Ver a versión en liña

Encontro Unidades Mixtas de Investigación: balance e novidades da próxima convocatoria

Ante a próxima publicación da convocatoria do programa Unidades Mixtas de Investigación da Axencia Galega de Innovación, o vindeiro 28 de febreiro celebraremos unha xornada de presentación das novidades da convocatoria de 2022 e de balance das anteriores edicións.

I+D colaborativa en áreas estratéxicas

No ano 2014, púxose en marcha o programa de Unidades Mixtas de Investigación, co obxectivo de impulsar a I+D colaborativa en áreas estratéxicas da economía galega a través do desenvolvemento de proxectos de alto impacto intensivos en coñecemento entre o tecido empresarial e os centros de coñecemento de Galicia.

Dende entón, tense apoiado a posta en marcha e consolidación de 46 unidades mixtas de investigación, cunha mobilización de investimento público-privado de 130 millóns de euros. Ademais, este prograla ten contribuído á creación de emprego cualificado, a impulsar a transferencia dos resultados da I+D ao tecido empresarial, a atraer empresas foráneas líderes nos seus respectivos sectores e a desenvolver as capacidades dos organismos de investigación galegos en sectores punteiros.

Novidades da convocatoria 2022

A piques de lanzar a nova convocatoria deste programa, esta incluirá, como novidade, unha nova liña de apoio. Ademais da creación e consolidación, súmase unha liña de establecemento de Centros Mixtos de Investigación, un terceiro chanzo na evolución das unidades mixtas de investigación que contribúa á súa estabilización. 

Encontro

Para informar desta nova convocatoria, así como facer balance do programa, celebraremos un encontro o vindeiro 28 de febreiro na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela. O evento ten dobre modalidade: presencial e virtual. 

O evento poderá seguirse de xeito presencial ou virtual. Tes a seguinte ligazón para inscribirte.

Encontro Unidades Mixtas

Novas

Ver todas

12 de Febreiro de 2022

A Xunta de Galicia participa en Málaga no principal encontro de I+D+i do sur de Europa

A Axencia Galega de Innovación (Gain) da Xunta de Galicia participará a vindeira semana, os días 16 e 17 de febreiro, na undécima edición do Foro Transfiere, o principal encontro de I+D+i do sur de Europa que se celebra en Málaga. O obxectivo deste evento é compartir coñecemento científico e tecnolóxico, promover a innovación e conectar ciencia e empresa. A Adminsitración galega contará cun mostrador propio na feira, á que acudirá acompañada de diversos axentes do sistema galego de innovación, e intervirá en varias sesións do programa de innovación internacional para debater e poñer en valor os programas e instrumentos galegos de apoio á transferencia de coñecemento e o emprendemento.

Ler máis

11 de Febreiro de 2022

Conde pon a empresa Triple Alpha como exemplo do potencial que ofrece o rural para emprender en novos sectores

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, puxo hoxe a empresa tecnolóxica de Padrón Triple Alpha como exemplo do potencial que ofrece o rural galego para emprender máis alá da actividade agroindustrial, primando novos sectores e novos produtos e mercados.

Ler máis

10 de Febreiro de 2022

Galicia ultima a súa Axenda de Emprendemento para impulsar iniciativas que permitan avanzar na innovación, a dixitalización e a sostibilidade

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, adiantou hoxe, durante a súa participación no I Foro de Emprendemento do Noroeste, impulsado pola Asociación para el Progreso de la Dirección (APD) e Unirisco, que a Xunta de Galicia está ultimando a nova Axenda de Emprendemento. Tal e como informou Conde, a través desta folla de ruta articularanse medidas que eleven aquelas iniciativas empresariais que permiten dar a Galicia un plus en ámbitos como a innovación, a dixitalización ou a sostibilidade, prestando tamén especial atención ao emprendemento feminino.

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.