Ver a versión en liña

Presentación do Proxecto MAINGAP: aplicacións de realidade virtual e aumentada nos sectores da automoción e aeronáutico

O vindeiro 11 de Marzo celebraráse online a xornada de presentación do proxecto MAINGAP, financiado polo Programa Interreg V-A España-Portugal no que a Axencia Galega de Innovación participa como entidade socia a través do CIS Tecnoloxía e Deseño.

Xornada online

O obxectivo desta xornada, é presentar o proxecto MAINGAP: Manufactura Innovadora na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal e as posibles aplicacións da realidade virtual e aumentada ás empresas dos sectores automoción e aeronáutico, é dar a coñecer as vantaxes da implantación destas Tecnoloxías 4.0 nos sectores estratéxicos para a Euro-rexión .

No transcurso deste proxecto, liderado polo Centro Tecnolóxico da Automoción – CTAG é o beneficiario principal, administracións e centros de coñecemento de Galicia e o Norte de Portugal traballarán para intensificar as relacións entre os centros de investigación e as empresas dos sectores involucrados.

O obxectivo do proxecto, onde ademáis do CTAG e de GAIN participan CEEIA- Centre of Engineering and Product Development e CCG – Centro de Computação Gráfica Uminho , é acelerar a implantación de solucións tecnolóxicas punteiras que respondan ós grandes desafíos que supón avanzar cara a Industria 4.0. MAINGAP toma como punto de partida o sector da automoción e o sector aeronáutico e favorecerá a hibridación sectorial e tecnolóxica.

Demostracións en tecnoloxías diversas

Loxística interna, exoesqueletos e robótica colaborativa

Realidade virtual e realidade aumentada

Fabricación aditiva

Fabricación dixital

 

Os demostradores serán validados por oito empresas de Galicia e do Norte de Portugal que serán seleccionadas  ao longo do proxecto.

Para maior información sobre a xornada ou sobre a participación no proxecto podes chamar ao teléfono 981 337 181 ou consultar a seguinte ligazón.

Novas

Ver Todas

03 de Marzo de 2021

A Xunta destaca que co Polo aeroespacial e a Unidade Mixta de ITG e Star Defence Galicia se posiciona na vangarda desta industria

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinalou hoxe na presentación da Unidade Mixta de Investigación FASTFly 2035, que impulsan o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e Star Defence Logistics & Engineering (SDLE) co apoio da Xunta, que esta iniciativa e o Polo aeroespacial de Galicia demostran que Galicia se pode posicionar na vangarda desta industria.

Ler máis

01 de Marzo de 2021

Conde destaca que proxectos como o de Mestrelab animan á Xunta a seguir impulsando o programa Fábrica Intelixente para favorecer o salto dixital do tecido empresarial

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá en Santiago de Compostela as instalacións de Mestrelab, onde destacou que proxectos como os desta empresa animan á Xunta a seguir apostando polo programa Fábrica Intelixente e Sustentable co obxectivo de apoiar o salto dixital do tecido empresarial galego e aumentar a súa competitividade.

Ler máis

26 de Febreiro de 2021

Feijóo avanza que a vindeira estratexia RIS3 estará centrada na sustentabilidade para potenciar o ecosistema innovador galego e impulsar a transferencia de coñecemento ao tecido empresarial

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a vindeira Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia estará centrada na sustentabilidade para potenciar o ecosistema innovador galego e impulsar a transferencia de coñecemento ao tecido empresarial.

Ler máis

Eventos

Ver todos
05
Marzo

Curso online «Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i»

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso “Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i”. Esta actividade enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, nas actuacións orientadas a impulsar o desenvolvemento profesional dos investigadores e investigadoras dos centros de coñecemento do Sistema Galego de i+D+i en aspectos relacionados coa comercialización de resultados da i+D.

Ler máis
12
Abril

Curso online

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso “IP e Estratexia de Mercado” no marco do Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia.

Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.