Ver a versión en liña

Camiño da innovación

No marco do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, a Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia pon en marcha o ''Camiño da Innovación''. Trátase dun espazo de innovación itinerante que percorrerá 18 concellos das catro provincias galegas durante os meses de novembro e decembro, co obxectivo de prestar asesoramento ás pemes e difundir entre elas a necesidade e a oportunidade de innovar, como factor clave para gañar competitividade e medrar.

O trailer será unha oficina de apoio á innovación onde se realizará asesoramento a microempresas e pemes por parte do persoal da Axencia Galega de Innovación.  Ademais, en cada unha das localidades, celebraranse encontros con empresarias e empresarios para dar a coñecer casos de éxito de pemes que demostran que se pode innovar en calquera sector e tipo de empresa.

As empresas que se acheguen a visitarnos poderán dispor de cadernos formativos sobre ferramentas e técnicas da innovación, ter acceso a materiais e produtos innovadores feitos en Galicia e coñecer pemes innovadoras da súa contorna.

Podes consultar todo o detalle da iniciativa aquí.

Solicita o teu asesoramento ou inscríbete nos encontros con pemes neste formulario.

Calendario da actividade

Visítanos de 9 a 18h, solicita asesoramento e participa nos encontros con pemes innovadoras.

Inscríbete para participar!

Convocatorias e manifestacións de interese NextGeneration

A Xunta de Galicia conta cunha páxina web, www.nextgenerationgalicia.gal, na que inclúe información actualizada sobre estes instrumentos financeiros mobilizados pola Unión Europea co obxectivo de acelerar os programas de reformas e investimentos nos próximos anos.  Nela dispós dunha sección dedicada a convocatorias abertas, ademais de novas, normativa e eventos, entre outra información de interese.

Novas

Ver todas

27 de Outubro de 2021

A Xunta presenta na feira de drons máis importante do sur de Europa o Polo Aeroespacial de Galicia

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá en Madrid nunha mesa redonda sobre a proposta de Plan Estratéxico Aeroespacial Nacional, no marco do congreso World ATM Congress, a principal conferencia a nivel mundial sobre xestión do tráfico aéreo, e Expodrónica, a feira de drons máis importante no sur de Europa, que se están a celebrar conxuntamente estes días no recinto feiral de Ifema.

Ler máis

26 de Outubro de 2021

Galicia impulsa un programa específico por 12M€ para axudar a 15000 pemes e microempresas a investir en innovación

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, presentou esta mañá en Lugo un novo programa de impulso á innovación ao que a Xunta destina 12M€ co obxectivo de axudar a 15.000 pemes e microempresas galegas a investir neste eido.

Ler máis

25 de Outubro de 2021

A Xunta presenta en Ifema o Polo Aeroespacial de Galicia no principal congreso a nivel mundial sobre xestión de tráfico aéreo

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), estará presente desde mañá, 26 de outubro, ata o xoves 28 na feira Expodrónica, o maior evento de drons do Sur de Europa, que nesta edición se une ao World ATM Congress, a principal conferencia a nivel internacional sobre xestión de tráfico aéreo, ambas celebradas no recinto feiral de Ifema en Madrid.

Ler máis

23 de Outubro de 2021

A innovación galega en tecidos técnicos ofrece respostas aos retos de industrias como a automoción e a acuicultura

As iniciativas innovadoras das empresas e dos centros de coñecemento galegos para desenvolver tecidos industriais centraron o workshop online celebrado esta semana pola Axencia Galega de Innovación (Gain) da Xunta de Galicia a través da Materioteca de Galicia, situada no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol. Durante a xornada, foron presentados varios proxectos con potencial para contribuír de xeito relevante ao reto global de desenvolver tecidos que respondan ás necesidades da industria, con características funcionais e técnicas de alto rendemento que van máis alá de aspectos estéticos.

Ler máis

21 de Outubro de 2021

A Xunta anima ao tecido produtivo a aproveitar as oportunidades que ofrece a innovación no actual contexto de recuperación económica

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey Vilar, asegurou hoxe na Coruña que, no novo contexto de recuperación económica, o tecido produtivo afronta un proceso de transformación no que a I+D+i é clave, polo que instou ás empresas a aproveitar as oportunidades ligadas a esta nova realidade para garantir un crecemento sostido e sostible a futuro. Así o manifestou durante a súa participación no II Foro de Economía Prospectiva de Galicia, organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP).

Ler máis

Eventos

Ver todos
02
Novembro

Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Consolidator Grant 2022

A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia a participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC).

Ler máis
03
Novembro

Acto de peche do I Certame de Materiais Innovadores de Galicia

A Axencia Galega de Innovación celebra o mércores 3 novembro, coincidindo co Día Mundial dos Materiais, o acto de peche do Certame de Materiais Innovadores de Galicia, no que se darán a coñecer os seleccionados nesta primeira edición.

Ler máis
04
Novembro

Taller ''A función de intelixencia na empresa''

O CIS Tecnoloxía e Deseño promove en 2021 un ciclo formativo, composto por 5 actividades, dirixidas especificamente a incrementar o coñecemento das empresas.

Ler máis
04
Novembro

Xornada sobre o instrumento Invest EU

A sede da Axencia Galega de Innovación acolle, o vindeiro 4 de novembro, unha xornada sobre o instrumento Invest EU na que se explicará en que consiste este novo instrumento lanzado pola Comisión Europea para mobilizar inversións públicas e privadas.

Ler máis
05
Novembro

Encontro Camiño da Innovación

''Camiño da Innovación'' é unha iniciativa da Xunta de Galicia no marco do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, esta actuación pon en marcha un servizo itinerante por todo o territorio galego para difundir a necesidade e oportunidade de crecer a través da innovación como único camiño para a competitividade.

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.