Ver a versión en liña

Aberta a nova convocatoria de Unidades Mixtas de Investigación

O pasado luns 7 de marzo publicouse no Diario Oficial de Galicia a nova convocatoria do programa de Unidades Mixtas de Investigación á que se destinan 12M€. Deste xeito, a Xunta dá continuidade a este instrumento colaborativo que ten como obxectivo favorecer a cooperación entre os organismos de coñecemento galegos e o tecido empresarial para impulsar de xeito conxunto e coordinado proxectos de I+D.

Enlace ao DOG
Principais datos
Prazo Ata o 7 de abril
Dotación orzamentaria 12M€
Modalidades - Creación de novas UMI
- Consolidación de UMI
- Creación de Centros Mixtos de Investigación (NOVA!)
Mobilización investimento público-privado 30M€
Novidades -aumento da intensidade máxima da axuda do 30 ao 40%
- aumento do importe máximo da axuda (ata 3M€)
- nova liña de creación de centros mixtos de investigación
Nova liña de creación de centros mixtos de investigación
Esta nova liña ten as seguintes características:
  • Mantemento da composición das unidades da fase de consolidación. Poderase incorporar unha segunda compañía do mesmo grupo se está xustificado.
  • As empresas terán centro de traballo en Galicia
  • O orzamento mínimo será de 3,5M€.
Balance do instrumento
Desde a posta en marcha deste instrumento no 2014, apoiáronse con 39 millóns de euros un total de 46 unidades mixtas que mobilizaron 130M€. Ademais, estas iniciativas contribuíron á creación de emprego cualificado -695 postos novos ou mantidos-, ao impulso da transferencia de I+D+i ao tecido empresarial galego, á captación de empresas foráneas a Galicia, ao desenvolvemento das capacidades dos organismos de investigación galegos en sectores punteiros e á mellora da competitividade das empresas.

Consulta todo o material da xornada celebrada o pasado 28 de febreiro sobre as Unidades Mixtas de Investigación!

Xornada 28 de febreiro

Novas

Ver todas

08 de Marzo de 2022

Patricia Argerey: “a clave está na igualdade e nos equipos equilibrados, porque a innovación require de todo o talento”

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá nunha mesa redonda sobre mulleres que lideran a empresa actual e futura organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia e Empresarias Galicia, en colaboración coas asociacións Executivas de Galicia e Mulleres en igualdade, con motivo do Día Internacional da Muller

Ler máis

07 de Marzo de 2022

A Xunta e o CSIC avalían novas oportunidades no eido da investigación e a innovación para superar os retos actuais

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión esta mañá en Madrid coa presidenta do CSIC, Rosa María Menéndez, para analizar as iniciativas nas que están a colaborar de xeito conxunto
Ler máis

Eventos

Ver todos
14
Marzo
Camiño de futuro: O Barco de Valdeorras

16
Marzo
Camiño de futuro: Allariz

17
Marzo
Xornada sobre o Programa Neotec Mulleres Emprendedoras

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.