Ver a versión en liña

O NOVO PROGRAMA DIFERENZA MARCA AS LIÑAS ESTRATÉXICAS ATA 2024 PARA BUSCAR SOLUCIÓNS INNOVADORAS MEDIANTE O DESEÑO

O Consello da Xunta deu luz verde na súa reunión desta mañá á estratexia para reforzar a aposta de Galicia polo deseño como unha ferramenta de competitividade empresarial e de mellora da calidade de vida das persoas. Este compromiso materialízase coa posta en marcha do novo Programa de Deseño para a Innovación e Sustentabilidade 2024 (DIFERENZA), que entre outras iniciativas engloba a primeira liña de axudas específica para impulsar o deseño nas pemes e a segunda convocatoria dos Premios Galicia de Innovación e Deseño.

O novo programa e estas iniciativas serán presentados durante o Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial, que se celebra o martes 29 de xuño no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol). A inscrición pode formalizarse aquí

O Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 (DIFERENZA) recolle e amplía a aposta que a Xunta de Galicia iniciou en 2018 co Programa de Deseño para a Innovación 2020. 

Iníciase así unha estratexia a catro anos para a busca de solucións innovadoras aos problemas actuais a través do deseño e que, á súa vez, poña en valor o carácter diferencial de Galicia.

As dúas iniciativas coas que se activa o novo programa son:

  • Axudas Deseña Peme. Convócanse, mediante a súa publicación o 2 de xullo no Diario Oficial de Galicia (DOG), as primeiras axudas para que as microempresas e pemes galegas poidan mellorar a súa capacidade de innovación e sustentabilidade a través da xestión do deseño estratéxico.  Serán apoiados uns 50 proxectos a través dun investimento de 1,5 M€, con axudas que irán dos 5.000 aos 100.000  €.
  • Premios Galicia Innovación e Deseño. Convocarase no mes de xullo a súa segunda edición destes galardóns con: 
    • tres categorías na sección de innovación: traxectoria innovadora, gran empresa e peme
    • tres categorías no apartado do deseño: profesionais, empresas e deseñadores/as mozos/as.

Agás as modalidades gran empresa e empresa, que son honoríficas, o resto contarán cunha dotación económica de 15.000 € cada un.

Convocatorias de I+D+i

Novas

Ver todas

23 de Xuño de 2021

A Xunta e Dihgigal avalían o desenvolvemento deste hub galego de innovación dixital

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde unha reunión co Hub de innovación dixital DIHGIGAL co obxectivo de avanzar no desenvolvemento desta iniciativa articulada ao redor de catro cadeas de valor, como son Ceaga (automoción), Aclunaga (naval), Clusaga (industria alimentaria) e Cluster TIC Galicia.

Ler máis

17 de Xuño de 2021

Galicia avanza co sector a nivel estatal as principais liñas do Polo Aeroespacial de Galicia para o período 2021-2025

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá nunha mesa redonda sobre novas oportunidades para o desenvolvemento tecnolóxico dos vehículos non tripulados, no marco da xornada UAS en España: Prioridades tecnolóxicas e oportunidades para o seu desenvolvemento, organizada pola Plataforma Tecnológica Aeroespacial Española.

Ler máis

Eventos

Ver todos
28
Xuño

I Encontro universidade-empresa. Innovación e emprendemento: infraestruturas, portos e enerxías renovables mariñas

A GAIN en colaboración co resto de socios do consorcio SHERPA DO MAR organiza un ciclo de encontros Universidade-Empresa para promover a transferencia de coñecimento e o networking entre a comunidade investigadora e o mundo empresarial do ámbito mariño-marítimo.

Ler máis
29
Xuño

IV Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial

A Axencia Galega de innovación (Gain) organiza o vindeiro 29 de xuño a cuarta edición do seu Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial, que volve ao CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) en formato mixto presencial-virtual para conmemorar o Día Mundial do Deseño Industrial.

Ler máis
01
Xullo

1º Foro iberoamericano de clústeres alimentarios

A Axencia Galega de Innovación (Gain), como membro da Enterprise Europe Network (consorcio Galactea-Plus), e o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), en colaboración co Clúster Agroalimentario de Nuevo León (Agroalim, México), o FoodTech Hub (Brasil), a Asociación para la Industria Alimentaria de Castilla y León (Vitartis, España) e o Clúster Agroindustrial de Centro (InovCluster, Portugal), organizan as reunións bilaterais no marco do 1º Foro Iberoamericano de Clústeres Alimentarios.

Ler máis
01
Xullo

Xornada en liña: como presentar un proxecto de éxito ao novo acelerador do EIC?

O próximo día 1 de xullo terá lugar a xornada ''Como presentar un proxecto de éxito ao novo Acelerador do EIC?'', organizada pola GAIN en colaboración co resto de socios do consorcio Galactea-Plus da Enterprise Europe Network e co CDTI.

Ler máis
01
Xullo

Instrumentos de apoio á I+D+i empresarial do CDTI e de GAIN

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) organizan unha xornada de presentación dos instrumentos de apoio á I+D+i empresarial, por parte de ambos organismos, para presentar as principais axudas e novidades.

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.