Ver a versión en liña

Convocatorias dirixidas a grupos de investigación e persoal investigador

A Xunta de Galicia convoca as liñas de axuda á etapa predoutoral e posdoutoral e o finanzamento dos grupos de investigación máis competitivos do Sistema galego de I+D+i.

Axudas de apoio á etapa predoutoral
Data de publicación: 27 de xaneiro Prazo para presentación de solicitudes: 1 de marzo Duración das axudas: máximo de 3 anos 

Obxecto: A contratación de persoal nas súas etapas iniciais de formación.

Novidades desta convocatoria: 

  • Establécese unha única modalidade de axudas .
  • Avaliaranse os proxectos de investigación.

Número de axudas: Poderanse conceder un máximo de 102 axudas.

Importe das axudas: 

  • O importe máximo de cada axuda é de 24.000 € anuais.
  • As estadías no estranxeiro de tres meses de duración terán un importe máximo de 6.000 €.
  • Establécese un complemento de 1.000 € anuais por axuda para cubrir os gastos asociados á contratación.

Máis información:

Si precisas máis información, podes atopala aquí.

Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral
Data de publicación: 27 de xaneiro Prazo para presentación de solicitudes: 1 de marzo Duración das axudas:  máximo de 3 anos

Obxecto: facilitar a incorporación de persoal investigador ao Sistema de I+D+i galego fomentando, na súa etapa inicial, a adquisición e perfeccionamento das habilidades propias do persoal investigador doutor.

Novidades desta convocatoria:

  • Flexibilízanse as condicións de realización das estadías.

Número de axudas: Poderanse conceder un máximo de 49 axudas.

Importe das axudas:

  • 28.600 euros brutos anuais en concepto de salario e de custos sociais.
  • Un complemento por cada mes de estadía.
  • Un complemento a cada unha das entidades, que se establece en 1.500 euros anuais por cada persoa contratada.

Máis información:

Podes atopar toda a información necesaria en este enlace.

AXUDA PARA COMPLETAR A ETAPA DE FORMACIÓN POSDOUTORAL (MODALIDADE B)
Data de publicación: 21 de xaneiro Presentación de solicitudes: 22 de febreiro Duración das axudas: máximo de 2 anos

Obxecto: Posibilitar a continuación da formación do persoal doutor investigador.

Beneficiarios:

  • Beneficiarios dunha axuda posdoutoral na modalidade A da convocatoria de 2017 e que non renunciaran ao contrato.
  • Beneficiarios da modalidade A da convocatoria de 2016 que finalizaran o seu contrato con posterioridade ao 31 de xullo de 2019 e obtiveran unha avaliación positiva. 

Número de axudas: Establécese un máximo de 24 axudas. 

Importe das axudas:

  • Un total de 38.000 euros anuais para retribución bruta e custos sociais.
  • Unha axuda complementaria para o establecemento dunha liña propia de investigación con un importe de 10.000 euros nos anos 2021 e 2022 e de 5.000 euros no 2023.
  • Un complemento a cada unha das entidades beneficiarias que se establece en 1.000 euros anuais por cada persoa contratada.

Mais información:

Podes atopar mais información seguindo este enlace.

Axudas para grupos de investigación
 
Data de publicación: pendente Prazo para presentación de solicitudes: pendente  

Autorizadas polo Consello da Xunta de Galicia do 21 de xaneiro de 2021.

Obxecto: Asegurar un financiamento estrutural e continuado, que garanta un apopio basal aos grupos científicos máis excelentes do sistema galego de investigación . 

Importe das axudas:  O orzamento total está preto dos 24M€ para o período 2021~2025.

Modalidades, duración e importe das axudas:

  • Modalidade A (Grupos de Referencia Competitiva - GRC):
    • Dirixida a grupos de investigación caracterizados por bos índices de publicacións científicas, un nivel de captación de recursos elevado e competitivos a nivel estatal e  internacional.
    • As axudas terán unha duración máxima de catro anos. 
    • O importe total poderá acadar os 400.000 euros.
  • Modalidade B (Grupos de Potencial Crecemento - GPC):
    • Dirixida a Grupos de Investigación sen alcanzar os niveis de desenvolvemento dos GRC, teñen calidade investigadora, constatable con criterios estritos, e que están na senda que os leve a ser grupos de referencia.
    • As axudas serán de aplicación por un período de 3 anualidades.
    • O importe total máximo da axuda poderá acadar os 90.000 euros.
  • Modalidade C:
    • Liña de reforzo de traxectorias emerxentes: Dirixida ao finanzamento de proxectos de investigación, a investigadores/as, contratos con cargo aos programas Ramón y Cajal (2016~2020) e Miguel Servet en Galicia. Terán unha duración máxima de 5 anualidades, cunha cuantía máxima de 115.00 euros.
    • Liña de reforzo de traxectorias investigadoras consolidadas: Dirixida ao persoal investigador con vinculación laboral nunha universidade do SUG que, tendo recibido unha axuda Starting Grants do ERC, esta remate no 2021. O perído máximo será de 4 anualidades, cunha axuda máxima de 200.000 euros.

Beneficiarios:

  • Os organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia e os centros do CSIC e do IEO radicados en Galicia.
  • As universidades do Sistema universitario de Galicia.

Novas

Ver Todas

24 de Xaneiro de 2021

A Xunta confía en que os fondos europeos Next Generation permitan afianzar os grandes proxectos do Polo Aeroespacial de Galicia para os vindeiros cinco anos

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, amosou hoxe o seu desexo de que os fondos europeos de reconstrución Next Generation permitan afianzar os grandes proxectos do Polo Aeroespacial de Galicia para os vindeiros cinco anos, que pasan por potenciar a I+D+i e crear tecido industrial ao redor deste sector.

Ler máis

Eventos

Ver Todas
29
Xaneiro

Demo day dos proxectos da segunda edición da Business Factory Food

Business Factory Food (BFFood) é a aceleradora do sector alimentario de Galicia. A súa misión é acelerar e consolidar novas empresas que acheguen solucións innovadoras ao mercado, consolidar o tecido empresarial e industrial do sector galego e atraer talento nacional e internacional.

Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.