Ver a versión en liña

DEDUCIÓNS E INCENTIVOS FISCAIS Á I+D+i
Aínda estás a tempo de aproveitar os beneficios fiscais de investir en I+D+i. Para elo, a Axencia Galega de Innovación (Gain) pon á túa disposición unha Guía de deducións e incentivos fiscais á I+D+i para impulsar o aproveitamento das vantaxes fiscais que xera o marco tributario da I+D+i.

Tanto a nivel estatal como autonómico existen vantaxes fiscais vencelladas ao investimento en I+D+i.

No contexto estatal, as deduccións fiscais por I+D+i premian o esforzo que realizan as empresas no desenvolvemento de actividades innovadoras, permitindo minorar a cota íntegra do imposto sobre sociedades ata nun 100%.  Deste xeito, as empresas consiguen maximizar os beneficios obtidos pola realización de actividades de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica, mellorando así a a súa competitividade.

En Galicia, dende o 2019, melloramos as deducións autonómicas por doazóns con finalidade en investigación e desenvolvemento científico e innovación tecnolóxica, así como por investimento na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades mercantís novas ou de recente creación.

Así, os investidores en novas empresas e mecenas de organismos destinados ao fomento da I+D+i atopan en Galicia o mellor marco fiscal para os seus proxectos empresariais innovadores.

Para coñecer en detalle estes apoios fiscais, tedes dispoñible na páxina web da Axencia a GUÍA DE DEDUCIÓNS E INCENTIVOS FISCAIS Á I+D+i.

Eventos

Ver todos
10
Novembro

MANUFACTUR4.0: Aplicacións de Talento 4.0. Realidade Aumentada e Fábrica Virtual

O proxecto MANUFACTUR 4.0, liderado pola Axencia Galega de Innovación – GAIN a través do CIS Tecnoloxía e Deseño, e encadrado no PROGRAMA EP-INTERREG V A ESPAÑA – PORTUGAL (POCTEP), ten como obxectivo a transferencia de maneira efectiva á industria dos sectores naval e metalúrxico de novas tecnoloxías de fabricación avanzada e baixo custo.

Ler máis
11
Novembro

Introducción á Vixilancia Tecnolóxica no sector industrial

Este curso ten por obxectivo dar a coñecer a Vixilancia Tecnolóxica e a Intelixencia Competitiva: a súa aportación, relación coa estratexia, a innovación, a tecnoloxía e o mercado e outras disciplinas, procesos, metodoloxías e ferramentas relacionadas. Pretende ademáis indicar boas prácticas tanto para o desenvolvemento de exercicios de VT e IC, como para o deseño e posta en marcha dunha unidade de VT/IC nunha empresa. Trátase dun obradoiro de traballo, que busca a aplicación inmediata do aprendido na contorna profesional do participante. De aí que ao longo da acción formativa levaránse a cabo dinámicas, exercicios e simulacións.

Ler máis
12
Novembro

Workshop online “CMF. Tendencias en materiais”. Ciclo “Materiais para o futuro”

O ciclo “Materiais para o futuro” do Programa de Deseño para a Innovación da Xunta de Galicia remata o 12 de novembro coa presentación das últimas tendencias en aplicación de propiedades sensoriais aos materiais, co obxectivo de axudar a establecer un vínculo emocional entre o usuario e o produto

Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.