Ver a versión en liña
 
 
 

II Foro RIS3T: A innovación Galicia-Norte de Portugal ante os novos retos

Cando: 29 de novembro
Hora: 16:30 a 19:30
Onde: Edificio Fontán, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela


Ver Programa Inscríbete!

A Axencia Galega de Innovación organiza o II Foro da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (RIS3T) co obxectivo de abordar os novos retos aos que se enfronta a innovación na Eurorrexión e analizar as posibilidades da cooperación no próximo período. 

A QUEN ESTÁ DIRIXIDO?

Está dirixido aos axentes do ecosistema de innovación da Eurorrexión: 

  • Centros tecnolóxicos, grupos de investigación e universidades. 
  • Empresas. 
  • Administracións. 
  • Persoas e entidades interesadas na innovación e na cooperación entre Galicia e a Rexión Norte. 
CALES SON OS OBXECTIVOS DO FORO?

 Os obxectivos deste foro son varios:

  • Facer balance dos resultados da primeira RIS3 transfronteiriza de Europa.
  • Presentar as conclusións extraídas dos mecanismos de seguimento da estraxia.
  • Analizar o marco de colaboración para o novo período 2021-2027 facendo especial fincapé nas oportunidades que ofrecen os novos obxectivos da política de innovación da UE como a dixitalización, a resiliencia e a transición verde para a RIS3T, desde a óptica das sinerxias e complementariedades presentes na Eurorrexión.
  •  Achegar exemplos de grandes proxectos europeos con participación de socios galegos e do Norte de Portugal, liderados por unha entidade da Eurorrexión e aliñados coas novas prioridades europeas.

Tes máis información sobre este evento na páxina web da Axencia Galega de Innovación

II Foro RIS3T

Manifestaciones de interese e convocatorias Next Generation

No marco dos fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias e manifestacións de interese que se atopan actualmente abertas no eido da investigación, o desenvolvemento e a innovación:

Novas

Ver todas

10 de Novembro de 2021

A Xunta anima ás pemes da comarca da Coruña a innovar para ser competitivas e medrar

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, destacou hoxe en Bergondo que ''a innovación non é só cousa das grandes empresas, senón que está ao alcance de todas, con independencia do seu tamaño, localización ou sector'' e que ''esta constitúe un factor clave para ser competitivas no mercado e facer fronte aos retos globais''.

Ler máis

10 de Novembro de 2021

A Xunta destaca a importancia de contar neste contexto de transformación dixital coa confianza de empresas líderes no sector TIC como SoftwareOne

El vicepresidente económico y conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, consideró hoy que, en el actual contexto de transformación digital, es muy positivo que Galicia cuente con la confianza de empresas líderes en el sector TIC como es SoftwareONE.

Ler máis

09 de Novembro de 2021

A Xunta defende nas Pontes que a innovación e a sostibilidade deben ir da man para que a industria e as pemes teñan novas oportunidades

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe nas Pontes, na súa participación na iniciativa Camiño da innovación, que o binomio innovación e sostibilidade teñen que ir da man non só a escala industrial senón tamén a nivel da pequena e mediana empresa para crecer e crear emprego.

Ler máis

05 de Novembro de 2021

A Xunta destaca a importancia do ''Camiño da innovación’ para concienciar ás pemes sobre as vantaxes de innovar para mellorar a súa competitividade

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu hoxe na praza da Constitución de Vilalba ao comezo da xira Camiño da innovación, unha iniciativa posta en marcha polo Goberno autonómico, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), co obxectivo xerar conciencia nas pequenas e medianas empresas sobre a importancia de innovar para medrar e chegar a novos mercados.

Ler máis

Eventos

Ver todos
15
Novembro

Encontro Camiño da Innovación - Caldas de Reis

''Camiño da Innovación'' é unha iniciativa da Xunta de Galicia no marco do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, esta actuación pon en marcha un servizo itinerante por todo o territorio galego para difundir a necesidade e oportunidade de crecer a través da innovación como único camiño para a competitividade.

Ler máis
16
Novembro

Encontro Camiño da Innovación - Santa Comba

''Camiño da Innovación'' é unha iniciativa da Xunta de Galicia no marco do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, esta actuación pon en marcha un servizo itinerante por todo o territorio galego para difundir a necesidade e oportunidade de crecer a través da innovación como único camiño para a competitividade.

Ler máis
16
Novembro

Xornada sobre fabricación aditiva: procesos e aplicacións

A técnica de fabricación aditiva consiste en xerar pezas por agregación de material só nas zonas onde sexa necesario, ata completar a peza desexada.

Ler máis
17
Novembro

Encontro Camiño da Innovación - A Estrada

''Camiño da Innovación'' é unha iniciativa da Xunta de Galicia no marco do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, esta actuación pon en marcha un servizo itinerante por todo o territorio galego para difundir a necesidade e oportunidade de crecer a través da innovación como único camiño para a competitividade.

Ler máis
18
Novembro

Encontro Camiño da Innovación - Ponte Caldelas

''Camiño da Innovación'' é unha iniciativa da Xunta de Galicia no marco do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, esta actuación pon en marcha un servizo itinerante por todo o territorio galego para difundir a necesidade e oportunidade de crecer a través da innovación como único camiño para a competitividade.

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.