Ver a versión en liña

Programa de Impulso á Innovación nas Pemes

A Axencia Galega de Innovación presentou o pasado 31 de maio o Programa de Impulso á Innovación nas Pemes. Dotado cun orzamento de 12M€, o seu obxectivo é axudar ás pequenas e medianas empresas, así como a microempresas, a investir en innovación.

OBXECTIVOS

Este novo Programa ten como obxectivo promover que a innovación sexa a esencia da competitividade das pemes galegas, e contribuir a superar os obstáculos para innovar das pemes que son a meirande parte do tecido empresarial galego.

EIXOS DO PROGRAMA
  1.  Servizos cercanos e personalizados ás pemes: Os camiños da innovación. Recorreremos todas as comarcas galegas, a través dunha ruta con 18 paradas nas zonas non urbanas, onde realizaremos asesoramentos personalizados ás pemes e organizaremos eventos de difusión cun alcance a máis de 900 microempresas e pemes.
  2. Impulso das redes locais de innovación a través da colaboración cos axentes locais realizaremos 36 xornadas comarcais, e promoveremos 10 foros de innovación con empresas tractoras nos que participarán 100 pemes.
  3. Difusión e capacitación. Imos crear contenido de formación específico  en materia de innovación para las pymes, e tamén un boletín mensual sobre conceptos prácticos da innovación que chegue a 2400 empresas.
  4. Reforzo dos instrumentos de apoio a actividade innovadora con novos programas a partir de 2022 por valor de 3 millóns de euros focalizados na innovación como ferramenta de innovación e unha aceleradora de comercialización e internacionalización da innovación.
  5. Creación do observatorio de innovación para a coñecer as necesidades das pemes, adiantarnos e adaptar os nosos apoios e programas. Ademais, crearemos un mapa de axentes para apoiar a colaboración na innovación.
MAIS INFORMACIÓN

Podes consultar a presentación do Programa neste enlace.

Manifestacións de interese

No marco dos fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias e manifestacións de interese que se atopan actualmente abertas.

Convocatorias de I+D+i

Novas

Ver todas

31 de Maio de 2021

Galicia destina 12M€ a unha iniciativa para axudar a 15.000 pemes e microempresas a investir en innovación

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Lalín na presentación do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes ao que a Xunta destina 12M€ co obxectivo de beneficiar a 15.000 pequenas e medianas empresas, así como a microempresas.

Ler máis

30 de Maio de 2021

Xunta e Bioga colaborarán no desenvolvemento de iniciativas en Galicia que axuden na captación de novas empresas biotecnolóxicas

A Xunta de Galicia vén de aprobar o desenvolvemento dun convenio de colaboración co Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) para levar a cabo novas actuacións que permitan consolidar o papel do sector biotecnolóxico galego a nivel empresarial. Neste sentido, están dando forma á nova Estratexia de impulso da biotecnoloxía 2021-2025 –que se presentará a semana que vén–, contribuíndo deste xeito a posicionar Galicia neste ámbito.

Ler máis

Eventos

Ver todos
04
Xuño

A Biotecnoloxía en Galicia, do impulso á consolidación

Presentarase a Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía de Galicia 2021-2025, folla de ruta que vertebrará as accións de consolidación do sector biotecnolóxico e contaremos coa participación de distintos axentes do ecosistema para que acheguen as súas experiencias de como consolidar a biotecnoloxía en Galicia.

Ler máis
14
Xuño

Taller de Realidade Aumentada con Unity e Google Cardboard

Cando falamos de Realidade Virtual véñennos á mente complexos e custosos equipos como lentes ou sistemas de posicionamento que teremos que adquirir para disfrutala. Neste taller aprenderemos que cunhas simples lentes de cartón ideadas por Google e o noso smartphone, poderemos disfrutar das nosas propias simulacións de Realidade Virtual cun investimento mínimo.

Ler máis
17
Xuño

Presentación dos programas MSCA doctoral networks e Postdoctoral fellowships

As Accións Marie Skłodowska-Curie (MSCA) fomentan a mobilidade internacional e intersectorial en universidades, centros de investigación, infraestructuras de investigación, empresas, PEMEs e outros grupos socioeconómicos.

Ler máis
Logo_RIS3

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.