Ver a versión en liña
 
 
 

Descubre como te perciben os teus clientes para innovar na proposta de valor

O primeiro paso para elaborar unha estratexia de innovación capaz de maximizar a nosa competitividade no mercado é aliñar ben os nosos produtos e servizos coas necesidades dos/das clientes actuais. Hoxe explicamos o mellor xeito de saber como nos perciben para innovar a partir do valor que xeramos para eles e elas.
A resposta a necesidades

En 1943, o psicólogo Abraham Maslow formulaba a teoría da motivación humana, que se plasmou nunha pirámide na que se xerarquizan as necesidades das persoas.

Durante toda a segunda metade do século XX, as empresas basearon a súa estratexia neste modelo, no que:
a medida que as persoas cobren as súas necesidades básicas (alimento, vivenda, emprego, relacións sociais),
escalan na pirámide cara a outras máis complexas (valoración, autorrealización).

Unha pirámide de valores
En 2016, logo de tres décadas de investigación e analizar 16.000 empresas de diversos sectores, Bain & Company desenvolveu un novo modelo que amplía as necesidades básicas de Maslow para dar cabida ás novas motivacións e percepcións das persoas e as empresas, ao que denominan valores tendo en conta os cambios socioeconómicos das últimas décadas.

Así, hoxe en día tanto as empresas que se dirixen a consumidores como as que teñen outras empresas como clientes, deben fixarse nos seguintes aspectos para construír a súa proposta de valor a través da innovación.

Consumidores/as finais (B2C):
30 elementos de valor en 4 eslabóns:
Funcionais
Emocionais
De cambio de vida
De impacto social

Clientes empresa (B2B):
40 elementos de valor en 5 eslabóns:
Apostas
Funcionais
Capaces de crear valor comercial
De valor individual
De valor inspirador
Como se fai?
Descubre en detalle os elementos de valor sobre os que se constrúe a percepción dos/das consumidores/as actuais e como identificalos para a túa estratexia de innovación no caderno

Tempo de lectura: 6 minutos

Coñece a experiencia real de 3 pemes galegas que maximizan o potencial do seu talento

PROQUIGA

REPORTAXE

VÍDEO
MRF

REPORTAXE

VÍDEO
SERVICIOS REUNIDOS

REPORTAXE
Contacta con nós para empezar a innovar Xunta de Galicia
Axencia Galega de Innovación
servizos.gain@xunta.gal
981 957 008

Novas

Ver todas

26 de Abril de 2022

Galicia mobilizará 5.000 M€ para facer da sustentabilidade, a dixitalización e as persoas os eixes das súas políticas de I+D+i

Ler máis

25 de Abril de 2022

A Xunta destaca o labor do centro tecnolóxico Aimen como un aliado estratéxico dos principais sectores industriais de Galicia

Ler máis

Eventos

Ver todos
02
Maio
Xornada informativa programas Innova Peme e Deseña Peme

03
Maio
Infoday IV edición BFFOOD - Business Factory Food

04
Maio
Xornada informativa programas Innova Peme e Deseña Peme

04
Maio
Deseño para a innovación social: novas oportunidades

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.