Ver a versión en liña

ENCONTROS DE TRANSFERENCIA E INNOVACIÓN

No marco do ''Programa Ignicia - Transferencia de coñecemento'', a Axencia Galega de Innovación (GAIN) organiza os Encontros de Transferencia e Innovación, un foro para o debate e a identificación de oportunidades de colaboración para a procura de solucións innovadoras ante os desafíos que afronta a sociedade e a economía galegas.

Os centros de coñecemento do Sistema Galego de I+D+i teñen capacidades científico-tecnolóxicas con potencial para dar resposta aos retos cada vez máis complexos que ten que afrontar o tecido empresarial.  Para converter en valor económico ese potencial, a través de solucións innovadoras comercializadas ou incorporadas polas empresas, é preciso desenvolver procesos de transferencia. Para logralo, é clave a adopción dun papel tractor por parte do tecido empresarial, dando a coñecer aos axentes de coñecemento os desafíos concretos a os que se enfrontan.

Os Encontros de Transferencia e Innovación, que forman parte das actividades do Programa IGNICIA Transferencia de Coñecemento, buscan propiciar esta aproximación como primeiro paso para activar procesos de valorización e transferencia que poidan culminar con éxito. 

Partindo dunha contextualización do impacto do retos abordados en cada sesión, presentaranse as capacidades dos axentes de coñecemento; casos de éxito de solución as necesidades de I+D+i de empresas líderes e debaterase sobre as demandas de desenvolvemento de solucións innovadoras e das oportunidades para a colaboración entre os axentes do Sistema Galego de I+D+i. O obxectivo final de estos encontros é servir de punto de partida para a definición de proxectos colaborativos orientados a xerar solucións aos retos identificados.

CALENDARIO E TEMÁTICAS

Clima e Economía do Carbono

30 de abril: O reto climático para o sector loxístico

16 de xuño: O reto climático para o sector agroalimentario

Economía Circular e Materiais

19 de maio: O reto circular e o sector textil

7 de xullo: O reto circular e o sector da construcción

 

MAIS INFORMACIÓN

Se queres máis información , visita a web da GAIN para estes encontros.

 

Manifestacións de interese

No marco dos fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias e manifestacións de interese que se atopan actualmente abertas.

Novas

Ver todas

21 de Abril de 2021

Xunta apoia ao Grupo Nueva Pescanova na creación dun novo modelo de fábrica 4.0, ao que aplicará a intelixencia artificial para gañar en sostibilidade e eficiencia produtiva

 A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu esta mañá á presentación do proxecto Sea2Table 4.0, que desenvolverá o Grupo Nueva Pescanova, xunto co Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións, Gradiant, e a spin off da Universidade de Vigo, ASM Soft, no marco da cuarta edición do programa Fábrica Intelixente e Sostible.

Ler máis

Eventos

Ver todos
26
Abril

OBRADOIRO DE INICIACIÓN A UNITY

Este obradoiro ofrece unha visión xeral de Unity, onde aprenderemos os conceptos básicos da programación gráfica e tamén a facer uso das súas funcións e ferramentas máis comúns. O obxectivo final será o de ser capaces de crear unha simulación 3D desde cero incluíndo as interaccións coa contorna.

Ler máis
29
Abril

Webinar sobre deducións e bonificacións fiscais á I+D+i

O obxectivo da xornada é dar a coñecer as deducións e bonificacións fiscais á I+D+i, coñeceremos de maneira clara e aplicada os diferentes instrumentos e opcións dispoñibles, así como experiencias reais de pemes galegas que aplican a este tipo de incentivos.

Ler máis
04
Maio

Elaboración, xestión e xustificación de proxectos europeos de I+D+i. De Horizon 2020 a Horizon Europe.

O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN) dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network pon en marcha o próximo 4 de maio o programa formativo on-line: ELABORACIÓN, XESTIÓN E XUSTIFICACIÓN DE PROXECTOS EUROPEOS DE I+D+I. DE HORIZON 2020 A HORIZON EUROPE.

Ler máis
06
Maio

Pílula ''Como crear unha unidade de Vixilancia Tecnolóxica e non perderse no intento''

Esta pílula será a primeira de cinco accións adicadas á Vixilancia Tecnolóxica que o CIS Tecnoloxía e Deseño organizará no 2021 no marco da súa experiencia en actividades e proxectos relacionados coa xestión e implantación de Vixilancia Tecnolóxica en empresas e entidades de Galicia.

Ler máis
Logo_RIS3

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.