Ver a versión en liña

A BFAero selecciona 7 novos proxectos dentro da súa III edición.

O martes pasado déronse a coñecer os sete proxectos seleccionados na terceira edición da BFAero. Dos 85 proxectos presentados nesta III convocatoria, foron seleccionados tres para incubación e catro proxectos para aceleración. En total, nas edicións anteriores do programa apoiáronse 12 proxectos, que crearon 63 empregos e mobilizaron 3,6M€.

FASE DE ACELERACIÓN
CIES Solar
(Pontevedra)
Misións automáticas de fotogrametrías de máis de 1000 hectáreas ao día.
SAQQARAH
(Vigo)
Inspección de procesos industriais e verquidos medioambientais.
Prime Cor
(Alacant)
Sistema de control de voo para drons fiable, seguro e certificable.
Atom
(Madrid)
Ferramenta integral para o uso de drons en operación e mantemento de instalacións industriais.
FASE DE INCUBACIÓN
Dronesuit
(A Coruña)
Plataforma cloud con ferramentas e utilidades para facilitar a xestión, operación e administración.
Pharmadron
(Zaragoza)
Uso de vehículos non tripulados no sector da loxística e distribución no sector da saúde.
SOLARBotix
(Madrid)
Viabilidade da fabricación de placas solares mediante tecnoloxías de fabricación de compostos para que poidan modelarse en superficies non planas como as ás dos avións.
Balance edicións anteriores
209 candidaturas presentadas 179 proxectos  presentados 10 entidades colaboradoras
3,6M€ mobilizados 63 empregos creados 5 empresas constituídas

Novas

Ver Todas

02 de Decembro de 2020

A Xunta confirma a súa aposta pola Compra Pública de Innovación no marco do III Foro Iberoamericano de CPI e Innovación Aberta

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou este mediodía na inauguración oficial do III Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación e Innovación Aberta, que reunirá durante dous días a máis de 400 persoas procedentes de España e Iberoamérica en formato virtual arredor da Compra Pública de Innovación e a innovación aberta. Na inauguración interviron tamén Teresa Riesgo, secretaria xeral de Innovación do Ministerio de Ciencia e Innovación, e Gonzalo Rivas, xefe da división de Competitividade, Tecnoloxía e Innovación do Banco Interamericano de Desarrollo (BID).

Ler máis

01 de Decembro de 2020

A Xunta confía en que as sete novas iniciativas seleccionadas para participar na BFAero consoliden esta aceleradora como o núcleo da industria aeroespacial galega

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá na Fundación CEL en Lugo ao acto de presentación dos proxectos seleccionados na terceira edición da BFAero, unha nova convocatoria que se abre ao exterior e confirma o interese que esperta esta aceleradora aeronáutica, xa que catro dos sete proxectos que participarán son de fóra de Galicia. “A nova edición achega unha imaxe clara dun Polo Aeroespacial aberto a novas iniciativas que pretenden non só reter, senón tamén captar talento”, explicou Conde.

Ler máis

27 de Novembro de 2020

A Vicepresidencia segunda incrementa o seu Orzamento para 2021 nun 58% para impulsar a reactivación da economía galega e seguir avanzando na dixitalización, a innovación e a transición ecolóxica

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, presentou esta mañá no Parlamento de Galicia os orzamentos do departamento que dirixe para o vindeiro ano 2021, que se incrementan nun 58% con respecto ao do pasado ano ata alcanzar os 512M€, para impulsar a reactivación da economía galega e seguir avanzando na transición dixital e ecolóxica.

Ler máis

Eventos

Ver todos
04
Decembro

Xornada préstamos IFI Innova

O obxectivo é presentar as principais características e requisitos do Instrumento de Financiamento IFI INNOVA, para promover un maior uso de instrumentos financeiros, mediante programas de préstamos con recursos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), creados co obxectivo de intensificar o apoio ás pequenas e medianas empresas galegas, no financiamento de novos proxectos de Innovación, Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación nas súas organizacións.

Ler máis
10
Decembro

Xornada online sobre a estratexia Digital Europe

A xornada está dirixida aos Hubs de Innovación Dixital, organismos de investigación e centros tecnolóxicos, clústeres, empresas innovadoras, administracións públicas e cidadanía en xeral, tanto de Galicia como do Norte de Portugal.

Ler máis
17
Decembro

Xornada Green Deal

A xornada desenvolverase integramente en inglés e enmárcase na Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (RIS3T).

Ler máis
18
Decembro

Unha RIS3 reforzada: construíndo xuntos a folla de ruta para 2021-2027

A Axencia Galega de Innovación inicia a elaboración da nova Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 de Galicia 2021-2027, como marco estratéxico no que se articularán todos os instrumentos de apoio á I+D+I da Xunta de Galicia nos vindeiros anos.

Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.