coronavirus evidenciou, entre outras moitas leccións, que a I+D+i salva vidas. Galicia teceu unha ampla rede de innovadores nos últimos anos que agora reaccionou en tempo récord para poñer o seu coñecemento a disposición da loita contra a pandemia. Buscan unha vacina, tratamentos, novas medidas de protección e mesmo a mellor forma de que a economía se adapte á nova normalidade.

Ler máis

12 de Outubro de 2020

A Xunta financia con case 13,7 M€ a actividade científica das unidades de investigación máis punteiras no sistema de I+D+i galego

O Goberno galego —a través da resolución conxunta entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación- vén de destinar un total de 13.650.000 euros a financiar a actividade investigadora das 90 unidades de investigación máis punteiras que traballan nas tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación en Galicia, das fundacións de investigación sanitaria e nos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas).

Ler máis

11 de Outubro de 2020

A Xunta abre a convocatoria dos primeiros Premios Galicia de innovación e deseño

A Xunta ten aberto o prazo de presentación de candidaturas á primeira edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño. A convocatoria, publicada esta semana no Diario Oficial de Galicia (DOG), é unha iniciativa da Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, para recoñecer a destacada contribución de profesionais e empresas ao desenvolvememento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño.

Ler máis

08 de Outubro de 2020

Feijóo reivindica o papel da ciencia na Galicia de hoxe e do mañá e destaca o investimento de 12 millóns para apoiar a investigación e produción de equipos de protección contra a pandemia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou hoxe o papel da ciencia como piar fundamental na Galicia de hoxe e do mañá, e destacou o investimento de 12 millóns de euros para apoiar a investigación e a produción de equipos de protección na loita contra a pandemia.

Ler máis

Eventos

Ver todos
16
Outubro
3ª Convocatoria Business Factory Aero (BFAero): WEBINAR III – Que non pare a máquina

19
Outubro
Curso online “Construíndo Relacións Universidade-Empresa”

22
Outubro
Workshop online “Materiais para o contract”. Ciclo “Materiais para o futuro”

30
Outubro
Actividades formativas Programa Connect-19

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.