Ver a versión en liña

Participamos no Foro Transfiere, o principal encontro de I+D+i no sur de Europa

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, participará os vindeiros 16 e 17 de febreiro na undécima edición do Foro Transfiere, o principal encontro de I+D+i do sur de Europa que ten como obxectivo compartir coñecemento científico e tecnolóxico, promover a innovación e conectar ciencia e empresa. A Xunta de Galicia contará cun stand na feira, ao que acudirá acompañado dos axentes do sistema galego de I+D+i, e intervirá en varias sesións para debatir e poñer en valor os programas e instrumentos de apoio á transferencia e o emprendemento.

Galicia será unha das once Comunidades Autónomas que exporán no foro iniciativas e proxectos arredor da promoción da transferencia de coñecemento e de como potenciar a capacidade innovadora e a competitividade do tecido empresarial. En concreto, a Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia presentará no seu stand os instrumentos de fomento do emprendemento, de impulso á transferencia de coñecemento e a súa experiencia  no uso da Compra Pública Innovadora (CPI).

Esta ano súmanse á delegación galega, startups incubadas ou aceleradas ao amparo das business factories e o fondo Ignicia proba de concepto para participar activamente nas mesas de networking.

Pola súa parte, a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA) tamén estará presente no Foro Transfiere, onde amosará as capacidades dos 7 centros tecnolóxicos galegos que forman parte da alianza nun stand ubicado na área da Federación Española de Centros Tecnológicos (FEDIT).

Programa de innovación internacional

As representantes da Xunta de Galicia participarán ademais no programa de innovación internacional. Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, intervirá nunha mesa redonda sobre financiamento privado de proxectos de I+D e casos de éxito de alto impacto social, xunto a Mabel Loza da Fundación Kaertor, entre outros. Argerey tamén participará noutro coloquio sobre a xestión dos fondos europeos polas administracións territoriais.

Ademais, a Axencia participará en dúas mesas redontas co CDTI sobre finanzamento público e privado para o fomento da I+D empresarial e sobre  o programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024-DIFERENZA.

Sobre o Foro

Transfiere, que reuniu ata agora a máis de 30.000 profesionais, porá en común as principais iniciativas que se están levando a cabo en materia de transferencia de coñecemento e investigación a nivel internacional. O encontro permitirálle aos axentes do ecosistema de innovación establecer contacto con potenciais socios, alianzas e sinerxias, así como dar a coñecer novos produtos, servizos e proxectos disruptivos.

Podes atopar aquí toda a información que precises do foro

Web do foro

Novas

Ver todas

03 de Febreiro de 2022

Aberta a convocatoria para participar na IV edición de BFFood

Aberta a convocatoria para presentar proxectos e optar a formar parte da IV edición de BFFood, que se manterá aberta até o 30 de abril. De entre as candidaturas presentadas serán seleccionadas até seis iniciativas para o programa de aceleración e até seis para o de consolidación, co obxectivo de ofrecer solucións disruptivas para facer fronte aos novos desafíos do sector dos alimentos e as bebidas.

Ler máis

03 de Febreiro de 2022

A Xunta anuncia a súa adhesión a unha iniciativa europea para avanzar na mobilidade urbana do futuro a través da innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá nunha xornada de presentación da iniciativa europea Urban Mobility do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) organizada polo Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), promotor e socio principal do seu nodo sur.

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.