Ver a versión en liña

RIS3, a nova folla de ruta da innovación de Galicia

En Galicia iniciamos nos últimos anos un camiño cara a transformación do noso modelo económico e social, impulsamos un crecemento intensivo en coñecemento baseado nas persoas. Froito dese esforzo, naceu a RIS3 2014-2020, a Estratexia de Especialización Intelixente que agora aborda un novo período participativo do que resultará a Estratexia para o 2021-2027.

A RIS3 continúa a ser o instrumento que nos permite consolidar unha industria forte, modernizar o noso tecido empresarial, crear emprego de calidade e mellorar o benestar dos galegos e galegas. Todo isto, para continuar competindo baixo un modelo centrado no valor engadido e na innovación.

Levamos meses traballando no proceso de co-deseño da Estratexia que permitirá optar aos investimentos de Europa e establecer as prioridades de Galicia en innovación. A través dun proceso participativo con máis de 400 axentes, identificáronse as tendencias, desafíos, oportunidades e nichos de prioridade, sobre os que pivotará a nova estratexia sostible e dixital de especialización intelixente de Galicia. 

Gracias a todos e todas os que estades a participar neste proceso clave para Galicia!.

NOVA WEB

Lanzamos unha nova páxina web da RIS3 Galicia. O obxectivo é facer accesible toda a documentación existente, a experiencia do anterior período, a información de interese para a divulgación da Estratexia de Especialización Intelixente e as últimas novidades informativas así como poñer a disposición dos galegos e galegas unha ferramenta clave de participación activa.
Podes consultar a nova páxina neste enlace.

Se queres coñecer máis sobre a RIS3, podes poñerte en contacto con nós!

Escríbenos!

Convocatorias de I+D+i

Novas

Ver todas

28 de Xullo de 2021

A Xunta e o Consorcio Aeronáutico Galego suman esforzos para captar investimentos e completar as cadeas de valor deste sector en Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, avanzou hoxe que a Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), e o Consorcio Aeronáutico Galego van desenvolver un acordo de colaboración para identificar novas oportunidades de investimento e completar as cadeas de valor deste sector en Galicia.

Ler máis

27 de Xullo de 2021

A Xunta apoia a transformación industrial de Televés cara a Industria 4.0

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá as instalacións de Televés Corporación en Santiago de Compostela para participar no acto de peche e presentación de resultados de Corp4Future, un proxecto que contou co apoio do programa Fábrica Intelixente e Sostible da Xunta de Galicia.

Ler máis

27 de Xullo de 2021

A Xunta pon en marcha a licitación para seleccionar entre catro e oito socios estratéxicos e tecnolóxicos para o Polo Aeroespacial de Galicia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá na sede da Axencia Galega de Innovación (Gain) na presentación do proceso de licitación para a selección de socios estratéxicos e tecnolóxicos do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025, a primeira das 30 actuacións contempladas na nova Estratexia.

Ler máis

Eventos

Ver todos
06
Setembro
Curso online «Formación executiva para investigadores/as posdoutorais»

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.