Ver a versión en liña

Convocatorias abertas da Axencia Galega de Innovación

A Axencia Galega de Innovación (Gain) ten actualmente abertas tres convocatorias de axuda: a nova liña de apoio a proxectos de I+D+i en colaboración entre pemes nas áreas estratéxicas dos Hubs de innovación dixital (Conecta Hubs); as axudas para apoiar a contratación de tecnólogos de ata 35 anos para a realización de actividades de I+D+i (Principia); e as axudas para a contratación de persoal de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i (Talento Sénior).

Conecta Hubs

 

Obxecto: Financiar proxectos colaborativos aliñados coas áreas dos Hubs Galegos de Innovación Dixital DIHGIGAL e DATAlife e cos obxectivos do Programa Europa Dixital.

Prazo de presentación de solicitudes: 22 de abril.

Orzamento total: 6,8M€.

Intensidade da axuda: Entre un 15 e un 80% en función do tamaño da empresa e do tipo de proxecto.

Destinatarios: Agrupacións de pequenas, medianas ou grandes empresas, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia.

Máis información: nesta páxina.

 

PRINCIPIA 2021

 

Obxecto: Contratación de tecnólogos de ata 35 anos para a realización de actividades de I+D+i.

Prazo de presentación de solicitudes: 15 de abril.

Axuda: Axudas de 10.000 euros para a contratación de persoal, por un período mínimo dun ano, así como un bono de formación opcional de 1.000 euros por cada unha das persoas contratadas a través do programa.

Orzamento total: 1.080.000 €

Destinatarios: Empresas galegas e/ou con centro de traballo en Galicia e organismos de investigación (ata un máximo de 3 contratos por entidade).

Máis información: nesta páxina.

 

TALENTO SÉNIOR 2021

 

Obxecto: Axudas para a contratación de persoal de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i.

Prazo de presentación de solicitudes: 18 de maio.

Incentivo: entre o 40% e o 60% á contratación en función da retribución bruta do persoal de alta cualificación por cada contrato indefinido ou temporal de duración igual ou superior de 3 anos.

Orzamento total: 960.000 €.

Destinatarios: Empresas e organismos de investigación públicos non universitarios ou privados galegos e con centro de traballo en Galicia.

Máis información: nesta páxina.

 

Expresións de interese

No marco dos fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias e manifestacións de interese que se atopan actualmente abertas.

Novas

Ver Todas

22 de Marzo de 2021

A Xunta destaca que a Unidade Mixta da EDAR de Bens suporá un cambio cara a un modelo enerxético máis eficiente e sustentable da cidade da Coruña extrapolable ao resto de Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións da EDAR de Bens, na Coruña, con motivo da presentación da consolidación da Unidade Mixta de Investigación (UMI) de Gas Renovable. Destacou que esta iniciativa suporá un cambio cara a un modelo enerxético máis eficiente e sustentable da cidade herculina que podería ser extrapolable a toda Galicia.

Ler máis

21 de Marzo de 2021

A Xunta abre as convocatorias para a contratación de máis de 100 profesionais para realizar tarefas de I+D+i en empresas e organismos de investigación

A Axencia Galega de Innovación, dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, acaba de convocar as dúas novas edicións dos programas Principia e Talento Sénior, dotados con 2,1 millóns de euros no seu conxunto, co obxectivo de continuar a xerar, reter e atraer talento a Galicia. Con estas iniciativas, a Administración autonómica continúa a fomentar o emprego cualificado baixo a premisa de que o capital humano é o factor diferencial máis importante á hora de determinar o desempeño innovador das empresas e entidades.

Ler máis

Eventos

Ver todos
12
Abril

Curso online ''IP e Estratexia de Mercado''

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso “IP e Estratexia de Mercado” no marco do Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia.

Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.