Ver a versión en liña
 
 
 

Máis alá do produto: innovar no modelo de negocio e nos procesos

Innovar é crear produtos e servizos novos, pero tamén é facer as cousas de maneira diferente. Hoxe adentrámonos en dous contornos estratéxicos para a competitividade das pemes galegas: a innovación no modelo de negocio e nos procesos.
Analizar para pasar á acción
A innovación no modelo de negocio implica reflexionar e actuar sobre aspectos relacionados coa xeración de valor por parte da nosa peme:
  • Como o facemos.
  • Para quen.
  • A que custo.
  • Con que retorno económico.
Nun mercado en constante evolución coma o actual, precísase unha ferramenta máis áxil para analizar o modelo de negocio que o tradicional plan de empresa. Unha das máis útiles e prácticas é o business canvas, unha radiografía da actividade sobre os catro eixes do modelo de negocio:

Proposta de valor

Produción

Sistema económico-financeiro

Comercialización
 
Como se fai?
Descubre como analizar a fondo e mellorar o teu modelo de negocio no caderno

Tempo de lectura: 5 minutos
 

Coñece a experiencia real de tres pemes galegas que xa innovaron no seu modelo de negocio

ALDEA DO MAZO

REPORTAXE

VÍDEO
TMC CANCELA

REPORTAXE

VÍDEO
AEROCÁMARAS

REPORTAXE

VÍDEO
Optimizar os procesos
 
O modelo de negocio está directamente vinculado con todos e cada un dos procesos que levamos a cabo na nosa peme. É por isto que a innovación en procesos, que implica analizar e optimizar as operacións realizadas en todas as áreas da empresa, contribúe tamén en primeira instancia a mellorar o noso modelo de negocio.
 
A innovación en procesos está a experimentar avances disruptivos grazas ás novas tecnoloxías, como as de transformación dixital e as relacionadas coa ecoinnovación e a economía circular. Os seus beneficios son múltiples:
  • Permiten mellorar o deseño do produto ou servizo e as operacións necesarias para fabricalo.
  • Supoñen a mellora das tarefas de administración, da xestión de recursos humanos, da contabilidade e as finanzas e das infraestruturas de comunicación da empresa.
  • Facilitan todos os elementos de relación coa clientela.
Os resultados das innovacións sobre os procesos da peme materialízanse no incremento da produtividade e da sostibilidade e nunha mellor explotación do coñecemento acumulado na empresa a través da experiencia.
 
Como se fai?
Explora en detalle como facelo no caderno

Tempo de lectura: 5 minutos
 

Coñece a experiencia real de tres pemes galegas que xa están a innovar nos seus procesos

ALIBOS

REPORTAXE

VÍDEO
GALLEGA DE PATATAS

REPORTAXE

VÍDEO
ENSAMBLE

REPORTAXE
Contacta con nós para empezar a innovar Xunta de Galicia
Axencia Galega de Innovación
servizos.gain@xunta.gal
981 957 008

Novas

Ver todas

13 de Xullo de 2022

A Xunta destaca o traballo conxunto de Akwel e o CTAG como mostra da aposta que o sector da automoción está a facer pola innovación

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou hoxe o traballo que Akwel e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) levan desenvolvido ao abeiro da Unidade Mixta de Investigación que conforman que, segundo dixo, demostra a aposta que esta industria está a facer pola I+D+i.
Ler máis

12 de Xullo de 2022

A Xunta mantén aberta a liña de préstamos IFI Innova, dotada con 2,5 M€, para financiar proxectos innovadores de pemes galegas

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá a empresa fradense Boibel Forestal, dedicada aos servizos forestais, de enxeñaría e viveiro forestal e especializada no castiñeiro resistente á enfermidade da tinta.
Ler máis

Eventos

Ver todos
19
Xullo
Xornada sobre o programa de centros de investigación empresarial

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.