Ver a versión en liña

Ampliación do prazo do Certame de Materiais Innovadores de Galicia

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), co obxectivo de posibilitar un maior achegamento a empresas e organismos e fomentar unha maior presentación de candidaturas e identificación de materiais innovadores, decidiu ampliar ata o 13 de maio o prazo da primeira edición do Certame de Materiais Innovadores de Galicia.

O certame, organizado no marco do Programa de Deseño para a Innovación a través da Materioteca de Galicia, ten como obxectivo identificar, potenciar e difundir os novos materiais creados en Galicia e poñer en valor o esforzo de I+D que se realiza neste campo desde as empresas e grupos de investigación.

CATEGORÍAS

ARTESANAL

Materiais obtidos de procesos artesanais ou con limitada capacidade de produción.

EMPRESA

Materiais desenvolvidos por empresas ou por agrupacións de empresas para a súa comercialización.

INVESTIGACIÓN

Materiais desenvolvidos por grupos de investigación de centros de coñecemento públicos e privados (universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos), ben como resultado de proxectos individuais ou en consorcio con outros grupos ou entidades.

EMPRESA e INVESTIGACIÓN

Materiais desenvolvidos por grupos mixtos formados por empresas e centros de coñecemento, en calidade de participantes nalgún proxecto financiado con fondos públicos autonómicos, estatais ou europeos.

Bases e procedemento

As bases e detalles do procedemento e a documentación a presentar poden consultarse na páxina web da Materioteca de Galicia.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Co obxectivo de posibilitar un maior achegamento a empresas e organismos e fomentar unha maior presentación de candidaturas e identificación de materiais innovadores, amplíase o prazo ata o 13 de maio de 2021.

Novas

Ver Todas

18 de Xaneiro de 2021

Conde afirma que o principal obxectivo do Polo Aeroespacial de Galicia 2025 é crear tecido industrial ao redor deste sector

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá no Consello Asesor da Civil UAVs Initiative, no que asegurou que o principal obxectivo do Polo Aeroespacial de Galicia 2025 é crear tecido industrial ao redor deste sector.

Ler máis

19 de Xaneiro de 2021

A Xunta apoia a Gradiant na posta en marcha dun centro empresarial de desenvolvemento 5G en Galicia

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá na presentación do centro de innovación aberta en tecnoloxías móbiles avanzadas posto en marcha polo centro tecnolóxico Gradiant co apoio da Xunta de Galicia, co cofinanciamento de fondos Feder do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e o Ministerio de Ciencia e Innovación. Na presentación participaron tamén Luis Pérez e Fernando Jiménez, director xeral e xerente de Gradiant, respectivamente.

Ler máis

Eventos

Ver todos
28
Xaneiro

Taller Impact-RIS3T: Horizon Europe

A Axencia Galega de Innovación ofrece unha xornada de formación sobre o novo programa Horizonte Europa no que se estudarán as posibilidades de cooperación transfronteiriza en materia de investigación e innovación entre o norte de Portugal e Galicia.

Ler máis
29
Xaneiro

Demo day dos proxectos da segunda edición da Business Factory Food

Business Factory Food (BFFood) é a aceleradora do sector alimentario de Galicia. A súa misión é acelerar e consolidar novas empresas que acheguen solucións innovadoras ao mercado, consolidar o tecido empresarial e industrial do sector galego e atraer talento nacional e internacional.

Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.