Ver a versión en liña

9,2 MILLÓNS DE EUROS PARA APOIAR A I+D+I DAS PEMES GALEGAS

A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia acaba de resolver dúas liñas de apoio á I+D+i nas pemes: Conecta Hubs, que destina 6,4 millóns de euros a promover 11 proxectos colaborativos desenvolvidos por agrupacións de empresas nas áreas de especialización dos hubs de innovación dixital estratéxicos para Galicia, Dihgigal e DATAlife; e InnovaPeme, que apoia a 36 pemes e microempresas na mellora das súas capacidades de innovación cunha axuda total de 2,8 millóns de euros. Ambas están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

Conecta Hubs
  • Proxectos apoiados: 11 proxectos colaborativos de I+D+i en proceso ou organización e de innovación en produto desenvolvidos por agrupacións de empresas nas áreas de especialización dos hubs de innovación dixital estratéxicos para Galicia, Dihgigal e DATAlife
  • Obxecto: Dirixidas especialmente a pequenas e medianas empresas, teñen por obxecto contribuír a fortalecer a base económica de Galicia e impulsar un tecido produtivo máis dixitalizado, innovador e sustentable, mellorando a competitividade empresarial
  • Axuda pública: 6,4 millóns de euros
  • Investimento mobilizado: 9,8 millóns de euros
  • Empresas participantes: 45 empresas galegas, das que 39 son pemes e 6 grandes compañías que xeran un efecto tractor
  • Emprego asociado: Permitirá a xeración ou mantemento de 220 empregos de alta cualificación na Comunidade
InnovaPEME
  • Axudas concedidas: 36 axudas a pemes e microempresas para a realización de actividades de innovación coordinadas a través dun plan
  • Obxecto: incrementar o número de empresas innovadoras, aumentar a competitividade das pemes galegas e potenciar a colaboración co resto de axentes do ecosistema de innovación
  • Axuda pública: 2,8 millóns de euros 
  • Investimento mobilizado:  5,6 millóns de euros
  • Emprego asociado: Contratación de 45 novos técnicos e mantemento de 149 postos de traballo
  • Balance de todas as edicións: Ten apoiado 160 plans de innovación, mobilizado 26,6 millóns de euros en I+D+i e creado ou mantido 767 postos de traballo

Manifestacións de interese e convocatorias Next Generation

No marco dos fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias e manifestacións de interese que se atopan actualmente abertas no eido da investigación, o desenvolvemento e a innovación:

Novas

Ver todas

04 de Novembro de 2021

A iniciativa ‘Camiño da innovación’ da Xunta de Galicia arrinca mañá en Vilalba para achegar as oportunidades de innovar ás pemes da Terra Chá

A iniciativa Camiño da Innovación, posta en marcha pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), arrincará mañá venres, 5 de novembro, na praza da Constitución de Vilalba. Trátase dun espazo itinerante que realizará 18 paradas nas catro provincias galegas durante os meses de novembro e decembro –en horario continuo de 9 a 18 horas–, co obxectivo de prestar asesoramento ás pemes e difundir entre elas a necesidade e a oportunidade de innovar, como factor clave para gañar competitividade e medrar.

Ler máis

02 de Novembro de 2021

''Camiño da Innovación'' achega as oportunidades de innovar a pemes de toda a xeografía galega

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), pon en marcha a iniciativa Camiño da Innovación, un espazo itinerante que percorrerá 18 concellos das catro provincias galegas durante os meses de novembro e decembro —en horario continuo de 9 a 18 horas-, co obxectivo de prestar asesoramento ás pemes e difundir entre elas a necesidade e a oportunidade de innovar, como factor clave para gañar competitividade e medrar.

Ler máis

02 de Novembro de 2021

A Xunta impulsa a capacidade de innovación de 15 pemes e microempresas situadas na comarca de Vigo

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, acompañada da delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitaron esta mañá as instalacións de Little Electric Car, unha microempresa da comarca de Vigo dedicada ao desenvolvemento, industrialización e comercialización de vehículos eléctricos.

Ler máis

29 de Outubro de 2021

A Xunta salienta o papel do Cesga como colaborador no ecosistema de I+D+i e os sectores estratéxicos da economía galega na actual transición dixital

 O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu hoxe en Santiago de Compostela á XIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, onde este ano o premio na categoría de Iniciativa da Administración recaeu no Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) polo seu proxecto Quantum Computing, destinado a situar a Galicia como un referente internacional en tecnoloxías cuánticas en 2030.

Ler máis

Eventos

Ver todps
05
Novembro

Encontro Camiño da Innovación - VILALBA

''Camiño da Innovación'' é unha iniciativa da Xunta de Galicia no marco do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, esta actuación pon en marcha un servizo itinerante por todo o territorio galego para difundir a necesidade e oportunidade de crecer a través da innovación como único camiño para a competitividade.

Ler máis
08
Novembro

Encontro Camiño da Innovación - CERVO

''Camiño da Innovación'' é unha iniciativa da Xunta de Galicia no marco do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, esta actuación pon en marcha un servizo itinerante por todo o territorio galego para difundir a necesidade e oportunidade de crecer a través da innovación como único camiño para a competitividade.

Ler máis
09
Novembro

Encontro Camiño da Innovación - AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

''Camiño da Innovación'' é unha iniciativa da Xunta de Galicia no marco do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, esta actuación pon en marcha un servizo itinerante por todo o territorio galego para difundir a necesidade e oportunidade de crecer a través da innovación como único camiño para a competitividade.

Ler máis
10
Novembro

Encontro Camiño da Innovación - BERGONDO

''Camiño da Innovación'' é unha iniciativa da Xunta de Galicia no marco do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, esta actuación pon en marcha un servizo itinerante por todo o territorio galego para difundir a necesidade e oportunidade de crecer a través da innovación como único camiño para a competitividade.

Ler máis
11
Novembro

Encontro Camiño da Innovación - ORDES

''Camiño da Innovación'' é unha iniciativa da Xunta de Galicia no marco do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, esta actuación pon en marcha un servizo itinerante por todo o territorio galego para difundir a necesidade e oportunidade de crecer a través da innovación como único camiño para a competitividade.

Ler máis
15
Novembro

Encontro Camiño da Innovación - CALDAS DE REIS

''Camiño da Innovación'' é unha iniciativa da Xunta de Galicia no marco do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, esta actuación pon en marcha un servizo itinerante por todo o territorio galego para difundir a necesidade e oportunidade de crecer a través da innovación como único camiño para a competitividade.

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.