Ver a versión en liña
 
 
 

Aprende a incorporar a innovación na cultura da túa empresa

A partir de agora, unha vez ao mes, o Xoves I+D+i achegaranos os conceptos máis destacados da innovación. Explicacións claras, infografías ilustrativas e casos de éxito para inspirar as empresas galegas. Nesta primeira entrega, a cultura da innovación revélase como a tendencia a seguir no camiño cara ao éxito.

Abrazar o cambio
Para ser unha empresa innovadora hai que deixar de terlle medo ao cambio para convertelo nun aliado. Isto implica traballar en equipo para establecer coas rutinas e atreverse a romper esquemas.
A famosa expresión "pensar fóra da caixa" (thinking out of the box) cobra aquí todo o seu significado. Motivar a todos e todas as profesionais da peme a que o fagan é o primeiro paso para innovar con éxito.
4 piares
Existen catro factores clave do éxito na adopción da cultura da innovación:

A xeración de ideas

Os procesos estruturados

O liderado

Os equipos capacitados
Como se fai?
Descubre como pasar da cultura do "deixalo estar" á cultura da innovación no caderno

Tempo de lectura: 5 minutos
Coñece a experiencia real de tres pemes galegas na integración da cultura da innovación.

AUSAVIL

REPORTAXE

VÍDEO
INNOGANDO

REPORTAXE

VÍDEO
INDUPANEL

REPORTAXE
 
Bonus track
Hai unha forma de dar un primeiro paso para innovar que é especialmente efectiva nas pemes: a minería de problemas. Consiste en identificar dificultades e buscar unha solución diferente á que xa sabemos que non funciona..
Na práctica, supón:
  • Prestar atención ao contorno para identificar problemas estratéxicos.
  • Cuestionar a maneira de resolvelos ata agora.
  • Reflexionar de forma conxunta para buscar solucións novas que lle aporten valor ao usuario e competitividade á empresa.
Como podemos innovar a partir da identificación dos problemas?
Descubre por onde podes comezar e cales son as metodoloxías máis exitosas no caderno

Tempo de lectura: 6 minutos
Inspírate na experiencia real de tres pemes galegas na innovación que nace de ver as dificultades como oportunidades para facer algo novo e distinto.

CODEOR

REPORTAXE

VÍDEO
EMELGA

REPORTAXE

VÍDEO
GALLEGA DE PATATAS

REPORTAXE

VÍDEO
 
Contacta con nós para empezar a innovar Xunta de Galicia
Axencia Galega de Innovación
servizos.gain@xunta.gal
981 957 008
Convocatorias de programas nacionais e fondos Next Generation

A partir da próxima semana, enviaremos un boletín específico sobre as convocatorias nacionais que se atopan abertas enmarcadas nos fondos Next Generation.
Novas Ver todas

25 de Xaneiro de 2022

A Xunta e Gradiant comparten o obxectivo de levar a innovación e a dixitalización ao tecido empresarial para que gañe en competitividade

Ler máis
Eventos Ver todos
28
Xaneiro
Presentación do programa Cáncer Innova

01
Febreiro
Foro Next Generation EU: PERTE para a saúde de vangarda

02
Febreiro
Demo day III Edición BFFood

03
Febreiro
Retos da mobilidade urbana do futuro. Oportunidades EIT Urban Mobility en Galicia

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.