Ver a versión en liña

Oportunius: taller para a preparación de candidaturas a Starting e Consolidator Grant 2021

Co obxectivo de apoiar a participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC), a Axencia Galega de Innovación organiza a través do programa Oportunius unha xornada de formación en liña para a preparación de propostas ás convocatorias Starting Grant e Consolidator Grant 2021. A xornada terá lugar o vindeiro 20 de xaneiro de 10 a 13 horas.

Oportunius é un programa da Xunta de Galicia –en colaboración co Sistema Universitario Galego (SUG), o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e os organismos de investigación de Galicia– para ofrecer condicións atractivas que permitan atraer e reter talento investigador de primeiro nivel en Galicia.

Entre as medidas para reforzar as opcións de acceso ás prestixiosas axudas do ERC, Oportunius ofrece asesoramento na preparación e revisión de propostas, así como orientación na redacción e presentación das candidaturas. Este servizo está dispoñible na seguinte ligazón . Ademais, organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas coma este.

Inscrición

Si queres inscribirte na xornada, podes facelo dende aquí

Resultados do programa 2014-2020

 

5 contratos Oportunius a gañadores ERC.

24 gañadores ERC apoiados por Oportunius.

30 proxectos financiados polo ERC .

14 finalistas ERC apoiados.       

112 candidaturas ao ERC avaliadas.

11 obradoiros de formación, máis de 190 participantes.

Novas

Ver Todas

12 de Xaneiro de 2021

A Xunta destaca que os 20 proxectos da aceleradora Connect-19 son a proba de que Galicia quere ser un referente fronte á pandemia desde a innovación, o emprendemento e o talento

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá, no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas, no acto final da aceleradora Connect-19, no que destacou que os 20 proxectos participantes e as 20 pemes que os impulsan son a proba irrefutable de que Galicia quere ser un referente fronte á pandemia desde a innovación, o emprendemento e o talento. “Estas iniciativas son o exemplo de como desde a pequena e mediana empresa se están dando respostas e solucións grazas a que Galicia conta cun ecosistema de emprendemento e innovación”, subliñou.

Ler máis

Eventos

Ver todos
20
Xaneiro

Taller online de preparación de propostas 2021 do European Research Council (ERC)

A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia a participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC). Oportunius ofrece, entre outras actuacións, asesoramento na preparación e revisión de propostas, así como orientación na redacción e presentación das candidaturas, servizos dispoñibles a través da web de GAIN. Ademais, organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas.

Ler máis
28
Xaneiro

Taller Impact-RIS3T: Horizon Europe

A Axencia Galega de Innovación ofrece unha xornada de formación sobre o novo programa Horizonte Europa no que se estudarán as posibilidades de cooperación transfronteiriza en materia de investigación e innovación entre o norte de Portugal e Galicia.

Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.