Ver a versión en liña

''Camiño da innovación'', espazo de inspiración e moito máis

No ecuador do percorrido da iniciativa ''Camiño de innovación'' polo territorio galego, queremos achegarche todos os contidos que están á túa disposición co obxectivo de promover o crecemento das pemes a través da innovación.

Casos de éxito: reportaxes e vídeos

Cadernos de innovación

Ofrecémosche unha colección de casos de éxito de pemes innovadoras galegas.

Se queres coñecer as súas historias, podes ver os vídeos e ler as reportaxes sobre estas empresas na nosa web, no bloGanadores.gal e en Vimeo:

Ademais, poñemos á túa disposición sete cadernos que explican de maneira gráfica as ferramentas e técnicas para innovar, que se irán incrementando con novos contidos durante o 2022.

Xa podes descargar os seguintes títulos:

   1. Aldea do mazo 

   2. Alibós 

   3. Grupo Migán 

   4. Innogando 

   5. Pescados Rubén 

   6. TMC Cancela 

   7. Proquiga 

   8. Grupo Intaf 

   9. Cofrico 

  10. Ausavil 

  11. Gallega de patatas 

1. Cultura da innovación. Como substituír o medo ao cambio por ánimo de avanzar 

2. Identificar os retos de innovar facendo as preguntas correctas 

3. Innovar na comercialización para ter éxito no mercado 

4. Como innovar? Aprende a pensar coma un/unha deseñador/a 

5. A dixitalización como motor de innovación nas pemes 

6. Innovar a partir de problemas. As dificultades como fonte de competitividade 

7. Innovación aberta. Colaborar para chegar máis lonxe  

E recorda que aínda podes participar nalgunhas das 9 paradas que quedan:

  • 22/11/2021  Salvaterra de Miño
  • 23/11/2021  Ribadavia
  • 24/11/2021  San Cibrao das Viñas
  • 25/11/2021  Xinzo de Limia
  • 29/11/2021  A Veiga
  • 30/11/2021  Monforte
  • 01/12/2021  Chantada
  • 02/12/2021  Melide
  • 09/12/2021  Meira

Para cada unha das etapas, podes solicitar o teu asesoramento individual co equipo da Axencia e asistir ao encontro con pemes da túa comarca para coñecer como comezaron a innovar. Ademais, as pemes que vos acheguedes á iniciativa poderedes levar todos estes contidos impresos.

                                             A túa innovación marca o camiño!

Manifestacións de interese e convocatorias Next Generation

A Xunta de Galicia conta cunha páxina web, www.nextgenerationgalicia.gal, na que inclúe información actualizada sobre estes instrumentos financeiros mobilizados pola Unión Europea co obxectivo de acelerar os programas de reformas e investimentos nos próximos anos.  Nela dispós dunha sección dedicada a convocatorias abertas, ademais de novas, normativa e eventos, entre outra información de interese.

Novas

Ver todas

17 de Novembro de 2021

A Xunta anima na Estrada ás pemes e microempresas galegas, especialmente do rural, a apostar pola innovación para chegar a novos mercados

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe na Estrada, na súa participación na iniciativa Camiño da innovación, que a competitividade dunha empresa, independentemente do sector ou tamaño, crece de forma proporcional ao que inviste en innovación.

Ler máis

16 de Novembro de 2021

A Xunta difunde as vantaxes de innovar entre as pemes da comarca do Xallas a través da iniciativa Camiño da innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, apuntou hoxe en Santa Comba que '''as pemes e microempresas son o motor da economía galega e, por iso, son unha prioridade para a Xunta de Galicia'', no marco da iniciativa Camiño da innovación. Neste sentido, salientou a posta en marcha, por parte do Goberno galego, do Programa de Impulso da Innovación nas Pemes no que se enmarca esta iniciativa.

Ler máis

15 de Novembro de 2021

A Xunta subliña que a alianza entre Gradiant e EnergyLab suporá un impulso á industria intelixente e sostible

 A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, destacou esta mañá a ''a visión de futuro'' da alianza estratéxica entre os centros tecnolóxicos Gradiant e EnergyLab, que combinará as capacidades de ambos centros nos ámbitos da enerxía e da intelixencia artificial para axudar ao tecido produtivo a adaptarse á industria intelixente. Segundo destacou Argerey na presentación da iniciativa, esta permitirá impulsar a evolución do tecido produtivo galego cara unha industria intelixente e sostible.

Ler máis

15 de Novembro de 2021

O CIS tecnoloxía e deseño abre ao público unha exposición sobre a relación entre os materiais e a natureza

 O CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol acolle ata o 26 de novembro Arquivo da Matéria Viva, unha mostra sobre a conexión dos materiais coa natureza que comeza a súa itinerancia en Galicia logo da súa exhibición na localidade portuguesa de Matosinhos con motivo da Porto Design Biennale, na cal participou a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (Gain).

Ler máis

14 de Novembro de 2021

Galicia contará cun investimento de 19,6 M€ para seguir avanzando no Polo de Tecnoloxías Cuánticas, na biotecnoloxía aplicada á saúde e nas ciencias mariñas

 Galicia contará con 19,6M€ para seguir avanzando en proxectos e áreas estratéxicas que lle permitan impulsar a súa competitividade a través da investigación, como o Polo de Tecnoloxías Cuánticas, a biotecnoloxía aplicada á saúde e ás ciencias mariñas.

Ler máis

Eventos

Ver todos
22
Novembro
Encontro Camiño da Innovación - Salvaterra do Miño

23
Novembro
Encontro Camiño da Innovación - Ribadavia

24
Novembro
Encontro Camiño da Innovación - San Cibrao das Viñas

25
Novembro
Encontro Camiño da Innovación - Xinzo da Limia

25
Novembro
Taller materiais de orixe vexetal

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.