Ver a versión en liña
 
 
 

Premios Galicia de Innovación e Deseño

A Xunta de Galicia abre ata o 4 de xullo o prazo de presentación de candidaturas aos galardóns que recoñecen as persoas e empresas que marcan a diferenza no deseño e na innovación en Galicia.
Os III Premios Galicia de Innovación e Deseño convócanse a través da Axencia Galega de Innovación e contan con seis categorías.
O prazo de presentación de candidaturas remata o 4 de xullo de 2022.
Deseño Innovación
3 CATEGORÍAS 3 CATEGORÍAS
Talento emerxente: 15.000 €
Deseñadores/as de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos.

Profesionais: 15.000 €
Profesionais do deseño (persoas físicas ou equipos de profesionais) cunha traxectoria de alomenos dez anos de recoñecido prestixio no sector.

Empresas: carácter honorífico
Empresas consolidadas que incorporasen o deseño a súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, a última década.
Traxectoria innnovadora: 15.000 €
Profesionais e líderes empresariais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose unha das súas características relevantes.

Pequena e mediana empresa: 15.000 €
Pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos os últimos cinco anos.

Grande empresa: carácter honorífico
Grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década.
Coñece aos/ás gañadores/as da edición anterior:
Damián Calvo
Premio Galicia de Deseño
Talento emerxente
vídeo
Desescribir
Premio Galicia de Deseño
Profesionais
vídeo
TMC Cancela
Premio Galicia de Deseño
Empresas
vídeo
Fernando Pérez
Premio Galicia de Innovación
Traxectoria innovadora
vídeo
Galchimia
Premio Galicia de Innovación
Pequena e mediana empresa
vídeo
Congalsa
Premio Galicia de Innovación
Grande Empresa
vídeo
Accede ás bases e a toda a información neste enlace.

Novas

Ver todas

03 de Maio de 2022

Un sistema automatizado para a medición da calidade da auga é a primeira solución con vehículos non tripulados que a Xunta pon en marcha para mellorar a prestación dos servizos públicos galegos

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde; e a conselleira do Mar en funcións, Rosa Quintana; asistiron hoxe no porto de Muros a unha demostración do programa Mar-2. Trátase dun sistema automatizado para a medición da calidade da auga, que é a primeira solución con vehículos non tripulados posta en marcha para mellorar a prestación dos servizos públicos galegos.
Ler máis

02 de Maio de 2022

A Xunta achega ás pemes ourensás as liñas de apoio Innovapeme e Deseñapeme para aumentar a súa capacidade innovadora

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), en colaboración coa Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) celebraron esta mañá unha xornada informativa, en dobre modalidade presencial e virtual, para presentar as principais novidades das liñas de axuda Innova Peme e Deseña Peme da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia.
Ler máis

Eventos

Ver todos
10
Maio
Webinar informativo sobre os programas InnovaPeme e DeseñaPeme

13
Maio
Civil UAVs Initiative: Xornada técnica de presentación da licitación de Solucións 2022-2023

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.