Ver a versión en liña

Manifestación de Interese para a captación de centros de I+D empresariais

Hoxe no Consello da Xunta presentouse a apertura dunha consulta pública para coñecer o interés do sector productivo en crear novos centros de I+D empresariais en Galicia, no marco do proceso de elaboración de la Estratexia de Especialización Inteligente de Galicia (RIS3 Galicia) para o período 2021-2027 e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Dende a Xunta de Galicia queremos seguir profundizando nun modelo económico basado no coñecemento, máis resiliente, e promovendo sectores altamente tecnolóxicos e especializados, e ayudando a los sectores más maduros a evolucionar hacia una economía más innovadora. As actividades de investigación e desenvolvemento (I+D) non son unha excepción a este continuo proceso de reorganización, innovación aberta e dispersión xeográfica.

En liña coa tendencia global que se está a dar de relocalización da industria, a raíz da covid-19, as actividades de I+D non son unha excepción a este proceso de cambio. Numerosas empresas están a decicir sobre a localización dos seus centros de investigación e desenvolvemento do seus centros técnicos e Galicia é unha rexión atractiva cun ecosistema de I+D+i consolidado.

Por iso queremos facer unha chamada activa aos sectores produtivos para que nos trasladen as súas propostas de nova implantación de centros de I+D en Galicia.

REQUISITOS MÍNIMOS DA MDI

Orzamento

Creación de emprego

Sectores

Mínimo 10 millóns de €

Mínimo 30 postos de traballo de I+D

Calquera, aberto a todas as tecnoloxías

Unha vez analizadas as propostas recibidas, dende a Axencia Galega de Innovación avaliaremos posibles incentivos para apoiar estas novas implantacións. Unha vez mais, a colaboración publico-privada permitirá deseñar conxuntamente os instrumentos que nos axuden a impulsar a reactivación económica.

MAIS INFORMACIÓN

O prazo está aberto ata o 31 maio de 2021.

Tes mais información interesante neste enlace.

Manifestacións de interese

No marco dos fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias e manifestacións de interese que se atopan actualmente abertas.

Convocatorias de I+D+i

Novas

Ver todas

23 de Abril de 2021

Conde destaca a confianza de Benteler en Galicia ao investir 9M€ nas plantas de Vigo e Mos para desenvolver o seu modelo piloto de Fábrica 4.0

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou hoxe a confianza de Benteler en Galicia ao investir 9 millóns de euros nas súas plantas de Vigo e Mos para desenvolver o seu modelo piloto de fábrica intelixente, o que contribúe ao liderado da industria galega da automoción.

Ler máis

23 de Abril de 2021

Galicia lidera a compra pública innovadora en España con proxectos en execución por importe de 250M€ na última década

 A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá nunha mesa redonda no marco da presentación do Living Lab de Compra Pública de Innovación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Esta iniciativa constitúe un laboratorio de ideas para fomentar o uso da Compra Pública de Innovación (CPI) como instrumento para transferir os resultados da ciencia e dar resposta ás necesidades e retos do sector público en beneficio da sociedade.

Ler máis

Eventos

Ver todos
04
Maio

Elaboración, xestión e xustificación de proxectos europeos de I+D+i. De Horizon 2020 a Horizon Europe.

O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN) dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network pon en marcha o próximo 4 de maio o programa formativo on-line: ELABORACIÓN, XESTIÓN E XUSTIFICACIÓN DE PROXECTOS EUROPEOS DE I+D+I. DE HORIZON 2020 A HORIZON EUROPE.

Ler máis
06
Maio

Pílula ''Como crear unha unidade de Vixilancia Tecnolóxica e non perderse no intento''

Esta pílula será a primeira de cinco accións adicadas á Vixilancia Tecnolóxica que o CIS Tecnoloxía e Deseño organizará no 2021 no marco da súa experiencia en actividades e proxectos relacionados coa xestión e implantación de Vixilancia Tecnolóxica en empresas e entidades de Galicia.

Ler máis
11
Maio

Tech-Brokerage Norte de Portugal-Galicia

No marco da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal, a Axencia Nacional de Innovación de Portugal (ANI) está a organizar un evento de brokerage tecnolóxico co obxectivo de promover o encontro entre a oferta e demanda de capacidades e ideas para impulsar novos proxectos de I+D+i en colaboracion, nas áreas de especialización das rexións de Galicia e de Norte.

Ler máis
Logo_RIS3

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.