Ver a versión en liña

Bonos de innovación, o impulso que necesitas para aproveitar todas as oportunidades de 2022

A nova convocatoria de Bonos de Innovación está dirixida, sobre todo, ás micro e pequenas empresas que precisan realizar actividades de innovación de maneira inmediata para dar resposta ás súas necesidades a través da innovación.
Este novo instrumento subvencionará 70% dos custos de servizos profesionais externos, de xeito que as pemes teñan un apoio extra no seu día a día para mellorar a súa competitividade.

Algúns exemplos de actividades para as que podes solicitar o teu bono:
  • Estudar ou validar as tecnoloxías que pode facer máis eficientes os teus procesos, ou engadir valor aos teus produtos e servizos
  • Analizar as oportunidades dun cambio de proceso ou materias primas antes da súa implantación e investimento
  • Testar o teu produto ou servizo antes de industrializalo ou lanzalo ao mercado
  • Presentar solicitudes a convocatorias nacionais de financiamento á I+D+i
  • Tramitar as deducións fiscais en I+D+i correspondentes ao exercizo fiscal 2021
  • Certificarte nos sistemas de xestión e organización da innovación
  • Patentar ou obter modelo de utilidade dos teus produtos
  • Obter ou renovar o selo de Peme Innovadora
  • Solicita o teu bono antes do 11 de xullo para calquera destas actividades!
    PODES SOLICITAR O TEU BONO EN CALQUERA DAS DÚAS LIÑAS:
    Liña 1. Bonos para servizos de apoio á innovación: axudas entre 21.000 € e 35.000 €

    Bonos para servizos de apoio á innovación destinados a: o financiamento das actividades destinadas á protección da innovación e o coñecemento, transferencia tecnolóxica, estudos previos á comercialización, así como os que permitan o desenvolvemento de novos produtos e servizos para a mellora da competitividade empresarial.

    Os beneficiarios desta liña 1 serán as micro e pequenas empresas

    Liña 2. Bonos para a xestión do financiamento da innovación: Axudas máximo 5.000 € para cada unha das tipoloxías A e B

    Dúas modalidades:
    • Tipo A. Tramitación de incentivos e beneficios fiscais para a I+D+i.
    • Tipo B. Solicitude de financiamento a proxectos ou actuacións de I+D+i en convocatorias de axudas estatais, europeas ou internacionais.

    Os beneficiarios desta liña 2 serán as micro, pequenas e medianas empresas.

    A convocatoria estará aberta ata o 11 de xullo e é moi sinxelo presentarse!. Podes consultar aquí máis información

    Máis información

    Novas

    Ver todas

    21 de Xuño de 2022

    Galicia posiciónase na feira Expodrónica como referente para investir na industria dos sistemas non tripulados

    A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argarey, participou hoxe na presentación do Polo Aeroespacial de Galicia que tivo lugar en Expodrónica 2022, feira que se celebra desde hoxe e ata o xoves 23 no marco do World ATM Congress, no recinto feiral Ifema de Madrid, na cal Galicia se posicionou, unha vez máis, como un referente para investir na industria dos sistemas non tripulados.
    Ler máis

    17 de Xuño de 2022

    A Xunta resalta o exemplo de Robert Langer para as novas xeracións de investigadores e investigadoras

    O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participaron hoxe no acto de entrega da Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a Robert Langer, investigador do Koch Institute for Integrative Cancer Research no Massachusetts Institute of Technology (MIT).
    Ler máis

    Eventos

    Ver todos
    28
    Xuño
    Xornada Informativa Programa Bonos de Innovación

    28
    Xuño
    O Acelerador do EIC en 2022: novidades, fondo de investimento e servizos de coaching

    29
    Xuño
    V Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia

    29
    Xuño
    Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Starting Grants 2023

    08
    Xullo
    RESERVA A DATA: 4ª EDICIÓN DA BUSINESS FACTORY AERO

    15
    Xullo
    RESERVA A DATA: PRESENTACIÓN DO POLO DE TECNOLOXÍAS CUÁNTICAS

    pe_Xoves

    Enderezo

    Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

    informa.gain@xunta.gal

     

    Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.