Ver a versión en liña

A AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN PRESENTA O SEU PROGRAMA DE IMPULSO Á INNOVACIÓN NAS PEMES

A competitividade do noso tecido produtivo pasa necesariamente pola innovación, como un xeito de facer as cousas de maneira diferente e respostar así as necesidades dos clientes. Innovación é poñer no mercado novos produtos e servizos, pero tamén implantar procesos mellorados ou abrir diferentes canles de venda e chegar a novos clientes. Hoxe a tecnoloxía é un instrumento necesario, pero non é un único preciso para facer innovación.

Nun contexto de transformación como o actual as pemes tamén teñen unha oportunidade para innovar, e contan con vantaxes fronte a outras empresas como a súa capacidade para tomar decisións rápidas, a súa flexibilidade ou a adaptación aos cambios

Segundo a enquisa do INE sobre innovación, en Galicia un 20,40% das empresas son innovadoras, un dato moi similar a media estatal (20,8%). Tendo en conta a alta tasa de pemes do noso tecido empresarial, a capacidade de innovación do noso ecosistema baséase no incremento do número de pemes innovadoras.

Para favorecer que as pemes medren coa innovación como elemento clave da súa proposta de valor, a Axencia Galega de Innovación vai poñer en marcha un PROGRAMA DE IMPULSO Á INNOVACIÓN NAS PEMES GALEGAS, co obxectivo de contribuír a crear unha maior cultura de innovación e lograr a súa integración no ecosistema de I+D+i de maneira efectiva.

O vindeiro 31 de maio, a Axencia Galega de Innovación presentará, nun acto retransmitido vía streaming, a proposta de accións para apoiar a transformación do tecido produtivo baseadas en tres alicerces fundamentais:

  • Facilitar o acceso á información sobre as actividades de innovación, os instrumentos de apoio e os axentes do ecosistema de I+D+i.
  • Xerar ferramentas de mellora continua nas pemes favorecendo a innovación a tódolos niveis empresariais, é dicir, apoiar tódolos aspectos relacionados coas persoas, a tecnoloxía, a comercialización e os procesos.
  • Construír unha rede de apoios á innovación máis próxima territorialmente e baseada na colaboración entre axentes, especialmente co apoio de entidades locais e empresas tractoras.
MAIS INFORMACIÓN

Tes mais información deste evento no seguinte enlace.

Manifestacións de interese

No marco dos fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias e manifestacións de interese que se atopan actualmente abertas.

Convocatorias de I+D+i

Novas

Ver todas

18 de Maio de 2021

A Xunta aprobará no Consello no vindeiro xoves o Plan Estratéxico do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, adiantou hoxe que o Consello da Xunta do vindeiro xoves aprobará o Plan estratéxico do Polo Aeroespacial de Galicia para os vindeiros cinco anos. Segundo dixo, será a folla de ruta a seguir para atraer investimentos e consolidar o ecosistema de innovación e de empresas que Galicia xa leva forxado en torno a este sector.

Ler máis

17 de Maio de 2021

A Xunta difunde as oportunidades que representan os materiais innovadores para a industria galega

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de innovación (Gain), dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, organiza o vindeiro 20 de maio o primeiro workshop do ano sobre materiais innovadores con capacidade para contribuír á competitividade empresarial a través do deseño.

Ler máis

16 de Maio de 2021

O martes remata o prazo de solicitude da cuarta convocatoria do programa Talento Sénior da Xunta

O vindeiro martes, 18 de maio, pechará o prazo para solicitar as axudas da cuarta convocatoria do programa Talento Sénior impulsado pola Axencia Galega de Innovación (Gain), dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia. Trátase dunha iniciativa coa que a Administración autonómica fomenta o emprego cualificado baixo a premisa de que o capital humano é o factor diferencial máis importante á hora de determinar o desempeño innovador das empresas e entidades.

Ler máis

12 de Maio de 2021

A Xunta reivindica a Unidade Mixta de Investigación na que colabora coa UDC e Navantia como unha ferramenta fundamental para a modernización do tecido industrial de Ferrolterra

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá nunha xornada de difusión da Unidade Mixta de Investigación (UMI) da Universidade da Coruña (UDC) e Navantia baixo o título de ''O Estaleiro do Futuro'', que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, onde tivo a oportunidade de coñecer os avances dos proxectos de investigación desenvolvidos no marco desta iniciativa.

Ler máis

Eventos

Ver todos
27
Maio

Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Advanced Grants 2021

Oportunius ofrece, entre outras actuacións, asesoramento na preparación e revisión de propostas, así como orientación na redacción e presentación das candidaturas, servizos dispoñibles a través da web de GAIN. Ademais, organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas.

Ler máis
01
Xuño

Obradoiro de Realidade Aumentada con Unity e Vuforia

A Realidade Aumentada está a gañar posicións dentro da industria como unha ferramenta fundamental para levar a cabo labores de formación e mantemento de equipos. Existen diferentes posibilidades de implantación, pero Vuforia posiciónase como o referente dentro das librerías de realidade aumentada e neste obradoiro aprenderemos a utilizala e a crear con ela as nosas propias aplicacións.

Ler máis
03
Xuño

Vixilancia e Intelixencia nun ámbito transformador: fabricación avanzada

O CIS Tecnoloxía e Deseño promove en 2021 un ciclo formativo, composto por 5 actividades, dirixidas especificamente a incrementar o coñecemento das empresas. A segunda actividade consistirá nun taller en liña sobre Vixilancia Tecnolóxica e Intelixencia Competitiva nun ámbito transformador clave en Galicia como é a fabricación avanzada.

Ler máis
Logo_RIS3

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.