No marco do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, xunto coa Consellería de Medio Rural e a Consellería do Mar, poñen en marcha a iniciativa ''Camiño de futuro''.
Durante os meses de marzo e abril, realizaránse en distintas localidades, encontros para presentar as axudas públicas a disposición das empresas galegas.
EVENTOS NETWORKING
Organizamos 14 eventos de networking por todo o territorio galego para presentar os apoios da Xunta de Galicia para a mellora competitiva e económica das empresas galegas. Os encontros realizaranse en colaboración cos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) e os Grupos de Acción Local Pesqueira (GALP).
Tamén haberá mesas redondas, onde se darán a coñecer casos de éxito de pemes innovadoras referentes nas comarcas dos encontros pertencentes a distintos sectores da economía galega.
CONTINUIDADE DO CAMIÑO DA INNOVACIÓN
''Camiño de Futuro'' e unha nova actuación para o Impulso na Innovación nas Pemes de Galicia, que comenzou cos “Camiños da Innovación”, que durante o ano 2021 percorreu un total de 18 localidades das catro provincias, con máis de 240 asesoramentos realizados a pemes galegas e máis de 550 persoas asistentes aos encontros.
Xa tedes dispoñible o calendario dos primeiros seis eventos networking!
Proximamente estarán á vosa disposición os restantes eventos.
A Xunta e a Fundación Barrié reforzan a súa colaboración para impulsar a transferencia de coñecemento no sistema de I+D+i galego
A Xunta autorizou consolidar a colaboración entre a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega da Innovación (Gain), e a Fundación Barrié para deste xeito seguir impulsando a transferencia de coñecemento no sistema de I+D+i galego. Para a materialización do acordo, contarase cun orzamento de 1,22M€, dos que o Goberno galego achegará un millón. Este nivel de cooperación permitirá ampliar o labor que ambas institucións realizan a través do programa Ignicia.
Nove empresas líderes compiten para ser as novos socios estratéxicos da Xunta no Polo Aeroespacial de Galicia ata o 2025
Airbus, Babcock, Boeing Aerospace Spain, Indra, Sistemas y Montajes Industriales, Telefónica, Telespazio, CT Ingenieros e Aertec-Tecnobit son as nove empresas que aspiran a converterse nos novos socios estratéxicos da Xunta no Polo Aeroespacial de Galicia ata 2025.
O compostelán Lois Orosa será o novo director do Centro de Supercomputación de Galicia
O Padroado do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) celebrado hoxe aprobou o nomeamento como novo director xerente desta entidade a Lois Orosa Nogueira, que substitúe no cargo a Mauro Fernández Dabouza.
Xornada sobre o Programa Neotec Mulleres Emprendedoras
A Axencia Galega de Innovación ( GAIN) e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial ( CDTI) organizan unha xornada de presentación do Programa Neotec Mujeres Emprendedoras, para presentar as principais novidades.
Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.