Ver a versión en liña
 
 

Conversas en rede

diálogos sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sustentabilidade

A Axencia Galega de innovación e a Fundación DIDAC inician o ciclo Conversas en rede, unha serie de diálogos online que ten por obxectivo proxectar o potencial do deseño como motor empresarial dándolle voz ao talento emerxente.

O ciclo permitirá explorar a visión dos novos e novas profesionais galegos con máis proxección internacional sobre diferentes temáticas e vías de desenvolvemento para o deseño.

Estes diálogos serán unha ventá ás tendencias máis efervescentes a nivel global en diversas especialidades do deseño, a partir da experiencia de cada participante e co foco posto na súa aplicación á innovación e á sustentabilidade.

Periodicidade bimestral
Retransmitidas en streaming

As Conversas na rede desenvólvense no marco da creación da Rede internacional de profesionais do deseño galego, un dos eixes do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA.

Primeira conversa. O martes 31 de maio cos gañadores dos Premios Galicia de Innovación e Deseño 2020 e 2021 na categoría de talento emerxente: Damián Calvo e Yarza Twins.

 
Damián Calvo
Graduado en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto pola Universidade da Coruña. Foi membro do equipo de deseño de produto de Samsung Design Europe en Londres e recentemente incoporouse a Dyson como deseñador industrial na nova sede global da compañía en Singapur.
Yarza Twins
Master of Arts Communication Design no Central Saint Martins (Londres). As irmáns Eva e Marta Yarza desenvolven proxectos de tipografía, 3D, animación, deseño editorial e de marca, desenvolvemento web e ilustración para Adidas, MTV, Converse, Smirnoff ou HP.

Consulta o programa e accede ao formulario de inscrición clicando aquí.

Premios Galicia ID. Lembra que o prazo de presentación aos III Premios Galicia de Innovación e Deseño está aberto ata o 4 de xullo.

Toda a información para preparar a túa candidatura está dispoñible aquí

Novas

Ver todas

16 de Maio de 2022

O programa ReAcciona apoia máis de 330 proxectos que melloran a competitividade das pemes galegas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución da segunda das tres convocatorias lanzadas este ano no marco do programa ReAcciona, que está apoiando proxectos centrados na mellora competitiva das pemes galegas mediante o acceso a servizos de alto valor engadido co apoio de expertos.
Ler máis

13 de Maio de 2022

A Xunta continúa poñendo ao servizo das persoas o coñecemento adquirido no polo aeroespacial

A Xunta continúa poñendo ao servizo das persoas o coñecemento adquirido no Polo Aeroespacial de Galicia, e así, ata o vindeiro 30 de maio está aberta a presentación de propostas á nova licitación por 6,5 millóns de euros para a adquisición de novas solucións innovadoras con vehículos non tripulados aplicadas ás emerxencias sanitarias e sociais e á xestión forestal e dos recursos mariños.
Ler máis

Eventos

Ver todos
24
Maio
Biotecnoloxía. Inviste en Galicia

25
Maio
Curso online:Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i

01
Xuño
Dixitalización e datos no sector primario

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.