Ver a versión en liña
 
 
 

Innovación aberta. Colaborar para chegar máis lonxe

A cooperación é unha vía máis eficaz para ampliar o alcance da estratexia innovadora de calquera empresa. No caso das pemes, a colaboración é indispensable para sumar capacidades e innovar sen importar o tamaño.
O que precisas está aí fóra
Cando as pemes deciden iniciarse na innovación, algunhas veces danse por vencidas ao non dispoñer dos recursos nin do tempo necesarios. A innovación aberta ou colaborativa é a solución.

O concepto open innovation está a piques de cumprir vinte anos. Foi creado polo economista Henry Chesbrough en 2003 e hoxe sabemos que explorar fóra da empresa para innovar é interesante porque:
  • É unha boa idea como solución á imposibilidade de montar un departamento de innovación propio.
  • É unha fórmula que axuda as pemes a desenvolver novos produtos e servizos que ofrecer aos clientes.
Compartir problemas e oportunidades

A peme comeza a beneficiarse da innovación aberta cando decide abrirse ao exterior e colaborar con outros axentes (centros tecnolóxicos, universidades, provedores, outras empresas) para innovar resolvendo un problema ou aproveitando unha oportunidade no mercado.

Trátase de explorar como crear valor novo para a clientela a partir da suma dos coñecementos e activos das diferentes organizacións implicadas no proceso de innovación.
Como o poñemos en práctica?
Creamos un equipo interno de coordinación.
Definimos os retos prioritarios de innovación.
Buscamos os socios externos que nos permitirán abordar os retos (provedores, centros tecnolóxicos, outras empresas).
Realizamos proxectos piloto conxuntos para testar as solucións propostas de xeito colaborativo.
En que nos beneficia?
A innovación aberta fai que as empresas adquiran a capacidade de acceder ao coñecemento e experiencia doutras compañías, é dicir, a ideas que van máis aló dos seus recursos internos.

Que beneficios trae isto?
Capacidade para conectar con ideas colaborativas para novos produtos e servizos: nun mundo tan globalizado, unha innovación distribúese amplamente e non pode ser sostida por unha soa empresa. Por iso, é esencial contar con varios puntos de vista.
Saída rápida ao mercado: cando un amplo grupo de persoas está a traballar por un mesmo fin, existen máis probabilidades de que o desenvolvemento de, por exemplo, un produto, se dea antes.

Atracción de novos investidores: compartir información con outras persoas fóra do negocio, sen que isto afecte á vantaxe competitiva, convértese en caldo de cultivo para a atracción de novos intereses comerciais por parte dos investidores.
Eficacia probada
O obxectivo da innovación aberta é xerar resultados positivos para todas as partes.Estes cuantifícanse en:

Multiplicación x3 da velocidade dos procesos de innovación.

Aumento da produtividade entre un 40 % e un 60 %.

Duplicación da taxa de éxito nos proxectos de innovación.
Como se fai?
Descubre as vantaxes da innovación aberta sobre a pechada e aprende como implantala no caderno

Tempo de lectura: 4 minutos

Coñece a experiencia real de dúas pemes galegas coa innovación colaborativa.

ALIBÓS GALICIA

REPORTAXE

VÍDEO
TACORE

REPORTAXE

VÍDEO
Contacta con nós para empezar a innovar Xunta de Galicia
Axencia Galega de Innovación
servizos.gain@xunta.gal
981 957 008

Novas

Ver todas

01 de Xuño de 2022

A Xunta de Galicia e DATAlife analizan a madurez dixital do sector primario a través do proxecto transfronteirizo Hiba

Ler máis

31 de Maio de 2022

Conde destaca que o programa Oportunius permite captar e reter en Galicia aos investigadores con maior prestixio da UE

Ler máis

Eventos

Ver todos
07
Xuño
Curso online: Formación executiva para persoal investigador posdoutoral

16
Xuño
Workshop: Transformación de materiais para a economía circular

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.