Ver a versión en liña

A Xunta aproba a licitación para captar 4-8 empresas tractoras que desenvolvan programas de I+D no marco do Polo Aeroespacial 2025

O Consello da Xunta acordou hoxe publicar a licitación para seleccionar as empresas tractoras que desenvolverán programas de I+D durante os próximos cinco anos. Esta é a primeira das 30 actuacións contempladas na nova Estratexia do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025.

OBXECTIVOS
A Xunta destina 40 millóns de euros a esta medida e agarda apoiar ao redor de 80 proxectos de I+D dean resposta á transformación ecolóxica e dixital e ao reto demográfico, impulsando servizos públicos máis innovadores, mellorando a competitividade do tecido produtivo e as capacidades dos centros de investigación, e creando emprego de calidade. Agárdase poder mobilizar fondos adicionais grazas á colaboración público-privada, tanto a través da atracción de fondos europeos como das achegas do sector privado.
As principais compañías do sector amosaron xa o seu interese por formar parte desta actuación e desenvolver a Galicia os seus proxectos estratéxicos.

40M€
orzamento

80
proxectos I+D

captación
4-8
empresas

Estratexia do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025

A planificación estratéxica da Civil UAVs Initiative da continuidade á iniciativa impulsada en 2015 pola Xunta de Galicia para promover o desenvolvemento tecnolóxico de vehículos e sistemas non tripulados. Para o período 2021-2025 xa se comprometeron 70 millóns de euros mediante a colaboración público-privada para impulsar unha iniciativa estratéxica e tractora que constitúe un instrumento clave de transformación económica rexional.

Este investimento estrutúrase en torno a sete programas: I+D, Solucións, Investigación Científica, Infraestruturas, Competitividade, Talento e Vocacións científico-tecnolóxicas.

Balance desde 2015
Desde a súa posta en marcha en 2015, o Polo Aeroespacial de Galicia favoreceu a participación de medio cento de pemes e centros de coñecemento galegos, coa implicación de máis de 900 profesionais traballando nos distintos proxectos. Ademais, desenvolvéronse un total de 655 solucións tecnolóxicas e produtos dos que ao redor de 60 xa están no mercado, como un sistema de detección e seguimento de pragas forestais; outro de xestión do territorio; un sistema automático de mostraxe de augas en encoros; outro de xestión de incendios; e mesmo un para a atención de peregrinos en parada cardio-respiratoria.

Manifestacións de interese

Convocatorias I+D+i

Novas

Ver todas

20 de Xullo de 2021

A Xunta aposta por universalizar a innovación entre o tecido empresarial galego para axudar a que pemes e autónomos gañen en competitividade a través da I+D+i

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá na Cidade da Cultura ao acto de presentación do informe A innovación aberta en Galicia, realizado pola Fundación Cotec, onde se puxo de manifesto a importante trasnformación do sistema galego de innovación nos últimos tempos.
Ler máis

20 de Xullo de 2021

A Xunta apoia a aposta que o Centro Tecnolóxico Cetim está a facer pola economía circular

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro co director do Centro Tecnolóxico Multisectorial (Cetim), Toni Pons, ao que lle trasladou o apoio da Xunta de Galicia na aposta que está a facer pola economía circular no marco dos fondos europeos Next Generation.
Ler máis

19 de Xullo de 2021

A Xunta destaca o papel clave que xogará Tecnópole na unión do tecido empresarial coa I+D+i para contribuir á reactivación económica

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou este mediodía as instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, para dar a benvida ao seu novo director, Javier Taibo.
Ler máis

19 de Xullo de 2021

A Xunta anima ás empresas galegas a solicitar as axudas do programa Conecta Covid para levar a cabo proxectos de I+D relacionados coa covid-19 que impulsen a dixitalización

A Xunta de Galicia presentou esta mañá a nova convocatoria do programa de axudas Conecta Covid, posto en marcha pola Axencia Galega de Innovación (Gain) para seguir avanzando en proxectos de I+D relacionados coa pandemia e apoiar a transición dixital do tecido empresarial galego –especialmente das pemes– para contribuír, deste xeito, á recuperación económica de Galicia.
Ler máis

Eventos

Ver todos
27
Xullo

Presentación da Civil UAVs Initiative 2021-2025 e a licitación para a selección de socios estratéxicos e tecnolóxicos

Xornada de presentación da nova Planificación Estratéxica de la Civil UAVs Initiative (CUI) para el período 2021-2025 e da licitación para la selección de socios estratéxicos e tecnolóxicos que desenvolvan programas conxuntos de I+D durante os próximos cinco anos.

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.