Ver a versión en liña

PREMIOS DE TRANSFERENCIA DE TECNOLOXÍA DE GALICIA 2021

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) invítante a presentar a túa candidatura aos Premios de Transferencia de Tecnoloxía de Galicia 2021.

Estes galardóns chegan a súa sétima edición coa vontade de recoñecer o traballo dos/as empresarios/as e do persoal investigador e que apostan pola transferencia de coñecemento como base para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

 

3 MODALIDADES
  • Premio ''Francisco Guitián Ojea'' , a un traballo de investigación aplicada, dotado con 6.000€. Recoñece o éxito dun grupo de investigación na creación dunha tecnoloxía aínda non transferida e da que se deriven claras aplicacións para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.
  • Premio ''Fernando Calvet Prats'', a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía promovido por un grupo de investigación, dotado con 6.000€. O premio irá destinado ao grupo de investigación creador da tecnoloxía transferida con máis éxito ao sector empresarial.
  • Premio ''Ricardo Bescansa Martínez'', a un caso de éxito empresarial de implantación de tecnoloxía transferida, dotado con 6.000€. Concederaselle á empresa que acredite a mellor implantación de tecnoloxía transferida desde un grupo de investigación galego.

O procedemento para presentar candidaturas, aberto ata o 30 de abril, é sinxelo e totalmente telemático,

Podes atopar mais información nesta ligazón.

Expresións de interese

No marco dos fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias e manifestacións de interese que se atopan actualmente abertas.

Novas

Ver todas

01 de Abril de 2021

A Axencia Galega de Innovación achega un simulador de vernizado ao CIFP Santiago para incorporar ao ciclo formativo relacionado cos acabados da madeira

Técnicos do CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (Gain) da Xunta de Galicia veñen de instalar no Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) de Santiago un simulador de vernizado cedido por Gain a este centro formativo.

Ler máis

31 de Marzo de 2021

A Xunta destaca o potencial emprendedor do sector biotecnolóxico galego nunha visita á spinf-off Celtarys Research

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, destacou o potencial do sector biotecnolóxico galego na creación de novas empresas, durante a súa visita á spin-off da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Celtarys Research. Precisamente, esta firma, recentemente constituída, recibiu o apoio do programa Ignicia da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación para validar a tecnoloxía, incorporar persoal de xestión de alto nivel, atraer o interese de investidores e transformala nunha empresa de base tecnolóxica, ademais de recibir un financiamento de 427.000 euros.

Ler máis

25 de Marzo de 2021

Un consorcio de empresas galegas desenvolve co apoio da Xunta unha solución para a xestión dixital e sostible do monte a través do uso de drons

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asistiu hoxe no Centro Experimental Áncora de Cervo á xornada de peche do proxecto Xestal (Xestión forestal sostible mediante teledetección remota), apoiado pola Xunta a través do programa Conecta Peme.

Ler máis

Eventos

Ver todos
12
Abril

Curso online ''IP E EXTRATEXIA DE MERCADO''

Esta certificación emitida por ATTP [Alliance of Technology Transfer Professionals] é o estándar internacional para acreditar a competencia e experiencia daqueles profesionais que desenvolven a súa carreira no ámbito da transferencia de coñecemento e tecnoloxía. Para facilitar a súa obtención por parte de xestores de transferencia do Sistema Galego de Innovación, organizaranse accións formativas e proporcionarase mentorización para a preparación do dossier acreditativo esixido pola entidade acreditadora.

Ler máis
12
Abril

Webinar Programa Principia 2021

O obxectivo deste taller é presentar a VI edición do Programa Principia 2021 e dar a coñecer experiencias de entidades apoiadas polo programa, así como poder resolver as dúbidas sobre a convocatoria.

Ler máis
26
Abril

OBRADOIRO DE INICIACIÓN A UNITY

Este obradoiro ofrece unha visión xeral de Unity, onde aprenderemos os conceptos básicos da programación gráfica e tamén a facer uso das súas funcións e ferramentas máis comúns. O obxectivo final será o de ser capaces de crear unha simulación 3D desde cero incluíndo as interaccións coa contorna.

Ler máis
Logo_RIS3

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.