Avanzámosche as liñas de axuda que a Axencia Galega de Innovación convocará en 2022 para apoiar a I+D+i en todas as súas etapas e dirixidas aos disitintos axentes do Sistema Galego de Innovación.
TALENTO
Contratación de xente moza para a realización de actividades de I+D+i en empresas e organismos de investigación
Talento Sénior: financia a contratación de persoal de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i en empresas e organismos de investigación.
Doutoramento industrial: financia o desenvolvemento dunha tese de doutoramento na contorna empresarial ou nun centro de innovación e tecnoloxía en colaboración cunha universidade galega.
Oportunius: Contratación pola Axencia Galega de Innovación de persoal investigador beneficiario dun proxecto do Consello Europeo de Investigación [ERC] na modalidade de investigador distinguido.
Apoio predoutoral/posdoutoral: apoia a contratación de persoal investigador nas súas etapas inicial e de formación posdoutoral.
INVESTIGACIÓN E TRANSFERENCIA
Unidades Mixtas de Investigación: apoia a creación e consolidación de unidades mixtas de investigación, como instrumento favorecedor da cooperación entre os organismos de investigación de Galicia e o tecido empresarial para desenvolver de forma conxunta actividades de I+D+i.
Centros de investigación empresarial, apoio á creación de centros de investigación a través de subvencións a infraestructuras ciéntificas promovidas por empresas que inicien a súa actividade investigadora en Galicia e teñan un efecto tractor sobre as cadeas de valor fundamentais de Galicia de acordo coa RIS3.
Axudas a grupos de investigación: consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento dirixidas ás universidades e organismos de investigación galegos.
Apoio a proxectos excelentes nacionais: axudas a proxectos que non obteñan financiamento a nivel nacional pero superen os limiares de elexibilidade, sempre e cando teñan encaixe na RIS3 de Galicia e teñan un impacto socioeconómico relevante en Galicia. O primeiro apoio que se porá en marcha será aos proxectos presentados á convocatoria 2021 do programa NEOTEC de CDTI.
EMPRENDEMENTO INNOVADOR
Programas Business Factories: continuarase coas iniciativas de incubación e aceleración do emprendemento innovador en sectores como o agroalimentario (BFFood), aeronáutico (BFAero), automoción (BFAuto) e descubrimento de fármacos (BFMedicines).
Apoio ao emprendemento innovador doutros sectores transversais: a través da aceleradora promovida xuntamente con Zona Franca, ViaGalicia
Nova aceleradora de internacionalización: en clolaboración con Tecnópole, pretende dar resposta á necesidade de impulsar a mellora competitiva das pemes galegas no exterior, mediante o apoio á innovación, a mellora da xestión, axudándolles deste xeito a afrontar os retos da actual conxuntura, así como a sentar unhas bases sólidas para o desenvolvemento competitivo futuro nun contexto de globalización.
INNOVACIÓN EMPRESARIAL
Reacciona Innovación: en colaboración co IGAPE, tren como obxectivo aumentar a competitividade das pemes galegas a través da innovación. Consta de tres servizos de capacitación: deseño de produtos /servizos innovadores; proteción da innovación (propiedade intelectual e industrial) e financiamento da innovación ( incentivos fiscais á I+D+i ).
InnovaPEME : este programa contará con dúas liñas de apoio, os plans de innovación -como nas edicións anteriores- e unha liña de bonos destinados a servizos externos.
DeseñaPEME: financia a incorporación do deseño en pemes e microempresas galegas como ferramenta de innovación e sustentabilidade.
ConsolidaBIO: nova convocatoria destinada a favorecer o cremento de empresas biotecnolóxicas con alto potencial de escalado. Subvencionaranse plans de negocio baseados en innovación que inclúan investimentos e desenvolvementos tecnolóxicos coa finalidade de comercializar produtos e servizos innovadores.
FINANCIAMENTO
IFI Innova: publicarase unha nova convocatoria para apoiar proxectos en TRL5 a TRL8 con financiamento ata un 75% do orzamento.
Fondos de capital risco de Xesgalicia: Fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras, FICC, para o fomento do espíritu emprendedor, e Fondo Galicia Innova Tech, FICC, para proxectos empresariais de marcado carácter innovador e cunha probada capacidade de xestión.
Manifestacións de interese e convocatorias Next Generation
No marco dos fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias e manifestacións de interese que se atopan actualmente abertas no eido da investigación, o desenvolvemento e a innovación:
Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.