Ver a versión en liña

Workshop Materiais Innovadores: valorización de residuos orgánicos non vexetais

A Axencia Galega de Innovación celebra o próximo 20 de maio o primeiro workshop online deste ano sobre materiais innovadores para contribuír á competitividade empresarial a través do deseño.

Neste workshop  presentaranse as aplicacións e oportunidades de futuro ligadas a este tipo de materiais orgánicos non vexetais, moi apreciados polas súas cualidades de textura superficial e protección contra a humidade e as variacións térmicas. 

Aplicacións no contract

Durante o encontro, explorarase a relación dos materiais orgánicos non vexetais co sector contract e as súas diferentes aplicacións para a obtención de texturas e acabados superficiais de alta calidade e valor comercial. Os encargados de expoñelas serán os promotores de Workshop Contract –laboratorio de materiais innovadores para o sector contract impulsado por varias empresas do sector– e do Material Innovation Hub (MIH) –unha iniciativa promovida polas empresas Ydemaker e Tattoo para o intercambio de coñecemento sobre novos materiais–.

Valorización para a industria

Por outra banda, representantes do CTAG, CETIM e ANFACO-CECOPESCA presentarán proxectos nos que estes materiais toman protagonismo como recursos de interese , a obtención de biopolímeros a partir da lactosa e a revalorización de residuos da pesca.

Selección internacional

Na última parte do workshop, expoñerase unha selección internacional de materiais con base orgánica non vexetal a cargo de Materially.

 

PROGRAMA E FORMULARIO

Podes consultar o programa e inscribirte nesta ligazón.

 

Manifestacións de interese

No marco dos fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias e manifestacións de interese que se atopan actualmente abertas.

Convocatorias de I+D+i

Novas

Ver todas

05 de Maio de 2021

Conde subliña que Mestrelab está a contribuír a que Galicia sexa pioneira na dixitalización dos laboratorios de investigación

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe que Mestrelab está contribuíndo a que Galicia sexa pioneira e unha referencia a nivel internacional na dixitalización dos laboratorios de I+D na industria farmacéutica, biotecnolóxica ou química.

Ler máis

05 de Maio de 2021

Os Premios Nacionais de Mobilidade recoñecen a contribución da Business Factory Auto á competitividade da industria da automoción en Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, recolleu hoxe o premio que a Plataforma de Empresas pola Mobilidade Sustentable lle outorgou á Business Factory Auto (BFAuto). Segundo dixo, é un recoñecemento a todo canto esta aceleradora está contribuíndo á competitividade do sector galego da automoción.

Ler máis

04 de Maio de 2021

As entidades galegas que participaron no programa europeo H2020 captaron máis de 168 M€ entre 2014 e 2020, un 93% máis que no anterior programa marco

 A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, realizou unha visita esta mañá á empresa TripleAlpha, beneficiaria dunha axuda da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, para preparar unha proposta de calidade dirixida ao programa marco Horizon 2020 (H2020), da Unión Europea. Neste contexto, Patricia Argerey fixo un balance da participación galega no programa europeo de I+D+i no período 2014-2020, constatando que as entidades galegas conseguiron un retorno de máis de 168M€, o que supón un 93% máis respecto do anterior programa marco.

Ler máis

01 de Maio de 2021

Aberta a manifestación de interese da Xunta para a implantación de novos centros de I+D empresarial en Galicia

A Xunta de Galicia informa de que xa está aberto o prazo de presentación para a nova manifestación de interese coa que se busca estudar a localización e implantación de novos centros de I+D empresarial en Galicia. Preténdese así seguir afondando nun modelo económico baseado no coñecemento, máis resiliente e que promova sectores altamente tecnolóxicos e especializados.

Ler máis

30 de Abril de 2021

A Xunta comeza unha nova iniciativa para promover encontros de transferencia e innovación entre empresas e centros de coñecemento galegos

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), arrincou hoxe o primeiro ciclo de Encontros de Transferencia e Innovación que reuniu na súa xornada inaugural a empresas do ámbito loxístico e centros de coñecemento para afondar de xeito específico no reto climático para ese sector en concreto. Esta nova iniciativa forma parte do programa Ignicia, que agrupa as distintas actuacións de Gain para promover a transferencia de resultados da investigación xerada nos centros de coñecemento galegos cara o tecido produtivo, e contribuír así á rendibilidade económica e social do investimento en ciencia.

Ler máis

29 de Abril de 2021

A Xunta abre unha manifestación de interese que impulsará a implantación de novos centros de I+D+i en Galicia no marco da reconstrución

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe da apertura ata o 31 de maio dunha manifestación de interese que impulsará a localización de novos centros de I+D+i en Galicia no marco da reconstrución económica post-pandemia.

Ler máis

Eventos

Ver todos
11
Maio

Tech-Brokerage Norte de Portugal-Galicia

No marco da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal, a Axencia Nacional de Innovación de Portugal (ANI) está a organizar un evento de brokerage tecnolóxico co obxectivo de promover o encontro entre a oferta e demanda de capacidades e ideas para impulsar novos proxectos de I+D+i en colaboracion, nas áreas de especialización das rexións de Galicia e de Norte.

Ler máis
Logo_RIS3

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.