Ver a versión en liña

Resolución da cuarta convocatoria do programa Fábrica Intelixente e Sostible

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación informou esta mañá ao Consello da Xunta sobre a resolución da cuarta edición do programa Fábrica Intelixente e Sostible, que ten por obxectivo mellorar a competitividade do tecido industrial galego a través da implantación das tecnoloxías verdes e da Industria 4.0. A través desta convocatoria apoiranse 9 proxectos con 21 millóns de euros de axuda.

Balance da convocatoria en cifras

9 proxectos apoiados

21M€ de axuda

56,8M€ de mobilización

23 empresas e 6 organismos de investigación

80 empregos novos

633 postos de traballo cualificados

 

Proxectos apoiados

Este son os nove proxectos seleccionados nesta cuarta convocatoria:

  • ECO-SMART BATT de Silicio Ferrosolar, S.L., coa colaboración de ABCR Laboratorios, Artabro Tech,  Enso Innovation e o Centro Tecnolóxico CETIM: fabricación 4.0 sostible de nanocompostos e ionoxeles para baterías de alta densidade. 
  • SEA2TABLE 4.0 de Pescanova España, S.L.U., que conta coa colaboración do Centro Tecnolóxico Gradiant e a compañía ASM Soft: desenvolvemento de tecnoloxías dixitais multifábrica 4.0 na industria alimentaria intelixente e sostible.
  • WINDIN4.0 de Gri Towers Galicia, S.L., coa colaboración de Agata Technology: desenvolvemento de tecnoloxías dixitais para a fabricación 4.0 de compoñentes eólicos.
  • FACENDO 4.0 de Peugeot Citroen Automóviles España, S.A., coa participación do Centro Tecnolóxico da Automoción (CTAG), Gradiant, Aimen, e a Universidade de Vigo: novas solucións tecnolóxicas que permitan á factoría viguesa consolidarse como un referente de automóbiles a nivel mundial, situándoa na vangarda das últimas tecnoloxías e da eficiencia enerxética, en eidos como o vehículo do futuro autónomo e conectado.
  • SMART4SLATE de Cupa Innovación, S.L.U., xunto con Técnicas de Soft  e o Centro Tecnolóxico CETIM: desenvolvemento de tecnoloxías 4.0 para a mellora da loxística en portos e o almacenamento e transformación de produtos de relevancia en Galicia.
  • SMARTSTORE de Galigrain, S.A.U., que desenvolverá xunto con Internacional de Comercio y Servicios, Protea Productos del Mar, P&J Carrasco  e o Centro Tecnolóxico CETIM:enfoque holístico para unha produción intelixente e sostible 4.0 de pizarra natural.
  • ENXEÑO+ de Financiera Maderera S.A., en  colaboración coas entidades Aimen, Cesga, Citius ou Energylab, e empresas tecnolóxicas como Imatia, Dalp e DXC: investigación de novas tecnoloxías habilitadoras 4.0 na produción sostible de taboleiro. 
  • NUTRIGEN 4.0 de Hifas da terra, S.L., contará coa colaboración de Anfaco-Cecopesca: optimización integral de tecnoloxías 4.0 para realizar procesos industriais de produción continua de complementos nutricionais a escala piloto. 
  • FIVE-V de Benteler Automotive Vigo, S.L.: transformación nunha Fábrica Intelixente mediante a aplicación do concepto de fabricación flexible, versátil e sostible.

Podes atopoar a resolución desta convocatoria no seguinte enlace.

Balance das catro convocatorias

72,8M€ de subvencións

272,5M€ mobilizados

24 proxectos apoiados

 

Novas

Ver Todas

25 de Febreiro de 2021

Finsa reforza a súa competitividade co apoio da Xunta impulsando a implantación de tecnoloxías dixitais nas súas plantas

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá na clausura da xornada de presentación de resultados do proxecto Tecnoloxías dixitais para a industria madereira do futuro-SMART4WOOD do Grupo Finsa, que contou cun apoio da Xunta de 1,2 millóns de euros dentro do programa de Fábrica intelixente e sostible. Este proxecto de desenvolvemento industrial permítelle á empresa madeireira reforzar a súa competitividade a través da implantación de tecnoloxías dixitais adaptadas ás súas plantas de fabricación, facilitando así a súa transición cara ao novo paradigma de fábrica flexible, eficiente e conectada.

Ler máis

24 de Febreiro de 2021

A Xunta apoia a innovación social a través de proxectos como o da empresa pontevedresa Envita para personalizar a atención ás persoas maiores

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o delegado territorial da Xunta, Luis López, visitaron esta mañá en Pontevedra a compañía Envita Digital Solutions, empresa tecnolóxica de innovación social dedicada a desenvolver ferramentas para mellorar a atención ás persoas maiores.

Ler máis

24 de Febreiro de 2021

A Xunta convoca a terceira edición do programa Ignicia para levar ao mercado os resultados da investigación galega

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, apuntou na inauguración da xornada online de presentación da terceira convocatoria do programa Ignicia que o obxectivo desta iniciativa é “acelerar e mellorar os resultados dos procesos de transferencia tecnolóxica para que cheguen á sociedade” e “contribuír así á rendibilización económica e social do investimento público en investigación”.

Ler máis

23 de Febreiro de 2021

Conde defende o proxecto de Roche e Fidis como exemplo de que as unidades mixtas actúan como foco de atracción e retención do mellor talento investigador

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta tarde na mesa redonda Colaboración público-privada en investigación en saúde: Unidades Mixtas como modelo de éxito, na que sinalou que a colaboración entre Roche e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Fidis) é un exemplo de que as Unidades Mixtas de Investigación actúan como foco de atracción e retención do mellor talento investigador, así como chamada á participación de empresas.

Ler máis

21 de Febreiro de 2021

A Xunta impulsa a competitividade empresarial a través dunha nova liña de axudas que apoia proxectos de I+D+i nos que colaboran entre pemes galegas

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, indicou na apertura da xornada Conecta Hubs e outras axudas á dixitalización das pemes que a innovación no contexto actual é máis necesaria ca nunca para reactivar a economía, recuperar emprego e garantir a prosperidade. Neste sentido, sinalou que a modernización do tecido produtivo galego a través da súa transformación dixital permitirá contar cunha Galicia máis competitiva.

Ler máis

Eventos

Ver todos
26
Febreiro

Entrega dos Premios Galicia de Innovación e Deseño

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) celebra o vindeiro venres 26 de febreiro a cerimonia de entrega da primeira edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño.

Ler máis
04
Marzo

Interregional Innovation Investment (I3)

Despois dos talleres sobre o Programa Digital Europe e o Pacto Verde, así como das formacións sobre financiamento en cascada e Horizonte Europa, a próxima semana terá lugar a seguinte actividade do plan de formación enmarcado no Proxecto Impact RIS3T, centrada no instrumento Interregional Innovation Investment (I3).

Ler máis
05
Marzo

Curso online «Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i»

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso “Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i”. Esta actividade enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, nas actuacións orientadas a impulsar o desenvolvemento profesional dos investigadores e investigadoras dos centros de coñecemento do Sistema Galego de i+D+i en aspectos relacionados coa comercialización de resultados da i+D.

Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.