Ver a versión en liña

Convocatoria dos programas Principia e Talento Sénior 2021

O vindeiro luns 15 de marzo publicaranse no Diario Oficial de Galicia as convocatorias dos programas de atracción e retención de talento en Galicia Principia e Talento Sénior, incluídos no programa de Talento da vicepresidencia segunda e consellería de Economía, Empresa e Innovación. A Xunta de Galicia destinará 2,1 millóns de euros ás dúas novas edicións dos programas coa expectativa de apoiar a contratación de máis de 100 profesionais vencellados a actividades de I+D+i. Nos criterios de valoración primarase a contratación de calidade e a incorporación de mulleres ás actividades de I+D+i.

PRINCIPIA 2021

Sexta edición

 

Orzamento: 1.080.000 euros.

 

Obxecto: contratación de persoal técnico por parte de empresas e organismos de investigación.

 

Resultados agardados: 100 mozos e mozas de ata 35 anos.

 

Incentivo: 10.000 euros por contrato, que debe ter unha duración mínima dun ano. Poderán optar a un bono de formación por un importe de 1.000€ por cada traballador incorporado mediante este programa.

Máis información  neste enlace.

TALENTO 2021

Cuarta edición

 

Orzamento: 960.000 euros.

 

Obxecto: atracción e retorno de persoal de alta cualificación para que continúe desenvolvendo a súa carreira profesional en empresas e organismo públicos e privados de investigación de Galicia.

 

Resultados agardados: 14 profesionais altamente cualificados con máis de cinco anos de experiencia.

 

Incentivo: entre o 40% e o 60% en función da retribución bruta, que será dun mínimo de 40.000 euros. Os contratos terán unha duración mínima de tres anos.

Máis información na nosa web.

BALANCE DAS EDICIÓNS ANTERIORES
  • Incorporación de 578 profesionais cualificados
  • Apoios por 10,4 millóns de euros
  • 19 millóns de euros mobilizados

Expresións de interese

No marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia do Goberno de España, financiado con fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias de expresións de interese que se atopan actualmente abertas.

 

Novas

Ver Todas

10 de Marzo de 2021

A Xunta apoia a creación de Celtarys Research, spin off da USC que desenvolve ferramentas fluorescentes para acelerar o descubrimento de fármacos

A Axencia Galega de Innovación (Gain), dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, vén de apoiar a creación de Celtarys Research, unha empresa de base tecnolóxica que desenvolve e comercializa unha tecnoloxía innovadora que permite acelerar o descubrimento de fármacos. A nova firma, fundada en Galicia, está impulsada por investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Ler máis

10 de Marzo de 2021

A Xunta impulsa a innovación no grupo Iberconsa a través da contratación de persoal investigador

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitaron esta mañá a planta do grupo internacional Iberconsa, líder mundial na comercialización de lagostino austral e pescada conxelada e segundo grupo pesqueiro español, que ten a súa orixe en Galicia nos anos 80 e con presenza actualmente nos cinco continentes.

Ler máis

08 de Marzo de 2021

Estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato de toda España xa poden presentar os seus proxectos a Galiciencia online 2021

Galiciencia é a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) desde o ano 2006. A súa finalidade é achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato, contribuíndo a espertar neles as vocacións científicas. Conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain); e coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia e Innovación. Esta mañá abríase o prazo para que @s rapaces presenten os seus proxectos; poderán facelo ata o vindeiro 3 de maio.

Ler máis

06 de Marzo de 2021

A Xunta avanza no aproveitamento dos drons para tarefas de loita contra os incendios forestais e de mellora do monte

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, coñeceron esta semana, durante a súa visita ao Polo Aeroespacial de Galicia, no aeródromo de Rozas (Castro de Rei), as novas posibilidades que ofrecen os vehículos aéreos non tripulados (UAVs) na loita contra os incendios forestais.

Ler máis

01 de Marzo de 2021

A Real Academia Galega de Ciencias e a Xunta de Galicia abren a convocatoria para participar nos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2021

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, convoca os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2021 coa pretensión de recoñecer casos de éxito en transferencia de coñecemento en Galicia e difundilos entre a cidadanía. Os destinatarios destes galardóns son os investigadores e as empresas galegas na súa faceta máis aplicada e de transferencia de coñecemento.

Ler máis

Eventos

Ver todos
12
Abril

Curso online ''IP e Estratexia de Mercado''

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso “IP e Estratexia de Mercado” no marco do Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia.

Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.