Ver a versión en liña

AXUDAS PARA O FOMENTO DA PARTICIPACIÓN GALEGA EN H2020

Mantense aberta a convocatoria de axudas da Axencia Galega de Innovación (Gain) para o fomento da participación galega no Programa Marco da Unión Europea H2020, dotada con 2,76 millóns de euros no ano 2020 (de un total de 5 millóns) e cofinanciada con fondos do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

AXUDAS H2020
  LIÑA 1 LIÑA 2.1 LIÑA 2.2
  Preparación de propostas de calidade ao programa H2020 Realización de estudios de viabilidade con selo de excelencia (Fase 1 do Instrumento PEME) Desenvolvemento de proxectos de I+D+i con selo de excelencia (Fase 2 do Instrumento PEME / EIC Accelerator Pilot)
PARA QUEN?
Pemes e organismos de investigación públicos ou privados Pemes Pemes
PARA QUE?
Propostas de calidade presentadas ao Programa Marco que obtiveran unha puntuación mínima superior ao 75% da nota máxima da convocatoria Realización do estudo de viabilidade presentado á Fase 1 do Instrumento PEME Desenvolvemento do proxecto presentado á Fase 2 de Instrumento Peme ou EIC Accelerator Pilot
COMO?
Apoio para a preparación da proposta Apoio para o estudo de viabilidade Apoio para o desenvolvemento do proxecto
CANTO?
80% sobre custos subvencionables 70% (máx. 50.000€) sobre custos subvencionables 35-50% (máx. 800.000€) sobre custos subvencionables
DURACIÓN?
Anual Anual ou plurianual Plurianual

Tes toda a información neste enlace

Novas

Ver Todas

20 de Outubro de 2020

A Xunta destaca o labor da aceleradora galega da alimentación no reforzo da competitividade e a internacionalización do sector

O director do Igape, Fernando Guldrís, destacou hoxe en Santiago, durante a presentación da terceira edición da Business Factory Food (BFFood), realizada en formato dixital, que esta aceleradora vertical segue a reforzar a competitividade e a presenza exterior da industria agroalimentaria galega, dando soporte a proxectos innovadores que ofrecen respostas aos retos actuais do sector.

Ler máis

19 de Outubro de 2020

Conde anima ao Cetim a colaborar no desenvolvemento do Polo para a Transformación de Galicia co que a Xunta opta aos fondos europeos de recuperación

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, convidou hoxe ao Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (Cetim) a colaborar no desenvolvemento do Polo para a Transformación de Galicia co que a Xunta opta aos fondos europeos para a recuperación. Segundo Conde, Xunta e Cetim coinciden en que a economía circular é un dos retos nos que toca afondar con máis forza para impulsar un crecemento económico sólido e sustentable.

Ler máis

18 de Outubro de 2020

Empresas e centros de coñecemento presentan materiais innovadores creados en Galicia para o sector do contract

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de innovación (Gain) dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, organiza o vindeiro 22 de outubro o segundo workshop do ciclo online Materiais para o futuro. Dúas empresas e dous centros de coñecemento galegos presentarán os seus materiais innovadores creados especificamente para o sector do contract, que aglutina ás empresas de mobiliario, iluminación, tecidos, equipamento, deseño de interiores e decoración.

Ler máis

Eventos

Ver todos
28
Outubro
Xornada online Desafíos e oportunidades da Vixilancia Tecnolóxica no contexto actual

30
Outubro
Actividades formativas Programa Connect-19

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.