Ver a versión en liña

Coñeces o material máis innovador creado en Galicia?

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, busca os materiais máis innovadores creados aquí para recoñecer a súa contribución ao deseño de produtos e espazos que marcan a diferenza.

A primeira edición do Certame de Materiais Innovadores de Galicia ten aberto o seu prazo para presentar candidaturas ata o 13 de maio. A chamada a participar está dirixida tanto ás empresas, centros de coñecemento e profesionais da artesanía galegos que crearon materiais novos recentemente, como aos deseñadores e deseñadoras que traballan con eles nos seus proxectos.

Calquera persoa ou entidade pode presentar o seu material innovador nesta ligazón  ou promover unha candidatura enviando a súa proposta por correo electrónico. Neste último caso, o equipo da Materioteca de Galicia poñerase en contacto coa empresa, centro ou profesional que creou o material para recabar a información necesaria e formalizar a candidatura.

CATEGORÍAS

ARTESANAL: Materiais obtidos de procesos artesanais ou con limitada capacidade de produción.

EMPRESA: Materiais desenvolvidos por empresas ou por agrupacións de empresas para a súa comercialización.

INVESTIGACIÓN: Materiais desenvolvidos por grupos de investigación de centros de coñecemento públicos e privados (universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos).

EMPRESA e INVESTIGACIÓN: Materiais desenvolvidos por grupos mixtos formados por empresas e centros de coñecemento.

 

BENEFICIOS

Os materiais premiados serán promocionados publicamente e formarán parte dunha serie de exposicións itinerantes por toda España. Ademais, obterán un completo informe elaborado por un equipo experto no que se analizarán todas as oportunidades do material no mercado, incluíndo as súas potenciais aplicacións a nivel multisectorial e a identificación de posibles socios. Aqueles materiais que queden finalistas obterán tamén un informe personalizado para optimizar o seu posicionamento no mercado.

BASES E PROCECEMENTO

As bases completas e os detalles do procedemento e da documentación a presentar poden consultarse na páxina web da Materioteca de Galicia.

Expresións de interese

No marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia do Goberno de España, financiado con fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias de expresións de interese que se atopan actualmente abertas.

Novas

Ver Todas

15 de Marzo de 2021

Un consorcio de empresas galegas desenvolve un sistema automatizado, intelixente e autónomo para alimentar especies cultivadas en mar aberto co apoio da Xunta

A directora da Axencia Galega de Innovación, (Gain) Patricia Argerey, asistiu esta mañá en Moaña á xornada de peche do proxecto Seafeed: Alimentador flotante para acuicultura, apoiado con máis de 600.000 euros a través da convocatoria Conecta Peme da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e cofinanciado polo Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

Ler máis

11 de Marzo de 2021

A Xunta e o Grupo Lence analizan os apoios á innovación dirixidos á industria alimentaria

 A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá a planta que a empresa Leite Río do grupo Lence ten no polígono industrial do Ceao (Lugo). O obxectivo do encontro era coñecer os novos proxectos que o grupo lácteo ten en marcha, así como asesorar sobre as liñas de apoio da Xunta de Galicia á modernización do tecido produtivo, en concreto, ás grandes empresas.

Ler máis

Eventos

Ver todos
25
Marzo

Sciencepreneurs Initiative. Proxecto NANOEATERS

O próximo 25 de marzo celebraráse un evento de aceleración on-line no marco do proxecto NANOeaters que coordina GAIN. No evento analizaránse distintas ferramentas que poden axudar aos emprendedores a dar o salto do laboratorio ao mercado.

Ler máis
12
Abril

Curso online ''IP e Estratexia de Mercado''

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso “IP e Estratexia de Mercado” no marco do Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia.

Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.