Ver a versión en liña

Ciclo de xornadas: Os novos programas europeos de apoio á innovación

Queres coñecer as novas convocatorias de axudas europeas á innovación? Tes proxectos de I+D+i entre mans? Queres coñecer o novo programa Horizonte Europa e outros programas europeos?

Por que non te podes perder este ciclo?

A Axencia Galega de Innovación está a organizar un ciclo de oito xornadas,  sobre os diferentes programas europeos de apoio á innovación, que terán lugar durante o os vindeiros meses.

  • Presentaremos os novos programas/instrumentos impulsados pola Comisión Europea para promover a Innovación para o período 2021-2027.
  • Descubriremos, da man de expertos na materia, as oportunidades que Europa nos ofrece para os próximos anos.
  • Traballaremos xuntos para acadar unha maior  presencia nas convocatorias lanzadas recentemente pola Comisión Europea.
QUE XORNADAS TEMOS PREVISTAS?

Estas son as xornadas que temos planificadas para este ciclo. Toma nota!

  • Os partenariados europeos en Horizonte Europa.
  • Instrumento Invest EU.
  • Implicacións éticas e sociais da innovación en tecnoloxías emerxentes.
  • Pemes en Horizonte Europa: oportunidades de financiamento en cascada.
  • A participación dos cidadáns no deseño e monitorizacion de políticas de I+D+i.
  • Convocatorias  do EIT Manufacturing.
  • Oportunidades de internacionalización das empresas a través da CPI.
  • O mecanismo Plug-in do EIC-Accelerator.
DÓNDE ATOPO MAIS INFORMACIÓN?

Durante os próximos días, recibirás máis información sobre os programas, as datas de celebración e como podes inscribirte.

Esperamos contar contigo!

Manifestacións de interese

No marco dos fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias e manifestacións de interese que se atopan actualmente abertas.

Convocatorias de I+D+i

Novas

Ver todas

26 de Maio de 2021

Galicia, unha das comunidades españolas que en 2019 logrou superar os niveis de investimento en I+D previos á crise

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asistiu esta mañá en Madrid á presentación do Anuario 2021 da Fundación Cotec, un evento que este ano se centrou no labor dos profesionais da innovación que durante os últimos meses puxeron o seu talento ao servicio da loita contra o coronavirus.

Ler máis

22 de Maio de 2021

A Xunta abre o prazo de presentación de solicitudes para a III edición do Premio Empregado Público Innovador co obxectivo de ofrecer unha Administración pública máis eficiente e moderna

 O Goberno galego abre o prazo para a terceira edición dos Premios aos Empregados Públicos Innovadores, que buscan recoñecer a actitude innovadora do persoal ao servizo da Xunta de Galicia que fai posible unha Administración pública máis eficiente e moderna. Establécense agora dous meses para a recepción das solicitudes e poderá presentarse todo o persoal funcionario e laboral pertencente á Administración xeral da Comunidade autónoma, ás entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e ás universidades públicas galegas.

Ler máis

20 de Maio de 2021

Feijóo destaca o Polo Aeroespacial como sector clave para a recuperación, cunha folla de ruta baseada no desenvolvemento industrial, a transferencia de coñecemento e a creación de emprego

 O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o Polo aeroespacial como un sector clave para a recuperación, cunha folla de ruta para o período 2021-2025 baseada no desenvolvemento industrial; no fomento das capacidades tecnolóxicas e innovadoras, a través da xeración e transferencia de coñecemento ao mercado; e na creación de emprego de calidade, podendo acadar ata os 3.000 postos de traballo.

Ler máis

Eventos

Ver todos
31
Maio

Programa de impulso á innovación nas pemes

O obxectivo deste evento é dar a coñecer as actuacións a desenvolver por Gain para fomentar a innovación das pemes e facilitar a cooperación dentro do ecosistema da I+D+i de Galicia.

Ler máis
01
Xuño

Obradoiro de Realidade Aumentada con Unity e Vuforia

A Realidade Aumentada está a gañar posicións dentro da industria como unha ferramenta fundamental para levar a cabo labores de formación e mantemento de equipos. Existen diferentes posibilidades de implantación, pero Vuforia posiciónase como o referente dentro das librerías de realidade aumentada e neste obradoiro aprenderemos a utilizala e a crear con ela as nosas propias aplicacións.

Ler máis
03
Xuño

Vixilancia e Intelixencia nun ámbito transformador: fabricación avanzada

O CIS Tecnoloxía e Deseño promove en 2021 un ciclo formativo, composto por 5 actividades, dirixidas especificamente a incrementar o coñecemento das empresas. A segunda actividade consistirá nun taller en liña sobre Vixilancia Tecnolóxica e Intelixencia Competitiva nun ámbito transformador clave en Galicia como é a fabricación avanzada.

Ler máis
04
Xuño

A Biotecnoloxía en Galicia, do impulso á consolidación

Presentarase a Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía de Galicia 2021-2025, folla de ruta que vertebrará as accións de consolidación do sector biotecnolóxico e contaremos coa participación de distintos axentes do ecosistema para que acheguen as súas experiencias de como consolidar a biotecnoloxía en Galicia.

Ler máis
Logo_RIS3

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.