Ver a versión en liña

Programa Conecta Covid

O Consello da Xunta de Galicia, vén de aprobar esta mañá o Programa Conecta Covid, cuxo obxectivo é seguir apoiando a investigación e a innovación en produto relacionados coa Covid-19, así como apoiar a transición dixital do tecido empresarial galego. A I+D+i é unha panca fundamental para impulsar unha recuperación sostible e inclusiva aproveitando as oportunidades da transición dixital pero tamén afrontando os desafíos vinculados á transición verde e a innovación responsable.

CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA

Conecta Covid, ten un orzamento de 4M€ e conta con dúas liñas:

  • Liña de apoio destinada a proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental relacionado coa Covid-19.
  • Liña de apoio a proxectos de innovación en produto, vinculada tamén a esta enfermidade.
CARACTERÍSTICAS DOS PROXECTOS

 

Individuais ou a través de agrupacións (2-6 entidades). Tamén poden sumarse organismos de investigación.

 

 

Orzamento dos proxectos: entre 150.000€ e 1M€.

 

 

A intensidade da axuda, que depende da liña e do tamaño de empresa, pode chegar ao 80% no caso das pemes. Poderá chegar ata o 100% no caso dos organismos de investigación.

 

Teñen que estar orientados cara a investigación sobre vacinas, medicamentos e tratamentos, produtos sanitarios e equipos hospitalarios e médicos, desinfectantes e roupa ou equipos de protección, innovacións de procesos para unha produción eficiente dos produtos necesario.

 

Tamén será tida en conta a contribución dos proxectos a outros ámbitos estratéxicos como á transición verde da economía galega, así como a integración dun enfoque da I+D+i ‚‘‘con‘‘ e ‘‘para‘‘ as persoas, no marco da Innovación Responsable, en liña cos Obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS).

 

Deberán contribuír ao apoio das pemes galegas e á sua transición dixital, ademáis de estar orientados ao mercado e á mellora da competitividade.

Os Hubs galegos de innovación dixital, DIHGIGAL e DATAlife, participan na xestión desta convocatoria como entidades colaboradoras e terán que emitir un informe de idoneidade do proxecto. Non é preciso ser membro dos Hubs para solicitar estas axudas.

 

É necesario que estean aliñados coa Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia.

 

Esta iniciativa publicarase no DOG nos vindeiros días. 

Programa cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID19

Manifestacións de interese

No marco dos fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias e manifestacións de interese que se atopan actualmente abertas.

Convocatorias de I+D+i

Novas

Ver todas

08 de Xuño de 2021

A Xunta destaca o potencial de Unvex 2021 como escaparate para mostrar as capacidades da industria aeroespacial galega

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asistiu esta mañá ao acto de presentación da sexta edición de Unvex, a maior feira de drons que se celebra en España. A iniciativa levarase a cabo do 7 ao 9 de xullo na Cidade da Cultura co obxectivo de reunir aos profesionais do sector para abordar o crecemento da industria e analizar os principais desafíos para os próximos anos, poñendo especial atención no uso dos vehículos non tripulados nos servizos públicos que presta a Administración.

Ler máis

07 de Xuño de 2021

O Polo Aeroespacial de Galicia xerou 47 novos proxectos de I+D+i e propiciou a creación dunha comunidade de innovación con capacidades para captar novos proxectos internacionais

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou nun encontro para presentar a Estratexia do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025 a representantes dos máis de 50 axentes (pemes, centros de coñecemento e empresas tractoras) que participaron no período 2015-2020 na iniciativa. Argerey fixo balance dos resultados dos primeiros cinco anos do Polo Aeroespacial galego e puxo de manifesto que son os logros acadados os que avalan a nova folla de ruta deseñada pola Xunta para darlle continuidade.

Ler máis

03 de Xuño de 2021

A Xunta destaca a importancia da colaboración público-privada para desenvolver proxectos como o de Ferroatlántica que permiten mellorar a fabricación de baterías de ion-litio

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asistiu esta mañá por videoconferencia ao acto de presentación do proxecto Eco-Smart Batt que está a desenvolver Ferroatlántica desde a súa sede en Sabón (Arteixo) co obxectivo de mellorar a densidade enerxética, o custo e a sustentabilidade das baterías de ion-litio. A Xunta apoia esta iniciativa con 1,7 millóns de euros no marco do programa Fábrica Intelixente, o que redunda na aposta da Administración autonómica por contribuír, desde a colaboración público-privada, na execución de novos proxectos industriais.

Ler máis

Eventos

Ver todos
14
Xuño

Taller de Realidade Aumentada con Unity e Google Cardboard

Cando falamos de Realidade Virtual véñennos á mente complexos e custosos equipos como lentes ou sistemas de posicionamento que teremos que adquirir para disfrutala. Neste taller aprenderemos que cunhas simples lentes de cartón ideadas por Google e o noso smartphone, poderemos disfrutar das nosas propias simulacións de Realidade Virtual cun investimento mínimo.

Ler máis
15
Xuño

Realidade virtual e avanzada en deseño e fabricación

Máis aló da evidente utilidade das aplicacións de formación por medio de Realidade Virtual ( RV); máis aló de secuencias sinxelas de mantemento virtual de equipos e instalacións por medio de Realidade Aumentada ( RA); coñecida a utilidade dos catálogos de produto con RA, e das feiras e outros certames con avatares virtuais que se impuxeron durante a pandemia, desde o CIS Tecnoloxía e Deseño queremos mostrar que utilidade teñen estas tecnoloxías nos procesos de deseño e fabricación, tanto en o estado actual da tecnoloxía como nun previsible futuro inmediato.

Ler máis
17
Xuño

Presentación dos programas Accións Marie Sklodowska-Curie doctoral networks e Postdoctoral fellowships

O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN) dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network en colaboración coa Fundación para el Conocimiento Madri+d, organiza o próximo 17 de xuño unha xornada informativa en liña: Presentación dos programas MSCA doctoral networks e Postdoctoral fellowships.

Ler máis
18
Xuño

Digital innovation Hubs (DIH) e servizos da Enterprise Europe Network

A GAIN en colaboración co resto de socios do consorcio Galactea-Plus da Enterprise Europe Network organiza o próximo 18 de xuño unha xornada telemática na que se van a presentar as actividades que xa están realizando os Digital Innovation Hubs do noroeste de España (Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia) e a Enterprise Europe Network. O obxectivo é conseguir que as empresas se poidan beneficiar dos servizos que ambas redes lles ofrecen.

Ler máis
18
Xuño

Workshop online Materiais para a captación de enerxía

A Materioteca de Galicia continúa a súa programación de workshops o vindeiro 18 de xuño centrándose nos materiais para a captación de enerxía. Representantes dunha empresa e de tres centros de coñecemento galegos presentarán as súas innovacións neste campo durante o evento online o organizado pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN).

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.