Hoxe o Consello da Xunta anunciou a publicación da cuarta convocatoria do programa Innova Peme.
O programa Innova Peme, é específico para apoiar ás microempresas e PEMEs na posta en marcha de plans integrais que lles permitan mellorar a súa capacidade de levar a cabo proxectos de innovación e trasladar ao mercado novos produtos e servizos.
Orzamento
Beneficiariosestimados
2,8 millóns €
Mais de 35 pemes
A convocatoria será publicada no Diario Oficial de Galicia nos vindeiros días pero é moi semellante ás anteriores convocatorias así que é recomendable comenzar a traballar no plan de innovación da empresa.
QUE É UN PLAN DE INNOVACIÓN?
NON É….
SI É...
NON é un proxecto de desenvolvemento dun novo produto, servizo ou proceso.
SI é (entre outros) a vixilancia tecnolóxica para definir ese proxecto: análise de tecnoloxías, patentes, busca de socios, análise de viabilidade e vida da carteira de produtos / servizos actuais da túa empresa, etc.
NON é unha acción puntual.
SI é una estratexia a curto prazo con varias actividades que permiten sistematizar e facer crecer a innovación na túa empresa.
NON é un conxunto de actividades sen unha finalidade determinada na empresa.
SI é un plan cun impacto cuantificado a medio prazo na capacidade da empresa para ser mais innovadora e competitiva.
CÓMO FACER UN PLAN DE INNOVACIÓN?
Os pasos máis axeitados para elaborar un bo plan de innovación son:
Cubre o formulario da enquisa Innobench e obtén o informe para ter unha primeira visión da túa innovación en contexto co sector. Este informe é obrigatorio presentalo na solicitude.
Fai unha reflexión co teu equipo do que precisades a nivel organización, financiamento, novos produtos e servizos, novos mercados, melloras ou cambios de procesos... Convoca a todo o equipo , así terás unha primeira lista de retos de innovación, e procura cuantificalos.
Fai unha lista de actuacións que precisas para acadar cada un destes retos e revisa cales son subvencionables pola convocatoria Innova Peme.
Pon toda esta información en orde cronolóxica e pensa nun orzamento tendo en conta os custos subvencionables da convocatoria. Este será o teu plan de innovación, e debe ter un orzamento total de entre 80.000€ e 200.000€.
A GAIN subvencionará o 50% dos custos tanto internos (relativos a persoal actual e novas contratacións) como externos, nos que se inclúen por exemplo: servizos de asesoramento e apoio en materia de innovación, adquisición de licenzas de propiedade industrial ou equipamento e material instrumental, a incorporación temporal de expertos, os custos derivados da obtención e defensa de patentes, entre outros.
Como aspectos salientables a ter en conta antes da solicitude:
As actividades terán que ser clasificadas en dúas categorías “actividades de innovación” ou “innovación en procesos e organización”.
Non se poderán presentar entidades que foran beneficiarias en anos anteriores.
Non se poderán presentar entidades que teñan como único CNAE os seguintes: 61: Telecomunicacións; 62: Programación, consultaría e outras actividades relacionadas coa informática; e 63: Servizos de información.
MAIS INFORMACIÓN
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes dende a publicación da convocatoria no DOG, e a súa tramitación será exclusivamente de xeito electrónico a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (procedemento IN848D).
A sexta edición do programa Principia incentiva a contratación de máis de 100 mozas e mozos para desenvolver proxectos de investigación e innovación en empresas e centros de coñecemento
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, realizou hoxe unha presentación da sexta edición do programa Principia a empresas e organismos de investigación interesados na contratación de profesionais mozos con perfís orientados á realización de actividades de I+D+i, co fin de favorecer a súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente cualificado. Con estas axudas, preténdese incorporar a máis de 100 mozos e mozas en empresas e organismos públicos de investigación, a fin de atraer e reter talento no ecosistema galego.
A cartografía de risco da covid-19 desenvolvida pola Universidade de Santiago co apoio da Xunta permite analizar a incidencia territorial da pandemia e a súa evolución coa chegada da vacina
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou hoxe as instalacións do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega), dependente da Universidade de Santiago de Compostela (USC), para coñecer de primeira man os progresos do proxecto de creación dunha cartografía de risco da covid-19 nos espazos urbanos e rurais de Galicia.
Este obradoiro ofrece unha visión xeral de Unity, onde aprenderemos os conceptos básicos da programación gráfica e tamén a facer uso das súas funcións e ferramentas máis comúns. O obxectivo final será o de ser capaces de crear unha simulación 3D desde cero incluíndo as interaccións coa contorna.
Elaboración, xestión e xustificación de proxectos europeos de I+D+i. De Horizon 2020 a Horizon Europe.
O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN) dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network pon en marcha o próximo 4 de maio o programa formativo on-line: ELABORACIÓN, XESTIÓN E XUSTIFICACIÓN DE PROXECTOS EUROPEOS DE I+D+I. DE HORIZON 2020 A HORIZON EUROPE.
Pílula ''Como crear unha unidade de Vixilancia Tecnolóxica e non perderse no intento''
Esta pílula será a primeira de cinco accións adicadas á Vixilancia Tecnolóxica que o CIS Tecnoloxía e Deseño organizará no 2021 no marco da súa experiencia en actividades e proxectos relacionados coa xestión e implantación de Vixilancia Tecnolóxica en empresas e entidades de Galicia.
Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.