Ver a versión en liña

Presentación do Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia

Galicia contará cun dos primeiros computadores cuánticos do sur de Europa, unha infraestrura que forma parte do Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia impulsado pola Xunta de Galicia para colocar a Galicia na vangarda deste novo paradigma de grande futuro, apoiar ao ecosistema innovador e atraer talento investigador. Para presentar este Polo, o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) e a Vicepresidencia primeira e consellería de Economía, Industria e Innovación celebramos un acto o vindeiro 15 de xullo en Santiago de Compostela.

VANTAXES DAS TECNOLOXÍAS CUÁNTICAS

As tecnoloxías cuánticas aproveitan as leis da mecánica cuántica para dar lugar a innumerables aplicacións en medicina, medio ambiente, biotecnoloxía, aeronáutica, automoción, loxística, telecomunicacións, finanzas, etc. Presentan moitas facetas como novas formas de computación, avanzados sistemas de comunicación ou novidosos sensores.

Grazas ao seu potencial, agárdase que no futuro próximo sexamos capaces de:
  • resolver problemas computacionais en menor tempo ou con menor consumo enerxético
  • obter mellores solucións a cuestións case intratables coa computación clásica tradicional
  • resolver os problemas de seguridade na transmisión da información
Actuará como un elemento tecnolóxico disruptivo que acelererá o desenvolvemento económico de moitos sectores con grande impacto na vida das persoas
APOSTA GALEGA POR ESTAS TECNOLOXÍAS

Galicia está a realizar unha importante aposta por integrar estas tecnoloxías como motor de desenvolvemento económico e social, co obxectivo de situar a Galicia como referente no campo das tecnoloxías cuánticas no 2030. Entre outros impactos, estas tecnoloxías permitirán:

  • facilitar unha mellor recuperación económica conseguindo un efecto duradeiro na transición dixital e na competitividade das empresas e o mantemento do emprego de alta cualificación
  • posicionar o ecosistema galego de I+D+i na vangarda dunha tecnoloxía innovadora de gran futuro
  • captar e reter talento en Galicia

O Polo conta cunha estimación de investimento para os vindeiros anos de máis de 150 millóns de euros. Xa se atopan en execución actividades que supoñen un investimento de algo máis de 30 millóns de euros. Entre estas actuacións destaca a participación galega no Plan Complementario de Comunicacións Cuánticas ou a licitación para a adquisición dun Computador Cuántico polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) -aprobado esta mañá polo Consello da Xunta-.
Estes investimentos galegos están aliñados co proxecto Quantum Spain, a nivel estatal, e coa política europea de tecnoloxía, que prevé despregar infraestruturas de comunicacións cuánticas europeas e de computación cuántica.

ACTO DE PRESENTACIÓN
No acto de presentación do Polo, que terá lugar no Hotel Monumento San Francisco en Santiago de Compostela, intervirán o director do Cesga, Lois Orosa Nogueira; Verónica Fernández Mármol, científica do Instituto de Tecnoloxías Físicas e da Información Leonardo Torres Quevedo do CSIC, que explicará os retos e oportunidades destas tecnoloxías e Óscar Diez, xefe da Área de Computación Cuántica na Dirección Xeral de Redes de Comunicación, Contido e Tecnoloxías da Comisión Europea, quen exporá a estratexia europea en tecnoloxías cuánticas. Por último, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, pechará o acto.

Podes inscribirte na presentación na páxina web do CESGA

Web do CESGA

Novas

Ver todas

04 de Xullo de 2022

A Xunta destaca que a colaboración público-privada con Siemens, a Universidade da Coruña e Navantia será clave para impulsar a candidatura galega ao Perte naval a través da dixitalización e a innovación

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou esta mañá na inauguración da Aula Navantia-Siemens en Ferrol que a colaboración público-privada da Xunta de Galicia con ambas as dúas empresas xunto á Universidade da Coruña, será clave para impulsar a candidatura galega ao Perte naval a través da dixitalización e a innovación.
Ler máis

03 de Xullo de 2022

A Xunta leva apoiados máis de 2.900 proxectos que melloran a competitividade das pemes galegas a través do programa ReAcciona

O programa ReAcciona, impulsado pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través do Igape, leva prestado a máis de 2900 proxectos desde a súa posta en marcha en 2012, o que permitiu mellorar a competitividade das pemes galegas, facilitándolles o acceso a servizos de alto valor engadido coa colaboración e asesoramento de expertos.
Ler máis

Eventos

Ver todos
08
Xullo
4ª edición da Business Factory Aero

12
Xullo
Convocatoria LIFE 2022

19
Xullo
Xornada sobre o programa de centros de investigación empresarial

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.