Ver a versión en liña

BIOSPAIN 2021

Despois dun ano de ausencia por mor da pandemia, volve a feira de referencia do sector biotecnolóxico en Europa. Biospain, celebrarase do 27 de setembro ao 1 de outubro en Navarra, en modalidade virtual e presencial. O sector biotecnolóxico galego, representado polas tres universidades galegas, o Clúster da Saúde de Galicia (CSG), o Cluster das Ciencias da Vida (BIOGA) e a Xunta de Galicia, participa de novo na cita para amosar o noso potencial.

Por que asistir?

Biospain ofrece unha oportunidade única para coñecer as últimas tendencias en investigación, establecer colaboracións, asistir a conferencias de alto nivel e facer networking con expertos de todo o mundo. Unha delegación galega formada polo tecido produtivo, representado polos clústeres Bioga e CSG, as tres universidades galegas e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación e a Axencia para o Coñecemento en Saúde, asiste ao evento co obxectivo de visibilizar o potencial do sector biotecnolóxico galego e contibuír así ao seu posicionamento a nivel internacional.

En concreto, o próximo martes 28 de setembro,  terá lugar o Galicia Bio Event, un encontro que ten como obxectivo promover a colaboración empresarial, visibilizar o ecosistema de innovación biotech galego e presentar o caso de éxito dunha spin-off galega na que vén de entrar no seu capital un fondo de investimento navarro. O evento retransmitirase  on-line para facilitar a interacción co maior número de entidades.

O sector biotecnolóxico galego

Galicia converteuse nunha das principais comunidades españolas no eido da biotecnoloxía combinando unha investigación excelente e desenvolvemento empresarial. 

Gracias á estratexia de impulso ao sector para o período 2016-2020, duplicouse o número de empresas vinculadas a esta industria en Galicia ata acadar as 127 compañías.

Este periodo caracterizouse polo investimento en investigación, trasferencia de coñecemento e creación de novas empresas no ámbito biotecnolóxico. Como resultado, logrouse impulsar unha masa crítica relevante, xestándose como consecuencia a marca de Galicia como biorrexión cun recoñecemento crecente por parte dos seus homólogos nacionais e internacionais.

O sector biotecnolóxico galego é un sector en movemento, dinámico e con visibilidade. Está integrado polas tres universidades, cinco centros de investigación, sete centros tecnolóxicos, tres institutos de investigación biomédica, 127 empresas e un hub de innovación dixital. O volume de negocio do sector é de 412M, 3.960 empregos asociados, 93M de investimento en I+D en biotecnoloxía e 127 compañías.

Estratexia de consolidación do sector

O pasado mes de xullo presentouse a Estratexia de consolidación do sector biotecnolóxico galego para o periodo 2021-2025. O obxectivo desde documento de planificación é seguir vertebrando a todos os axentes da cadea de valor e manter o esforzo conxunto para  contribuír a consolidar a industria da Biotecnoloxía. Entre os fitos para os próximos anos, propuxemos incrementar nun 50% o número de empresas na industria biotecnolóxica galega; crear máis de 500 novos empregos cualificados vinculados ao sector; incrementar a súa facturación ata chegar aos 600 millóns de euros; aumentar o gasto en I+D+i un 45%; incrementar o investimento privado en 30 millóns de euros; e sumar un 20% máis de investigadores.

Enlaces de interese

Podes acceder á web de Biospain2021 dende aquí, e inscribirte no Galicia Bio Event  cumprimentando este formulario.

Convocatorias de I+D+i

A Xunta de Galicia conta cunha páxina web, www.nextgenerationgalicia.gal, na que inclúe información actualizada sobre estes instrumentos financeiros mobilizados pola Unión Europea co obxectivo de acelerar os programas de reformas e investimentos nos próximos anos.  Nela dispós dunha sección dedicada a convocatorias abertas, ademais de novas, normativa e eventos, entre outra información de interese.

Novas

Ver todas

22 de Setembro de 2021

A Xunta salienta que a colaboración co Inta permitirá consolidar tecido industrial e crear emprego cualificado en torno ao polo aeroespacial de Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe que a colaboración do Instituto Nacional de Técnica Aeropespacial (Inta) no Polo Aeroespacial de Galicia é clave para consolidar pegada industrial e crear emprego cualificado neste sector.

Ler máis

22 de Setembro de 2021

Congalsa avanza na implantación dun modelo de produción intelixente no sector da alimentación co apoio da Xunta de Galicia

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá na xornada online de presentación de obxectivos e resultados do proxecto Congals4.0: Deseño e desenvolvemento dun modelo industrial 4.0 no sector da alimentación galego. Esta iniciativa, que ten como obxectivo avanzar cara a un modelo de produción intelixente mediante a investigación industrial e a dixitalización, conta co apoio da Xunta de Galicia que destinou 2,3 millóns de euros a través do programa Fábrica Intelixente e Sostible e co que se espera mobilizar arredor de 5 millóns.

Ler máis

21 de Setembro de 2021

O proxecto Nanoeaters finaliza mañá coa presentación das solucións nanotecnolóxicas desenvoltas para atender as necesidades das empresas da Eurorrexión

Mañá mércores 22 de setembro, ás 10 horas, terá lugar a xornada de peche do proxecto Interreg Nanoeaters, liderado pola Axencia Galega de Innovación (Gain) da Xunta de Galicia. Desde 2017, oito entidades lusas e galegas veñen colaborando para transferir e valorizar a nanotecnoloxía a pemes innovadoras da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal.

Ler máis

Eventos

Ver todos
24
Setembro

Visita Virtual ao CIS Tecnoloxía e Deseño. G-NIGHT, Noite Galega das Personas Investigadoras

O CIS Tecnoloxía e Deseño é un organismo público pertencente á Axencia Galega de Innovación da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación. O centro está á vangarda das tecnoloxías máis innovadoras en diversos campos como a realidade virtual e aumentada. A través desta visita, os participantes terán a oportunidade de coñecer os proxectos, así como as tecnoloxías e equipamento cos que se veñen desenvolvendo as aplicacións.

Ler máis
28
Setembro

II Encontro en liña Universidade-Empresa de Sherpa do Mar

GAIN en colaboración co resto de socios do consorcio SHERPA DO MAR organiza un ciclo de encontros Universidade-Empresa para promover a transferencia de coñecemento e o traballo en rede entre a comunidade científica e o mundo empresarial no campo mariño-marítimo.

Ler máis
29
Setembro

Curso online ''Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i''

A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza unha nova edición do curso ''Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i''. Esta actividade enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, nas actuacións orientadas a impulsar o desenvolvemento profesional dos investigadores e investigadoras dos centros de coñecemento do Sistema Galego de I+D+i en aspectos relacionados coa comercialización de resultados da I+D.

Ler máis
30
Setembro

Implicacións éticas e sociais da innovación en tecnoloxías emerxentes

A xornada proponse tratar as implicacións éticas e sociais relacionadas coa I+D+i en tecnoloxías emerxentes e as súas implicacións desde a perspectiva da innovación responsable.

Ler máis
07
Outubro

Vixilancia e Intelixencia no sector da automoción

O CIS Tecnoloxía e Deseño promove en 2021 un ciclo formativo, composto por 5 actividades, dirixidas especificamente a incrementar o coñecemento das empresas.

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.