Ver a versión en liña

Entrega dos Premios Galicia de Innovación e Deseño

A Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación, invítate a presenciar en streaming a cerimonia de entrega da primeira edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño. Estes galardóns, que serán entregados o venres 26 de febreiro a partir das 12.30 horas, son un recoñecemento ás persoas e empresas referentes no desenvolvememento económico e social en Galicia a través da innovación e do deseño.

Cerca dun cento de candidaturas foron valoradas por un xurado experto, que seleccionou aos finalistas para as categorías das que consta o certame.

Categoría de Innovación

 

Pequena e mediana empresa

 

Pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos os últimos cinco anos.

 

* Situm Technologies

* Marine Instruments

* Magallanes Renovable

Gran empresa

 

Grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década.

 

* Egatel

* Televés

* Cupa Innovación

Traxectoria innovadora

 

Empresarios e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose relevante

 

Categoría de Deseño

Profesionais

 

Profesionais do deseño (persoas ou equipos) cunha traxectoria de alomenos dez anos de recoñecido prestixio no sector.

 

* Cenlitrosmetrocuadrado

* Fruto DS

* Costa Comunicación Visual

Deseñadoras/es mozas/os

 

Creadoras/es de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior aos dez anos.

 

* Sofía Blanco

* Beatriz Lema

* Eva Yarza

Empresas

 

Empresas consolidadas que incorporasen o deseño á súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, a última década.

 

* Televés

* D-due

* Bico de Xeado

 

Descubre aos gañadores/as en cada categoría asistindo á cerimonia de entrega en streaming. Mais información neste link.

Novas

Ver Todas

17 de Febreiro de 2021

Conde subliña a aposta que está a facer o sector da lousa e da pedra natural pola industria 4.0 para incrementar a súa capacidade loxística e produtiva

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou hoxe a aposta que está a facer o sector galego da lousa e da pedra natural pola Industria 4.0 para incrementar a súa capacidade loxística e produtiva, co conseguinte impacto sobre a súa competitividade internacional. Así o manifestou nunha visita ás instalacións da empresa Euro- Roca, no Porriño, especializada na transformación de pedra natural.

Ler máis

16 de Febreiro de 2021

A Xunta convoca por un importe de 24 M€ as axudas para os grupos de investigación máis competitivos do sistema de I+D+i galego

A Xunta de Galicia vén de convocar hoxe, a través do Diario Oficial de Galicia, as axudas para o funcionamento dos grupos de investigación máis competitivos do sistema de I+D+i para o período 2021-2025, que supoñen unha inxección de 24 millóns de euros.

Ler máis

11 de Febreiro de 2021

A Xunta destina 3,8M€ á nova edición do Programa Ignicia para levar ao mercado os resultados da investigación galega

A Xunta de Galicia vai destinar 3,8 millóns de euros á nova edición do programa Ignicia, unha iniciativa que se desenvolve en colaboración coa Fundación Barrié que busca levar ao mercado os resultados da investigación galega e potenciar a transferencia do coñecemento dos centros de I+D+i ás pemes, impulsando así a competitividade da economía galega.

Ler máis

11 de Febreiro de 2021

A Xunta avanza a posta en marcha de novas actividades de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá en Ponteceso na presentación do proxecto do equipo do IES Eduardo Pondal no certame CanSat, organizado pola Axencia Espacial Europea (ESA) e coordinado en Galicia pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través de Gain, e pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Ler máis

Eventos

Ver todos
05
Marzo

Curso online «Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i»

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso “Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i”. Esta actividade enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, nas actuacións orientadas a impulsar o desenvolvemento profesional dos investigadores e investigadoras dos centros de coñecemento do Sistema Galego de i+D+i en aspectos relacionados coa comercialización de resultados da i+D.

Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.