Ver a versión en liña

Convocatorias do programa         Horizonte Europa abertas á participación de pemes

O programa marco de investigación e innovación da Unión Europea, Horizonte Europa, ten actualmente abertas preto de 250 convocatorias de axudas para o financiamento de proxectos de I+D+i dentro do Pilar II: Desafíos mundiais e competitividade industrial Europa.

Convocatorias por áreas ou clústers
Clúster 1 - Saúde
20 convocatorias abertas
Programa de traballo
Datas de peche: 1 febreiro e 21 abril 2022
Clúster 4 - Mundo dixital, Industria e Espazo
70 convocatorias abertas
Programa de traballo
Datas de peche: 27 xaneiro, 16 febreiro, 30 marzo e 5 de abril 2022
Clúster 5 - Clima, Enerxía e Mobilidade
79 convocatorias abertas
Programa de traballo 
Datas de peche: 5, 12, 25 xaneiro, 10, 23 febreiro e 26 de abril 2022
Clúster 6 - Alimentación, Bioeconomía, Recursos Naturais, Agricultura e Medio
77 convocatorias abertas
Programa de traballo
Datas de peche: 15 febreiro 2022
Puntos de Contacto Nacionais (NCP's)
Neste enlace atoparás un listado de todos os Puntos de Contacto Nacionais.
Onde podo atopar socios para os meus proxectos?

Se estás a preparar unha proposta para un programa europeo de I+D+i e necesitas incorporar socios con perfís concretos podes poñerte en contacto co nodo da EEN da Axencia Galega de Innovación:

Manifestacións de interese e convocatorias Next Generation

No marco dos fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias e manifestacións de interese que se atopan actualmente abertas no eido da investigación, o desenvolvemento e a innovación:

Novas

Ver todas

09 de Decembro de 2021

A Xunta asesorou a 246 pemes de toda Galicia sobre as oportunidades de innovar a través da iniciativa Camiño da innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe en Meira na última das paradas programadas da iniciativa Camiño da innovación, a cal realizou 246 asesoramentos a pemes sobre as oportunidades de innovar nos 18 concellos que visitou a xira.
Ler máis

02 de Decembro de 2021

BFAero licencia dez novos proxectos de emprendemento innovador no ámbito aeroespacial

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, destacou hoxe en Lugo que a Business Factory Aero (BFAero) é unha peza fundamental no marco da nova estratexia do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025 para seguir sumando talento e consolidando tecido empresarial. De feito, os 19 proxectos que pasaron ata o de agora por esta incubadora e aceleradora especializada no sector aeroespacial mobilizaron arredor de 5 millóns de euros, crearon 62 postos de traballo cualificados e concluíron na construción de oito novas empresas.

Ler máis

Eventos

Ver todos
13
Decembro

III Encontro en liña Universidade-Empresa de Sherpa do Mar

A Axencia Galega de Innovación e os demais socios do proxecto SHERPA DO MAR organizan un ciclo de encontros Universidade-Empresa para promover a transferencia de coñecemento e o traballo en rede entre a comunidade científica e o mundo empresarial do ámbito mariño-marítimo.

Ler máis

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.