| 
     		     			
         			| 
                            
                                                                                                
                                    | 
| O modelo de negocio está directamente vinculado con todos e cada un dos procesos que levamos a cabo na nosa peme. É por isto que a innovación en procesos, que implica analizar e optimizar as operacións realizadas en todas as áreas da empresa, contribúe tamén en primeira instancia a mellorar o noso modelo de negocio. |  
| A innovación en procesos está a experimentar avances disruptivos grazas ás novas tecnoloxías, como as de transformación dixital e as relacionadas coa ecoinnovación e a economía circular. Os seus beneficios son múltiples: 
Permiten mellorar o deseño do produto ou servizo e as operacións necesarias para fabricalo.Supoñen a mellora das tarefas de administración, da xestión de recursos humanos, da contabilidade e as finanzas e das infraestruturas de comunicación da empresa.Facilitan todos os elementos de relación coa clientela. |  
| Os resultados das innovacións sobre os procesos da peme materialízanse no incremento da produtividade e da sostibilidade e nunha mellor explotación do coñecemento acumulado na empresa a través da experiencia. |  |  |  
    
        | 
    
        | 
     		     			
         			| 
                            
                                                                                                
                                    | 
| Contacta con nós para empezar a innovar | Xunta de Galicia Axencia Galega de Innovación
 servizos.gain@xunta.gal
 981 957 008
 |  |  |  |  
    
        | 
     			
         			|                         
                                                    
                                |                                             
                                        	
                                            	13 de Xullo de 2022                                        	
                                         
                                        
                                            A Xunta destaca o traballo conxunto de Akwel e o CTAG como mostra da aposta que o sector da automoción está a facer pola innovación                                         
                                    O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou hoxe o traballo que Akwel e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) levan desenvolvido ao abeiro da Unidade Mixta de Investigación que conforman que, segundo dixo, demostra a aposta que esta industria está a facer pola I+D+i. |  
                                |  |  |  |  
    
        | 
     			
         			|                         
                                                    
                                |                                             
                                        	
                                            	12 de Xullo de 2022                                        	
                                         
                                        
                                            A Xunta mantén aberta a liña de préstamos IFI Innova, dotada con 2,5 M€, para financiar proxectos innovadores de pemes galegas                                         
                                    A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá a empresa fradense Boibel Forestal, dedicada aos servizos forestais, de enxeñaría e viveiro forestal e especializada no castiñeiro resistente á enfermidade da tinta. |  
                                |  |  |  |  
    
        | 
     		     			
         			| 
                            
                                                                                                
                                    | 
| Enderezo Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela informa.gain@xunta.gal   |  
|  |  |  |  |  
    
        | 
     		     			
         			| 
                            
                                                                                                
                                    |  Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.  |  |  |  |  |