Ver a versión en liña

Axudas abertas de CDTI

Recollemos neste boletín as axudas que actualmente permanecen abertas do Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) no ámbito da I+D+i e do emprendemento, coincidindo coa celebración na nosa sede na xornada de presentación das liñas de axuda Neotec e Neotec Mulleres para o financiamento da posta en marcha de novos proxectos empresariais. Así mesmo, informamos da próxima celebración da Conferencia Horizonte Europa o vindeiro 6 de abril en Valencia organizada polo CDTI.

Investigación e desenvolvemento:

Proxectos Estratéxicos CIEN:
Grandes proxectos de I+D, desenvolvidos en colaboración entre agrupacións empresariais e orientados á realización dunha investigación planificada en áreas estratéxicas de futuro e con potencial proxección internacional.
Máis información
 
Proxectos de I+D:
Proxectos de I+D desenvolvidos por empresas e destinados á creación e mellora significativa de procesos produtivos, produtos ou servizos
Máis información
 
Proxectos I+D Transferencia CERVERA:
Proxectos individuais de I+D desenvolvidos por empresas que colaboren con Centros Tecnolóxicos nas tecnoloxías prioritarias Cervera
Máis información
Innovación:

Liña Directa de Innovación CDTI:
Proxectos de carácter aplicado, moi próximos ao mercado, con risco tecnolóxico medio/baixo e cortos períodos de recuperación do investimento, que consigan mellorar a competitividade da empresa mediante a incorporación de tecnoloxías emerxentes no sector.
Máis información
 
Liña Directa de Expansión (LIC A):
Potenciar a innovación en determinadas rexións españolas, mellorando as capacidades de empresas que propoñan plans de investimento que faciliten o seu crecemento.
Máis información
 
Programa Innvierte:
Promove a innovación empresarial mediante o apoio ao investimento a través de capital risco en empresas de base tecnolóxica ou innovadoras.
Máis información
Novas empresas:

Programa NEOTEC Mulleres Emprendedoras:
Posta en marcha de novos proxectos empresariais de empresas innovadoras liderados por mulleres, que requiran o uso de tecnoloxías ou coñecementos desenvolvidos a partir da actividade investigadora e nos que a estratexia de negocio teña como base o desenvolvemento de tecnoloxía.
Podes acceder á presentación da xornada de hoxe sobre Neotec nesta ligazón.
Máis información
Outras iniciativas:

Buzón repositorio de ideas para Compras Públicas Precomerciais:
Dirixido a Administracións Públicas españolas que puideran demandar solucións tecnolóxicas innovadoras para, deste xeito, constituír un repositorio de propostas para futuras Compras Públicas Precomerciais (CPPs) a través do CDTI.
Máis información
 
Conferencia Horizonte Europa en España: A conferencia celebrarase de xeito presencial no Palacio de Congresos de Valencia o vindeiro 6 de abril.
Máis información
Próximas convocatorias de CDTI
O CDTI publicará o Programa Neotec, no segundo trimestre deste ano. Ademáis de Neotec, publicaranse proximamente as convocatorias de Misións de Ciencia e Innovación e o Programa Tecnolóxico Aeronáutico (PTA).

Consulta o mapa de apoios da Axencia Galega de Innovación para este ano!

Mapa de apoios

Novas

Ver todas

15 de Marzo de 2022

A Xunta de Galicia aborda co Goberno colombiano a posibilidade de abrir vías de colaboración no sector naval e aeroespacial

Ler máis

14 de Marzo de 2022

Conde avalía co novo director do Cesga os novos retos no marco do Polo de Tecnoloxías Cuánticas

Ler máis

12 de Marzo de 2022

A Xunta impulsa a aceleradora Galicia Avanza, que desde a Tecnópole especializarase na internacionalización das pemes innovadoras

Ler máis

Eventos

Ver todos
21
Marzo
Camiño de futuro: Beade

22
Marzo
Xornada: A evolución nas Comunicacións Dixitais

23
Marzo
Camiño de futuro: Mos

29
Marzo
Camiño de futuro: Sanxenxo

30
Marzo
Camiño de futuro: Lalín

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal